Mariña Central, A

15-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DA MARIÑA CENTRAL:

Imos analizar aquí a Terra da Mariña Central durante o Antigo Réximen (siglox XVI-XVIII) tal como aparece na comarca moderna oficial (concellos Mondoñedo, Lourenzá, Alfoz, O Valadouro, Foz e Burela). Trátase polo tanto de estudiar o territorio central da antigua provincia de Mondoñedo, que no seu conxunto xa foi obxecto de estudo noutra parte desta Web (ver provincia de Mondoñedo).

MarinaC

Comprendía 8 xurisdicións e dous cotos redondos , e ocupaba unha superficie total de  503 Km2., sendo as xurisdicións de maior extensión as de Mondoñedo e Valle de Oro, que pasaban dos 100 Km2., e as menores os cotos de Burela e Oiran, que non superaban as 800 Has.

XURISDICCIÓN SUP. KM2
MONDOÑEDO 136
VALLE DE ORO 100
ALFOZ DEL CASTRO DE ORO 78
NOIS 50
VALLE DE LORENZANA 37
VILLARONTE 34
FOZ 28
VILLANUEVA DE LORENZANA 25
BURELA 8
OIRAN 7
TOTAL 503
MarinaC_jur_diss
As xurisdicciós da Mariña Central no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA MARIÑA CENTRAL:

En torno ó 79% da Terra da Mariña Central era de dominio señorial do Clero Secular, mentras que o resto do territorio estaba ocupado por as terras da fidalguía, «sus vecinos» ou o clero regular:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
CLERO SECULAR 41 399 79
HIDALGUIA 3 42 8
SUS VECINOS 3 37 7
CLERO REGULAR 1 25 5
TOTAL 48 503 100

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar o bispo de Mondoñedo, que exercía o seu dominio señorial sobre 392 Km2.(39.200 Has.), seguido como entidades máis destacadas os propios veciños (3.700 Has e 3 feligresías), Don Andrés Villar (3.400 Has. e 2 feligresías), ou o mosteiro de Villanueva de Lorenzana (2.500 Has.), mentras que Don Pedro Carlos Quiroga e o Cabildo de Mondoñedo non superaban as 800 Has.:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2
OBISPO DE MONDOÑEDO 40 392
SUS VECINOS 3 37
DON ANDRES VILLAR 2 34
MONASTERIO VILLANUEVA LORENZAN 1 25
DON PEDRO CARLOS DE QUIROGA 1 8
CABILDO DE MONDOÑEDO 1 7
TOTALES 48 503
MarinaC_sen_diss
Os dominios señoriales na Mariña Central no Antiguo Réximen.

Por estamentos, xa señalamos que o CLERO SECULAR controlaba o 79%  do territorio da Mariña Central, con 399 Km2. e 41 feligresías. Estaba representado únicamente por o obispo de Mondoñedo, que exercía o seu señorío sobre as xurisdiccións de Alfoz del Castro de Oro (actual concello de Alfoz), Foz, Mondoñedo, Nois (actual concello de Foz), Oiran (actual concello de Mondoñedo) e Valle de Oro.

A FIDALGUÍA controlaba o 8% do territorio, con 800 Has. no coto de Burela, onde exercía a sua autoridade por Don Joseh Ignacio Quiroga compartindo co Cabildo de Mondoñedo, e na xurisdicción de Villaronte (Foz), onde Don Andrés Villar controlaba un territorio de duas feligresías con 3.400 Has.

SUS VECINOS exercían direitamente o seu señorío nas 3 feligresías da xurisdicción de Valle de Lorenzana (7% do territorio  e 3.700 Has.).

O CLERO REGULAR estaba representado por o mosteiro de Villanueva de Lorenzana, que exercía o seu dominio sobre 2.500 Has. da xurisdicción do mismo nome, que sumaba o 5% do territorio da comarca.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: