O noso ilustre paisano Avelino Seijas Vázquez descúbrenos no seu libro “Chantada y su Comarca” o feito de que os irmaus Boán autores da «História de Don Servando» eran oriundos da parroquia de Sta Uxia de Asma (Chantada).
Encontrarme ahora escribindo sobre iste feito precisamente na parroquia de Santa Uxía, produceme unha especial satisfacción xa que os hirmáus Boán non son calquera cousa, senon que se trata de unos persoaxes de unha indiscutible categoría social -Don Juan Fernández de Boán, catedrático en Salamanca, oídor en Lima, virrei do Perú-, e do seu irmau Don Fernando Fernández de Boán, maxistral de Badaxoz e obispo de Cartaxena-, e que ademáis foron os autores da obra conocida como A História de Don Servando” ou a “História Gótica».
Especulóuse co verdadeiro autor desta historia, e señaláronse a varios membros da familia dos Boán. O primeriro deles e don Fernando de Boán y Temes, que foi canónigo de Badajoz. Couselo escribiu sobre il: “tal vez fuese él quien inició el camino de las falsificaciones documentales referentes a su linaje”. Murguía implica nesta labor ó outro irmao de don Fernando, don Juan, que foi nada menos que oidor de da audiendia de Lima. Tamén se fala dos irmaos Juan Francisco Fernández de Boán y Araújo y Pedro Fernández de Boán y Landecho, ó segundo dos cales cita Pellicer como poseedor do relato falsamente histórico; Juan Francisco foi o autor dunha Historia de Galicia; o seu irmao Pedro solicitou, no ano 1625, o hábito de Santiago.
Hoxendía admítese que “A História de Don Servando” ou a “História Gótica” (literalmente“Historia de Don Servando, obispo de Orense, traducida en lengua gallega y adicionada por Don Pedro Seguino, obispo también de Orense, que vivía Era 1191. Año 1153. Trasladada de sus originales en letra gótica por don Joseph Pellicer de Touar, Señor de la casa de Pellicer. Cronista Mayor de su Magestad. Año de MDCXLVI”) é unha historia ideada precisamente por istes dous fidalgos chantadinos Don Juan Fernández de Boán e Don Fernando Fernández de Boán, naturales de Sitiós (Santa Uxía de Asma) e veciños da cidade de Ourense coa intención de xustificar unos orixes nobles para poder ascender de escala social.
A Historia de Don Servando encuádrase no tipo de “cronicón” ou de historia “apoloxética”, moi común nos últimos séculos do Antiguo Réximen (séculos XVII e XVIII), que está ó servicio das clases domiñante e que trataba de demostrar que a aristocracia galega é a máis antiga de España. Para conseguir os seus obxetivos, dí Barreiro Fernández, non reparaban en medios xa que utilizaban as fontes de forma parcial e sectaria e incluso recurrían a falsos cronicós como é iste caso.
Trátase dunha historia xeneral cuia primeira parte comenza nos primeiros tempos e chega hasta a batalla de Covadonga (século VIII). Estaba escrita en latín por un suposto obispo de Ourense Don Servando que tamén supostamente vivíu no mismo século VIII. Según algunos autores esta primeira parte poido ser copiada de outro documento antigo. Foi traducida ó galego por o obispo que realmente existíu no século XII don Pedro Seguino quen, por a súa conta añadío a segunda parte que faltaba, que abarcaba desde o século VIII ó século XII. Pero todo elo non é máis ca unha fantasía elaborada por os hirmáus Boán para ensalzar o pasado da familia.
No ano 1646 iste manuscrito, que estaba en letra gótica, foi entregado a Don José Pellicer de Tovar y Ossau (cronista maior do reino) por Don Pedro Fernández de Boán y Landecho –sobriño de Don Juan Fernández de Boán e casado ca sua filla natural- para que o pasara a versión a letra común. O feito de que os dous principaes autores da historia foran dous obispos de Ourense -don Servando e Don Pedro Seguino- influío na sua aceptación por Pellicer. O aval dun autor da categoría de Pellicer acarreóu que non poucos autores do século XVII lle deran crédito e níl confiaran outros historiadores posteriores.
Dínos Avelino Seijas Vázquez que os feitos son reais, pero que os protagonistas pertenecen únicamente ós dous linaxes que se queren enaltecer: Os Boán e os Fernández de Temes:
“…outras divisas dos Fernandes de Temez, donde sayan estos cavaleiros, do soar d’Arcos que he moyto antigo por un discipolo do apostol Santiago, chamado Fernando, donde tanben descenden os de Buan que todo he unha sangue…”
Ou:
“Ho santo obispo don Servando Fernandes de Temes –que se acho una perdición d’España- obispo d’Orenes e confesor do rey don Rodrigo e don Pelayo, deyxou un libro escripto de moytas antigidades, e da batalla da perdida d’Espana…”
Inténtase xubliñar a antiguidade da familia. O orixe da misma búscano nun suposto régulo, discípulo do apóstolo Santiago, por o que foi convertido ó cristianismo. Un descendente diste aumentou grandemente o séu patrimonio:
“…dunha senhra chamada Marcia Núñez, que foe casada con un cabaleiro Gentil chamado Ferrando, que era régulo en Galiza polos Emperadoures e tinha muitas terras ca era Senhor dos Arcos Dasma, e recibiu a Fé do Apostolo Santiago nos seus Pazos, e foe dos seus disicipulos…”
Como dí Avelino Seijas Vázquez, o autor coñece pertectamente a comarca chantadina, xa que cita repetidamente os nomes de Chantada, Arcos, Asma, Boán, Temes, Piedrafita, etc. O que eu podo confirmar tamén (ver mapa adxunto).
Hoxe valórase máis que o rigor histórico o feito lingüístico de escribir no galego común do século XVII, xa que, como afirma María Rosa Saurín de la Iglesia a prosa en Galicia era sempre castelá, con dúas excepciós: o cronicón apócrifo do bispo don Servando e o esbozo da Historia de Galicia de Antonio de la Iglesia.
O autor da Historia de Don Servando conoce perfectamente
a comarca chantadina:
Niste senso hai que destacar tamén o esforzo de ilustre filólogo e profesor José A. Souto Cabo que para a súa tese doutoral transcribíu o manuscrito da Universidade de Santiago -que según o seu Director José María Díaz Fernández, é o orixinal-, e cuia edición de 2007 me servíu para elaborar esta páxina. Según o profesor Souto Cabo, a Historia de Don Servando foi «… sen lugar a dúbidas, a produzón literária galega que maior fortuna coñeceu historicamente dentro e fora das nosas fronteiras» e que «despois das Cantigas de Santa María, muy anterior, foi a obra relacionada con Galicia máis coñecida»
O certo de todo este embrollo é que, como dí Don Avelino Seijas Vázquez con un xustificado orgullo, “gracias a eles e a sua Historia, hay un momento no século XVII, en que toda a historia nacional xira en torno á nosa comarca”.