17-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DA MARIÑA ORIENTAL:
Imos analizar aquí a Terra da Mariña Oriental durante o Antigo Réximen (siglox XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Ribadeo, Barreiros, Trabada e A Pontenova), xa que representar directamente as xurisdiccións é moi complicado dada a irregularidade e dispersión do seu territorio. Trátase polo tanto de analizar a parte oriental da antigua provincia de Mondoñedo, non a propia provincia, dado que no seu conxunto xa foi obxecto de estudo noutra parte desta Web (ver provincia de Mondoñedo):
A Mariña Oriental comprendía 9 xurisdicións e 4 cotos redondos, que ocupaban una superficie total de 402 Km2., sendo as máis extensas as xurisdiccións de Miranda e Ribadeo e as máis pequenas un enclave oriental da xurisdicción de Villanueva de Lorenzana e os cotos redondos de Valboa, Cedofeyta e Vidal:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
MIRANDA | 100 |
RIBADEO | 86 |
BARREYROS | 40 |
SANTE | 32 |
CABARCOS | 32 |
TRABADA | 29 |
VILLAFORMAN | 21 |
VILLAMEA | 20 |
RECESENDE | 17 |
VALBOA | 8 |
CEDOFEYTA | 8 |
VIDAL | 6 |
VILLANUEVA DE LORENZANA | 3 |
TOTAL | 402 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA MARIÑA ORIENTAL:
O dominio señorial de unha parte considerable do territorio da Mariña Oriental estaba exercida por os propios veciños (un 41%), seguidos por o clero secular (23%), a nobleza titulada (21%) e, finalmente, o clero regular e a fidalguía, que non sobrepasaban o 10%:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
SUS VECINOS | 15 | 166 | 41 |
CLERO SECULAR | 10 | 93 | 23 |
NOBLEZA TITULADA | 9 | 86 | 21 |
CLERO REGULAR | 2 | 32 | 8 |
HIDALGUIA | 3 | 25 | 6 |
TOTAL | 39 | 402 | 100 |
Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar «sus vecinos», que exercían o seu dominio sobre 166 Km2.(16.600 Has.) das suas propias terras, seguidos por o obispo de Mondoñedo con 93 Km2. (9.300 Has.), o duque de Híjar, o mosteiro de Meira, Don Nicolás Sarmiento, Don Carlos de Oya e o mosteiro de Villanueva de Lorenzana, xa con dominios sensiblemente menores:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 |
SUS VECINOS | 15 | 166 |
OBISPO DE MONDOÑEDO | 10 | 93 |
DUQUE DE HIJAR | 9 | 86 |
MONASTERIO DE MEIRA | 1 | 29 |
DON NICOLAS SARMIENTO | 2 | 17 |
DON CARLOS DE OYA | 1 | 8 |
MONASTERIO VILLANUEVA LORENZANA | 1 | 3 |
TOTALES | 39 | 402 |

Por estamentos, xa señalamos que «SUS VECINOS» controlaban o 41% das terras da Mariña Oriental, con 166 Km2. (16.600 Has.) e 15 feligresías, enclavadas nas xurisdicciós de Miranda e Villamea (actual concello de A Pontenova), Sante (entre os actuais concellos de Trabada e Ribadeo), e os cotos de Cedofeyta (Ribadeo) e Vidal (Trabada).
Seguíalle en importancia oo CLERO SECULAR, co obispo de Mondoñedo como único representante, quen controlaba 9.300 Has. de 10 feligresías das xurisdiccións de Barreyros e Cabarcos (actual concello de Barreiros) e Villaformán (actual concello de Trabada).
A NOBLEZA TITULADA estaba representada exclusivamente por o duque de Híjar, señor de Ribadeo, quen controlaba 8.600 Has e 9 feligresías de aquel concello.
O CLERO REGULAR contaba ca presencia do mosteiro de Meira, con 2.900 Has. de posesións na feligresía e coto redondo de Trabada, así como do mosteiro de Villanueva de Lorenzana, con 300 Has. no enclave da sua xurisdicción na feligresía de A Fornea (tamén no actual concello de Trabada).
Finalmente a FIDALGUÍA facíase presente en primeiro lugar na feligresía e coto redondo de Valboa, dominio de Don Carlos de Oya (800 Has.), e asimesmo na xurisdicción de Recesente, propiedade de Don Nicolás Sarmiento, con 1.700 Has e dúas feligresías.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.