ATENTADO TERRORISTA EN SANTA EUGENIA (NO ANO 1921)

18-8-2015

Nos primeiros años do pasado século XX aconteceu na nosa parroquia un suceso que, pola sua natureza, aseméllase a un atentado terrorista de hoxendía, pero que, polo tempo trascurrido, non recordan nin os máis vellos do lugar. Trátase da explosión dunha potente bomba que matou no acto ao mestre titular de Aspay-Santa Eugenia de Asma(1), Don Aniceto Pereira. Este feito tivo unha importante repercusión en toda a nosa rexión e, especialmente, no gremio do Maxisterio pola incerteza do autor ou autores do feito e polas circunstancias políticas da época.

Aínda que os veciños do mestre sinalaron aos seus entón conveciños do lugar da Cuqueira Daniel Ledo como autor e ao seu pai Antonio Ledo como indutor do atentado, as autoridades de Chantada e de Lugo o atribuían ás organizacións agrarias, moi activas na bisbarra chantadina por aqueles anos, mentres que a opinión xeral non descartaba a man negra das organizacións caciquiles da época.
Dado que non é posible consultar a documentación do proceso xudicial, que por Ley debíase conservar no  Arquivo Histórico Provincial de Lugo, pero onde só aparecen as causas penais dos anos 1945 ao 1962, faise necesario recorrer ás crónicas da época, que a duras penas permiten recompoñer os feitos sinalados, pero que a grandes trazos podemos resumir do seguinte xeito:

O atentado:
O domingo día 16 de xaneiro do ano 1921, cando a señora do mestre saía para asistir a misa na eirexe parroquial sita nas inmediacións da súa casa de Campo dá Vila, Santa Eugenia, encontrouse no patín da vivenda cun paquete consistente nunha caixa de madeira en forma de libro, atada con arames e envolvida con xornais que intentou abrir pero que ao non o poder facer llo entregou ao seu marido. Este, que nese momento se encontraba na cama, ao utilizar unhas tenaces provocou a explosión que causou a súa morte inmediata, feridas ao seu fillo de curta idade e enormes danos na casa-escola.
Inmediatamente instruíuse o sumario polo xulgado de Chantada, sendo procesados e ingresados en prisión sen fianza os presuntos autores Daniel Ledo e o seu pai Antonio Ledo, da Cuqueira, aos cales os veciños sinalaran como os autores da bomba que matou o mestre, únicamente por a enemistade que había entre as dúas familias.
A solidariedade dos compañeiros do mestre foi total. Inmediatamente fixeron entrega á viúva e fillo dun donativo extraordinario de 50 pesetas e iniciaron unha subscrición popular a favor destes, Dado o escaso tempo de servizo do finado, promoveron xestións para pedir ao Goberno a concesión dunha pensión extraordinaria vitalicia a favor da viúva, e dunha bolsa de estudos para o seu fillo.

A vista da causa:
Finalizada a instrución do procedemento polo xulgado de Chantada, o 31 de xullo de 1922 comezou a celebración na Audiencia de Lugo a vista da causa. Exercía a representación do ministerio público o fiscal Sr. Martínez Santiso e actuaban de acusadores particulares os señores Prieto Rivera e Pérez Guerra, en nome da viúva e do Maxisterio, respectivamente. A defensa dos dous acusados estaba encomendada polo avogado Sr. Dafonte.
Comezada a vista constituíuse o xurado e o secretario leu as conclusións das acusacións e da defensa. Acúsase os procesados de ser autores dun delito de TERRORISMO, coa agravante de premeditación. O defensor nega que os procesados sexan os autores do delito.
Toma declaración en primeiro lugar a Daniel Ledo que nega ser o autor dos feitos e que vai razoando as súas negativas ás acusacións do fiscal. Nega ser mecánico de profesión e sostén que é engraxador de máquinas. Confesa ter na súa casa unha balanza de precisión obsequio duns mariñeiros ingleses de Nova York, así como ácido nítrico comprado en 1916 para quitar espullas, e xofre para combater a calvicie. Afirma ser afeccionado á fotografía e nega coñecer a mestura de glicerina e ácido nítrico como explosivo.
O acusador particular Sr. Prieto dirixe as súas preguntas a intentar demostrar que Daniel Ledo é mecánico e coñece a mestura de explosivos, buscando contradicións nas declaracións efectuadas durante a instrución do sumario, pero que o acusado vai explicando con total serenidade. Á pregunta do señor Prieto de se é certo que lle anunciara a un veciño que “íba bombear toda a parroquia”, contestou o procesadocon a expresion ¡que barbaridade!
O letrado Sr. Perez Guerra, chantadino, que exercía a acusación en nome dos mestres da provincia de Lugo, aperta o procesado pero non consegue nada concreto. Di Daniel Ledo que a balanza a conservaba como algo sen uso, e recoñece que o seu pai puxo escola anos antes por non haber mestre, e que ao perder o seu pai a seguridade do pulso, a puxo o cura. Nega os fundamentos das acusacións que el formulara nos primeiros momentos en contra do cura e dunha sociedade agraria que o cura e o mestre conxuntamente estaban a organizar.

Antonio Ledo López, pai do procesado, manifestou na súa declaración que unha filla súa foi expulsada da escola polo mestre e isto produciu resentimentos, e que o seu fillo Gumersindo foi expulsado a puntadas de casa do mestre cando lle foi a pedir explicacións sobre a expulsión da filla do procesado.
Negou tamén o procesado ter dito en alta voz ao seu fillo Daniel, cando tivo coñecemento do suceso xa caeo paxaro, manifestando que el mesmo deu diñeiro para o menage de escola nova, e afirmando que non é certo que se negase a curar reses dos amigos do mestre.
Ese mesmo día pola tarde continúase a vista coa declaración das testemuñas de cargo. Resulta prolixo reproducir aquí as declaracións das 80 testemuñas convocadas, polo que hai que sinalar que o denominador común é o da atribución do feito a os Ledo, non por existir feitos obxectivos que o demostren, senón por ser estes inimigos da vítima ou por manifestacións verbais dos Ledo cara ao mestre, e na maioría dos casos por rumores ou por comentarios de terceiras persoas: “porque así se dijo en la parroquia…”, ou porque “su hijo le había dicho que algunas personas vieron pasar a Daniel Ledo…”, “en la parroquia se considera como autores…”, “Oyó también decir que alguien vio a Daniel…” “Oyó a una tal Aurora, la cual también lo oyó a su vez…”, “oyó a su esposo…, que había oído a y a…”, “dice que Gumersindo Ledo le manifestó…”, “oyó a…, el que también lo oyó no sabe a quien, que Antonio Ledo amenazara a toda la parroquia…”, “dice que solo puede considerar autores a los procesados por rumores públicos…” “oyó decir que Antonio Ledo manifestara que había de poner un aparato…”, “oyó decir que Antonio Ledo dijera…” “oyó a Antonio Ledo decir…”, etc . etc.

Algúns dos testigos que declararon na vista da causa da bomba de Santa Eugenia (FONTE: El Progreso, 2 e 3 de agosto de 1922).

No momento da proba documental, as acusacións retiran a acusación contra Antonio Ledo, polo que este queda en liberdade, sosténdoa para Daniel.
A defensa do acusado Sr. Dafonte, tras a minuciosa análise dos feitos, centrándose nas deficiencias do sumario e nas dúbidas que xurdían das declaracións das testemuñas, demostrou que o sumario e as probas practicadas non resultaba probado que fose Daniel o que colocou a bomba na casa do mestre de Aspay.
O 4 de agosto de 1922, tras a brillante defensa do acusado por parte do Sr.Dafonte, e tras o resumo do actuado por parte do presidente do Tribunal, retirouse o Xurado a deliberar tivo lugar o final da vista sendo o veredicto do Xurado de INCULPABILIDADE.

Os membros da acusación pediron a revisión regulamentaria da causa e a sala accedeu a ela.
Para o 16 de outubro do devandito ano de 1922 sinalouse a celebración da vista da causa EN REVISIÓN, o que significaba segundo recalcou a prensa da época que se o veredicto resultase erróneo, o Tribunal de Dereito non podería facilitar a rectificación, polo que facía fincapé en que “este veredicto es de mucha más responsabilidad que el primero. Debe ser bien meditado por quienes van a dictarlo. Ponga Dios tiento en vuestras manos señores jurados de Chantada”.

A prensa da época sinalaba tamén que diminuíra considerablemente a expectación pública, o que atribúe a “haberse forzado demasiado artificialmente la propaganda contra los presuntos reos.”

Vista da causa (en Revisión):
Iniciadas as sesións da causa en REVISIÓN, constitúese o tribunal, recíbese xuramento do novo Xurado, dáse lectura aos escritos de cualificación e comeza a práctica das probas.
Ao mesmo tempo a prensa do momento facíase eco de que “la lógica del pueblo es muy simplista. No se explica bien que se siga persiguiendo al hijo después de haberse proclamado la inocencia del padre”, insistía no seu carácter de definitivo da sentenza e facía un chamamento á cordura “Malo es que se trata de influir al Jurado para que absuelva; pero sería inicuo que se le influyese para que a todo trance condenase”.

Declara con grande enteireza Daniel Ledo, e ás preguntas da acusación, este contesta con toda serenidade.
Despois comezan as declaracións das testemuñas que, ao igual que nas primeiras sesións, se centraron na malquerencia de Antonio Ledo, pai do único procesado Daniel Ledo. Non puideron evitarse as contradicións das testemuñas, algunhas das cales levantaron a risa do auditorio. As acusacións privadas chegaron a pedir a suspensión do xuízo pola non comparecencia de moitas testemuñas.
A brillante actuación do defensor de Daniel Ledo, Sr. Dafonte, rexeitando os cargos formulados contra o seu defendido e para o que pediu un veredicto de inculpabilidade foron decisivos na decisión do Xurado.
Rematado o informe do Sr. Dafonte, resumiu moi imparcialmente o presidente da Sala Sr. Fernández Murias.
Retirouse o Xurado a deliberar e ditou un veredicto de INCULPABILIDADE.

(1) Esta escuela chamouse de Aspay hasta o ano 1927, en que pasou a denominarse de Santa Eugenia. Aspay, xunto cos lugares de Ludeiro, A Cuqueira, Outeiro, SItiós, Derramán, A Eirexe e Campo da Vila forma parte da parroquia de Santa Eugenia de Asma (ou Santa Uxía), concello de Chantada. No ano 1921 a escuela estaba situada no Campo da Vila.

2 pensamientos en “ATENTADO TERRORISTA EN SANTA EUGENIA (NO ANO 1921)”

  1. Ola Manuel, este sábado en Sta Uxía antes dun funeral, veu un chico de Chantada que quería indagar sobre este atentado. eu deille a referencia destaweb. Dixo que te coñecía, non sei se se poñerá en contacto contigo. Un saúdo

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: