Soneira, Terra de

21-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE SONEIRA:

Imos analizar aquí a Terra de Soneira durante o Antigo Réxime (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:

Soneira

A Terra de Soneira estaba situada no extremo noroeste da rexión e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 4  xurisdicións , que sumaban en conxunto una superficie de 371 Km2., sendo a principal delas a xurisdicción de Vimianzo con 288 Km2.:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
VIMIANZO 288
SONEYRA 34
JALLAS 26
OZON Y BAIÑAS 23
TOTAL 371
Soneira_jur_diss
As xurisdiccións da Terra de Soneira no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE SONEIRA:

Os principales dominios señoriales (ver señorío) da Terra de Soneira correspondían á nobleza titulada, que ocupaba o 78% do seu territorio, seguido por as terras de realengo co 9% e o clero secular co 7%, finalizando o clero regular co 6%:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 26 288 78
REALENGO 4 34 9
CLERO SECULAR 3 26 7
CLERO REGULAR 1 23 6
TOTAL 34 371 100

Como máis grande posuidor aparecía o conde de Altamira, único e indiscutible titular nobiliario da zona (ver máis) que, con 288 Km2. de superficie acaparaba o 78% de todo o territorio de Soneira. Seguíalle Su Majestad, que exercía o seo dominio sobre unhas 3.400 Has., o arzobispo de Santiago con 2.600, finalizando e o mosteiro de San Martín de Santiago con 2.300:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
CONDE DE ALTAMIRA 26 288 78
SU MAJESTAD 4 34 9
ARZOBISPO DE SANTIAGO 3 26 7
MONASTERIO DE SAN MARTIN 1 23 6
TOTALES 34 371 100
Soneira_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Soneira no Antiguo Réximen.

Por estamentos, xa señalamos que a NOBLEZA TITULADA controlaban o 78% do territorio, e exercía o seu dominio sobre 288 Km2. e 26 feligresías da comarca, sendo o seu representante indiscutible o conde de Altamira, señor da xurisdicción de Vimianzo (actuales concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas).

O REALENGO exercía o seu dominio sobre o 9% do territorio, con unha superficie de 3.400 Has. e con 4 feligresías na xurisdicción de Soneyra (actual concello de Zas.)

O CLERO SECULAR, representado únicamanete por o obispo de Santiago, co 7% do territorio na xurisdicción de Jallas (tamén no actual concello de Zas), señor de 2.600 Has. e tres feligresías.

O CLERO REGULAR, estaba asimismo representado únicamente por o mosteiro de San Martín de Santiago, con dominio sobre o 6% do territorio, con 2.300 Has. na xurisdicción de Ozón y Baíñas (actual concello de Vimianzo).

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: