Novo (15-11-2013)
Non todo o mundo sabe que hasta finales do seculo XIX o camiño de Chantada a Ourense pasaba por a Ponte do Seixo.
Según o Itinerario Militar de España do ano 1866 en aquela época o estado das obras da carretera de Lugo a Orense era o seguinte:
“De Lugo al puente de Meijaboy es parte de la carretera de primer orden de Lugo á Santiago; del puente á Orense se está construyendo una de segundo, que hasta Chantada está abierta al tránsito…”
“la carretera está en construcción desde Chantada, y se sigue un camino de herradura, que se separa del trazado de aquella…”
de Chantada a Ourense pasaba por a ponte do Seixo:
Iste camiño atravesaba o río Asma por O Seixo e empezaba una forte subida por Brigos de Arriba, hasta Aspay (Santa Uxía de Asma), desde onde continuaba por terreo chao hasta Trasar de Carballo (Cartelos), desde eiquí baixaba por Buciños e Coedo hasta Lamas de Aguada, e a partir diste punto adentrába xa na provincia de Ourense.
Ainda que moita xente utiliza a diario esta carretera por ser a vía de comunicación natural entre boa parte do concello de Carballedo e do Sur do de Chantada -parroquias de Brigos ou Santa Uxía- poucos repararon na ponte do Seixo a non ser algún pescadores que transitan por alí. Para observala hai que deterse e baixar ó cauce do río augas arriba da ponte, e perder alguns minutos contemplándoa.
Fig.2: Trátase de dunha obra sólida, de boa pedra,
que se encontra nun estado de conservación aceptable:
A ponte, según una inscripción que aparece no seu pretil data do ano 1769, do tempo do reinado de Carlo III, ó que se chamou “o home das trescentas pontes” por o gran número de pontes que se construiron durante a sua época.
Fig. 3: O ano de construcción (1769) aparece no pretil da ponte:
A ponte do Seixo debeu ser construída sobre una máis antiga se temos en conta que certos documentos fan alusión ó camiño de Chantada a Ourense que descorría por esta zona (ver punto 2.d da miña paxina Comentario al trazado de los Caminos Medievales en la comarca de Chantada) e a facilidade con que se arrruinaban as pontes naqueles tempos.
Trátase a ponte actual de dunha obra sólida, de boa pedra, que se encontra nun estado de conservación acetable –ainda que a vexetación non nos permite una observación total da mesma- se temos en conta que pasaron cerca de 250 anos desde a sua construcción.
Consta de dous arcos con un tallamar no pilar central que chega hasta máis arriba da liña de impostas. O conxunto é de unas proporciós agradables e pódenos sorprender por a sua magnitude xa que non esperamos atopar niste punto do río una obra de estas dimensiós.
O tallamar aparece augas arriba da ponte -desconocemos si existía outro augas abaixo por haber sido ensanchada a ponte nesta parte-, e ainda que non se pode observar con detalle debido á vexetación existente, trátase de un tallamar de forma redonda e apuntada na parte superior, con sombreiretes galonados para protexelo da chuvia, formando tres niveles ou listados. Os dous superiores parécenos de una sola peza pero por a vexetación e musgo que o cubre non podemos confirmalo.
Fig 4: Tallamares do pilar central (vista de fronte e lateral):
A imposta é recta e recorre toda a parte baixa do pretil. Ten dous desagües sin gárgola que coinciden ca clave de cada arco. Os desagües están cegados por a capa de chapapote que se deu á carretera.
A rasante da ponte é horizontal sendo os dous pretiles de sillería con albardilla para protexelos da chuvia. Nos pretiles aparecen os restos de algús detalles ornamentales.
Como decíamos, ó noso entender o estado de conservación parécenos bastante bo, ainda que medra abundante vexetación por toda a ponte e aparecen algunas gretas nas xuntas dos sillares que puideran afectar á estructura de un dos dous arcos. Nótase tamén o emprego de cemento en algunhas partes como nos pretiles, e sobretodo no ensanche posterior que se fixo augas abaixo.
Fig.5: Defecto que pode afectar á estructura:
|
Fig. 6: Gretas e exceso de vexetación no tallamar:
|
Sufriu una intervención posterior augas abaixo sen ningún criterio artístico, suponemos que por a necesidade de ensanchala para o tráfico rodado, ainda que hay que recoñecer que sí se mantuvo o pretil orixinal de aquil lado.
A ponte do Seixo pódese considerar un bo exemplar do tipo de construcción de pontes do século XVIII que se encontra en bastante bó estado de conservación. Ten algúnhas gretas en todo o conxunto, sendo a que parece ter maior importancia a que se encontra sobre o arco esquerdo que debeu provocar o desplazamento de unha dovela por sobrepresión dos sillares superiores -posiblemente por a circulación de camións de gran tonelaxe- que habería que reparar xa que a longo prazo podería afectar a sua estructura e arruinar a ponte.