Ortegal, Terra de

18-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE ORTEGAL NO ANTIGUO RÉXIMEN::

Imos analizar aquí a Terra de Ortegal durante o Antigo Réximen (siglox XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Cerdido, Cariño, Ortigueira e Mañón), xa que representar directamente as xurisdiccións é moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio.

Ortegal

A Terra de Ortegal comprendía 2  xurisdicións e 5 cotos redondos, que en conxunto ocupaban una superficie de 391 Km2., e encontrábase a cabalo entre a antigua provincia de Betanzos (ocupaba o 83% do seu territorio) e a de Mondoñedo (o 17%). A xurisdicción máis extensa con gran diferencia era a de Santa Marta de Ortigueira, que contaba con unha superficie de 257 Km2., mentras que as restantes xurisdicciós ou cotos redondos non excedían dos 50 Km2.:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
S.M.ORTIGUEIRA 257
CERDIDO 44
GRAÑAS DEL SOR 32
MAAÑON 24
BARES Y MOGOR 18
GALDO 8
CASARES 8
TOTAL 391
Ortegal_jur_diss1
As xurisdiccións da Terra de Ortegal.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE ORTEGAL:

Gran parte do territorio da Terra de Ortegal era de dominio señorial da nobleza titulada que ocupaba o 74% do territorio, sendo o máximo representante deste estamento a marquesa de Astorga (con un 72%), seguidos por o clero secular (16%), clero regular (8%) e a fidalguía (2%):

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 29 289 74
CLERO SECULAR 4 62 16
CLERO REGULAR 1 32 8
HIDALGUIA 1 8 2
TOTAL 35 391 100

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar a marquesa de Astorga que, como dixemos, ocupaba o 72% do territorio e exercía o seu dominio sobre 281 Km2.(28.100 Has.), seguida por o convento de San Francisco de Vivero con 4.400 Has., o mosteiro de Meira (3.200 Has.), o obispo de Mondoñedo (1.800 Has.), o marqués de Alcañizas (800 Has.), igual superficie que Don Gaspar Maldonado:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2
MARQUESA DE ASTORGA 28 281
SAN FRANCISCO DE VIVERO 2 44
MONASTERIO DE MEIRA 1 32
OBISPO DE MONDOÑEDO 2 18
MARQUES DE ALCAÑIZAS 1 8
DON GASPAR MALDONADO 1 8
TOTALES 35 391
Ortegal_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Ortegal.

Por estamentos, xa señalamos que a NOBLEZA TITULADA controlaban o 74% do territorio, sendo o máximo representante a marquesa de Astorga, que controlaba con 281 Km2. e 28 feligresías da xutisdicció de Santa Marta de Ortigueira e do coto de Maañón (que sumaban o 72% do territorio), seguida por o marqués de Alcañizas, señor xurisdiccional do 2% restante na parte occidental do coto de Galdo (actual concello de Manon).

O CLERO SECULAR, que ocupaba unha extenxión de 62 Km2 (o 16% do territorio), e estaba representado por o obispo de Mondoñedo, señor de 1.600 Has. na xurisdicción de Bares y Mogor (actual concello de Manón), e por o convento de San Francisco de Vivero, que poseía 4.400 Has. en dúas feligresías do coto redondo de Cerdido.

O CLERO REGULAR tiña presencia únicamento por o dominio do mosteiro de Meira no coto de Grañas del Sor (actual concello de Manón), con 3.200 Has. (un 8%) da superficie total.

A FIDALGUÍA, representada por Don Gaspar Maldonado, dono do coto de Casares, que supoñía o 2% da superficie total da comarca, e que alcanzaba 800 Has. de extensión.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

 

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: