Os Ancares, Terra de

06-12-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE OS ANCARES:

Imos analizar aquí a Terra Os Ancares durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Baralla, Becerreá, Navia de Suarna, As Nogais, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de representar e de comprender dado o seu elevado número e dispersión no territorio:

Ancares

A terra do Os Ancares estaba situada na parte máis oriental da rexión galega e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Lugo. Comprendía 16  xurisdicións, e 8 cotos redondos que sumaban en conxunto un total de 1.044 Km2. As xurisdiccións de Navia de Suarna e Cervantes superaban os 200 Km2. (20.000 Has.) de extensión, mentras que os cotos de Vale, Villa Sante e Piñeyra así como a xuriscicción de Villaesteva de los Herederos non superaba as 500 Has.:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
NAVIA DE SUARNA 241
CERVANTES 229
TORES 88
NEYRA DE JUSA 87
CANCELADA DE ABAXO 68
CEBRERO 60
DONCOS 41
PENA-MAYOR 39
SAN JUAN DE NOCEDA 24
VALLE DE OSELLE 20
NEYRA DE REY 19
VILLARELLO 17
PACIOS DE LOUSADA 17
CANCELADA DE ARRIBA 16
PUERTO MARIN SAN JUAN 16
VILLAPUN 11
TRIACASTELA 10
PIEDRAFITA DE CAMPO REDON 9
PICATO 9
PACIOS 8
VALE 5
VILLA SANTE 5
PIÑEYRA 3
VILLAESTEVA DE HEREDEROS 2
TOTALES 1044
Ancares_jur_diss
As xurisdiccións da Terra de Os Ancares no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE OS ANCARES:

O 77% da Terra de Os Ancares era de dominio señorial da nobleza titulada. A moita distancia atopábase a Fidalguía, que controlaba o 11% do territorio, seguida por o clero regular (9%), o  secular (2%) e as órdenes militares (1%):

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 92 804 77
HIDALGUIA 13 119 11
CLERO REGULAR 10 96 9
CLERO SECULAR 2 16 2
ORDENES MILITARES 1 9 1
TOTAL 118 1.044 100

Os maiores posuidores da Terra de Os Ancares eran os representantes da nobleza titulada, comenzando por o conde de Altamira, que posuía o 23% do territorio, seguido por o conde del Grajal co 22%, o conde de Amarante co 12% e o conde de Lemos co 9%. Por debaixo de esta cifra había un bon número de membros da fidalguía e da pequena nobleza que nas súas posesiós non superaban as 100 Has. de extensión :

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
CONDE DE ALTAMIRA 20 241 23
CONDE DEL GRAJAL 16 229 22
CONDE DE AMARANTE 18 121 12
CONDE DE LEMOS 24 97 9
MONASTERIO DE SAN BENITO 6 57 5
DUQUE DE VERAGUAS 5 41 4
MONASTERIO DE PENA-MAYOR 4 39 4
MARQUESA DE PARGA 3 35 3
DON PEDRO LUIS DE ULLOA 1 24 2
DON JOAQUIN VELARDE 4 20 2
MARQUES DE MONTAOS 1 19 2
DON DIEGO BERMUDEZ 1 17 2
DON JOSEPH SACO ARMESTO 2 17 2
ARCEDIANO DE TRIACASTELA 2 16 2
DON FRANCISCO DE FRIAS 1 16 2
MARQUES DE CASTELAR 3 14 1
HOSPITAL SAN MIGUEL SANTIAGO 1 11 1
ENCOMIENDA PUERTO MARIN 1 9 1
DON JOSEPH SEIJAS 1 8 1
MARQUES DE VILLASANTE 1 5 0
DON BERNARDO BOADO 1 3 0
DON ANTONIO ARMESTO 1 3 0
CONDE DE MACEDA 1 2 0
TOTALES 118 1044 100

Si analizamos os datos por estamentos, vemos que a NOBLEZA TITULADA ocupaba un lugar preeminente en relación cos demáis estamentos, xa que acaparaba o 77% do territorio, e comprendía 804 Km2. (máis de 80.000 Has.) e 92 feligresías. Os seus representantes máis ilustres eran o conde de Altamira con 24.100 na xurisdicción de Navia de Suarna; o conde del Grajal, con 22.900 Has. na xurisdicción de Cervantes e o conde de Amarante, con 12.100 Has. nas xurisdicciós de Cancelada de Abaxo (actual concello de Becerreá) e Torés (actuales concellos de As Nogais e Becerreá), todos eles por arriba de 10.000 Has. de posesión. Entre 2.000 e 10.000 Has. estaban o conde de Lemos, con 9.700 Has. nas xurisdiccións de Triacastela (feligresía de Guilfrei, compartida con Doña Ignacia Ribadeneyra) e na xurisdicción de Neyra de Jusá, tamén compartindo o dominio da feligresía de Constantin ca encomienda de Puerto Marín; o duque de Veraguas, 4.100 Has. na xurisdicción de Doncos, compartindo a feligresía de Nullán ca marquesa de Parga; a marquesa de Parga, 3.500 Has. na xurisdicción de Torés, compartida en dúas feligresías co mosteiro de Samos. Por debaixo das 2.000 Has. estaban o marqués de Montaos, dono de 1.900 Has. na feligresía de Penarrubia, xurisdicción de Neyra de Rey; o marqués de Castelar, señor de 1.400 Has. na xurisdicción de Picato e o coto de Vale (os dous do actual concello de Baralla); o marqués de Villasante, posuidor de 500 Has. no coto de Villasante (Cervantes) e, finalmente, o conde de Maceda, que controlaba 200 Has. na xutisdicción de Villaesteva (actual concello de Becerreá).

Ancares_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Os Ancares.

A FIDALGUIA, con 11.900 Has. de posesiós,  ocupaba o 11% do territorio de Os Ancares e abarcaba 13 feligresías. Os seus representantes máis destacados eran Don Pedro Luis de Ulloa, dono de 2.400 Has. no coto de San Juan de Noceda (actual concello de As Nogais); Don Joaquín Velarde, de 2.000 Has. na xurisdicción de Valle de Oselle (Becerreá); Don Joseph Saco Armesto, de 1.700 Has. compartidas con Don Joseph Armesto y Quiroga na xurisdicción de Pacios de Losada (Piedrafita). Outros membros da fidalguía da zona eran Don Diego Bermudez, de 1.700 Has. no coto de Vilarello (Cervantes); Don Francisco de Frías, de 1.600 Has. da feligresía de Piornedo, adscrita á xurisdicción de a encomienda de Puerto Marín (e sita no actual concello de Pedrafita); o hospital de San Miguel de Santiago de 1.100 Has. do coto de Villapún (actual concello de Cervantes); Don Josep Seijas, de 800 Has. no coto de Pacios (Baralla); Don Bernardo Boado, de 300 Has. no coto de Piñeyra (Baralla) e, finalmente, Don Antonio Armesto, dono de 300 Has. na feligresía de Veiga de Forcas, xurisdicción do Cebreiro.

O CLERO REGULAR contaba ca presencia dos mosteiros de Pena-Mayor e de San Benito de Valladolid. Entre os dous controlaban el 9% do territorio de Os Ancares, que sumaban en total 9.600 Has. repartidas por 10 feligresías de toda a comarca. O monasterio de Pena-Mayor exercía o seu dominio sobre catro feligresías da xurisdicción de Pena-Mayor (actual concello de Becerreá) e o monasterio de San Benito sobre seis feligresías da xurisdicción de Cebrero, actual concello de Pedrafita.

O CLERO SECULAR estaba representado por o arcediano de Triacastela, que controlaba 1.600 Has. de duas feligresías da xurisdicción de Cancelada de Arriba, actual concello de Cervantes.

As ORDENES MILITARES víanse representadas por a encomienda de Puerto Marín que, ademáis de compartir co conde de Lemos o dominio sobre unha feligresía da xutisdicción de Neyra de Jusá, exercía a sua xurisdicción directamente sobre 100 Has. do coto de Piedrafita de Campo Real, actual concello de Baralla.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.