O Cura das Abellas

06-03-2020

 

Vaia desde aquí o meu recoñecemento a Jaime Fernández Ledo (JAIME DA CHANCA), sobriño de Benigno Ledo CURA DAS ABELLAS, que xa estando xubilado como carteiro titular de Adá (Chantada), non deixou de acudir a recoller a correspondencia do seu distrito á oficina de correos de Chantada, especialmente os días de feira. Non acudía xa coa súa flamante motocicleta -segundo as miñas novas Jaime tuvo un dos primeiros velocipedes da rexión- pero sí todo orgulloso coa súa expléndida carteira regulamentaria ó ombreiro.

Benigno Ledo González 1927.jpg
Benigno Ledo (Vida Gallega, 1927).

Tamén deixo aiquí o meu recoñecemento á sua familia que, a principios daqueles anos 80 do século pasado, amablemente me ofreceron a súa acollida e me entregaron o libro de tan ilustre autor que, naturalmente, ainda conservo.

Lembro finalmente o buzón do correo de Adá, que naquela época aínda conservaba a bandeira da República. Podo dicir aquí que, se houbera algunha falta administrativa por manter aquil buzón ilegal, que sen dúbida a houbo,  estaría xa prescrita dabondo dado o tempo transcorrido.

Deixando de lado estas pequenas anécdotas, vamos a tratar de describir brevemente o carácer pedagóxico e o afán de difusión da apicultura que amosou en toda a sua vida.

Don Benigno Ledo naceu en Adá (Chantada) no ano 1867. Estudou no Seminario de Ourense e foi nomeado párroco da veciña parroquia de Argozón. Por afán de difusión da apicultura, deu numerosas conferencias por toda Galicia e foi destacado profesor da Deputación Provincial de Lugo ata a súa morte en 1950.

Don Benigno nos presenta o seu libro “Curso Práctico de Apicultura”  dun xeito case relixioso, como un catecismo con preguntas e respostas, aínda que non exento da profundidade requirida por un bo profesional da apicultura. O mesmo carácter pedagóxico que se mantivo nas súas numerosas conferencias que se desenrolaron ao longo de toda Galicia e as que acudían numerosos curiosos e agricultores. Nada millor que a crónica do xornal El Correo de Galicia da Arxentina do 16/11/1919, para deixarnos mostra delo:

“En la hermosa posesión de los señores de Pedregal, en el pintoresco pueblecito de San Juan de Pravio (Cambre), verificóse un acto científico y práctico, para la enseñanza de la apicultura.

Los señores de Pedregal, invitaron al competentísimo párroco de Argozón (Chantada), D. Benigno Ledo, dar una conferencia práctica a los labradores y propietarios del término municipal de Cambre, para desarrollar la afición a las prácticas apícolas mediante las colmenas movilistas.

El Sr. Ledo, explicó ante un numeroso público las diferentes partes que se compone una colmena movilista, haciendo resaltar sus ventajas sobre los antiguos “cortizos”, y dio una sucinta idea de cómo se constituyen los enjambres, reseñando el papel que desempeñan la reina, los zánganos y las obreras, y como éstas elaboran la cera y van formando el panal de miel.

Enseñó luego a los presentes la manera de preparar la cera artificial y de colocarla en los cuadros para obtener rápidamente abundantes panales.

De las colmenas movilistas que poseen los Sres. Pedregal, extrajo la miel manipulando entre varios miles de abejas, sin que ninguna de ellas ocasionase al operador y a los presentes la menor molestia.

A la conferencia concurrieron numerosos aldeanos, y presenciaron todas las operaciones, un buen número de familias de la colonia de veraneantes de aquella parroquia…

El Sr. Ledo, fue muy felicitado por todos los presentes, confirmándose una vez más su saber en esta materia.”

Ademais do seu labor de ensino e divulgación ao fronte da apicultura, é moi coñecido o sacrificio e entrega de don Benigno aos seus conveciños, a quenes asistio personalmente  con motivo da epidemia de gripe  que devastou con gran virulencia a comarca de Chantada a finais de 1918.  O Concello de Chantada elevou por iste motivo unha proposta ao entón ministro da Gobernación, para que lle fora concedia a Cruz de Beneficencia de primeira clase, como así aconteceu.

BenignoLedo
O gobernador civil de provincia impoñendo a Don Benigno Ledo a Cruz de Beneficencia (Vida Gallega, 1920).

Outro chantadino ilustre.

Madrid, marzo de 2020.

ENLACES:

Historia do mel en Galicia.- Cura das Abellas.

Bitácora de Cora: Benigno Ledo, un héroe contra la gripe del 19.

Historia de la apicultura en Galicia.

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: