Caldas, Terra de

25-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE CALDAS:

Imos analizar aquí a Terra de Caldas durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Pontecesures, Valga, Catoira, Cuntis, Caldas de Reis, Portas e Moraña), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:

Caldas

A comarca de Caldas estaba situada na zona interior occidental da rexión galega e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 8  xurisdicións e tres cotos redondos que sumaban en conxunto una superficie de 292 Km2., sendo as xurisdiccións de Baños, Cordeiro e Peñaflor as máis grandes por superar as 5.000 Has. de extención:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
BAÑOS 87
CORDEIRO 66
PEÑAFLOR 50
CALDAS 25
SAYAR 16
VILLANUEBA DE AROSA 14
CESAR 10
SOBRAN 8
AMIL 7
ARCOS DE CONDESA 6
PADRON 3
TOTAL 292
Caldas_jur_diss
As xurisdicions na Terra de Caldas no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE CALDAS:

A máis grande parte dos dominios señoriales (ver señorío) da Terra de Caldas correspondía ó clero secular, xa que ocupaba o 60% do seu territorio, seguido a máis distancia por a nobleza titulada co 22%, e finalizaban cos dominios dos propios veciños, co 17%:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
CLERO SECULAR 21 176 60
NOBLEZA TITULADA 13 65 22
SUS VECINOS 6 51 17
TOTAL 40 292 100

Os maiores posuidores eran o arzobispo de Santiago, que co 60% do territorio,único representante do estamente eclesial, seguido por «sus vecinos» e o conde del Grajal co 17%, o conde de Maceda co 3%, finalizando o marqués del Villar co 2% restante:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
ARZOBISPO DE SANTIAGO 21 176 60
SUS VECINOS 6 51 17
CONDE DEL GRAJAL 10 50 17
CONDE DE MACEDA 2 8 3
MARQUES DE VILLAR 1 7 2
TOTALES 40 292 100

 

Caldas_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Caldas.

Por estamentos, vemos que aparece como representantes do CLERO REGULAR de novo o arzobispo de Santiago, que exercía a sua autoridade sobre 21 feligresías das xurisdicciós de Baños (actual concello de Cuntis), Cordeiro (actuales concellos de Valga, Catoira e Pontecesures), coto de Arcos de la Condesa (actual concello de Caldas de Reis) e a parte máis interrior das de Padrón e Villanueva de Arosa, con un total de 176 Km2., de extensión, que equivalían ó 60% da superficie da comarca.

A NOBLEZA TITULADA, acaparaba o 22% do territorio, con 6.500 Has. de extensión e 13 feligresías. Estaba representada en primeiro lugar por o conde del Grajal, señor de 10 feligresías da xurisdicción de Peñaflor (actuales concellos de Moraña e Portas), seguida por o conde de Maceda con dúas feligresías na xurisdicción de Sobrán (concello actual de Catoira) e o marqués del Villar, dono da feligresia e xurisdicción de Amil (Moraña).

SUS VECINOS, co 17% do territorio e 5.100 Has., exercían a sua propia xurisdicción na feligresía e coto redondo de César, na xurisdicción e coto redondo de Sayar e en catro feligresías da xurisdicción de Caldas, todos eles no actual concello de Caldas de Reis.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: