09/04/2019
Coñecemos moi ben a situación actual da Ribeira Sacra, a súa demarcación, tamén o seu proceso de declaración como Ben de Interese Cultural, e mesmo os importantes proxectos de futuro que se están desenvolvendo como a recente decisión de presentar á Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade da Unesco, pero coñecemos menos o período que abarca toda a época medieval e moderna -o chamado Antigo Réximen-, durante o que a igrexa exercía, xunto coa nobreza titulada, un amplo dominio sobre a práctica totalidade do territorio.
A Ribeira Sacra permaneceu inalterada ao longo de moitos séculos, solo perturbada por as transformaciós derivadas da introducción da agricultura ou -xa na idade media- tras as importantes donaciós de particulares e privilexios reais que os monxes recibiron como xustificantes do dominio sobre as suas terras, que á sua vez entregaban en arrendamento aos campesiños, en moitos casos coa condición de que transformasen aqueles terreos incultos en viñedos.

Esta situación perdurou ata que, perto de 200 anos producíronse unha serie de acontecementos que influíron notablemente no seu desenvolvemento. Estes acontecementos son coñecidos e encadrados dentro da chamada «revolución liberal».

A finais do século XVIII a revolución liberal comezou con litixios entre a fidalguía e os mosteiros sobre a propiedade da terra e a renovación dos aforamentos, e proseguíu a principios do século XIX coa supresión das xurisdiccións, a nova división administrativa e, especialmente, a desamortización dos bens eclesiásticos, situación que veu a modificar profundamente o equilibrio social e económico da zona.
A igrexa deixou entón de desempeñar o importante papel de dominio xurisdiccional sobre o territorio e perdeu a sua condición de propietaria da terra, pasando o seu control a mans dunha burguesía incipiente que sería a nova beneficiaria dos dereitos forais ata ben entrado o século XX, en que se produciría a redención definitiva dos foros.
Para poder abarcar cunha maior precisión a situación daquela época, consideraremos como é habitual neste sitio apoiarnos no censo de Floridablanca de 1783 e valernos da elaboración de algúns mapas históricos para a sua mellor comprensión. Consideraremos por outra banda á denominada a Ribeira Sacra en sentido amplo, prescindindo daqueles estudos máis específicos referidos a espazos muy concretos como «zonas de valor paisaxístico» ou «zonas BIC». Centraremos finalmente o estudio nos vinte e un municipios que conforman o actual Consorcio Turístico, da que forman parte os actuais concellos da Peroxa, A Pobra do Brollón, A Teixeira, Bóveda, Carballedo, Castro Caldelas, Chantada, Esgos, Monforte de Lemos, Montederramo, Nogueira de Ramuín, O Saviñao, Pantón, Parada de Sil, Paradela, Portomarín, Quiroga, Ribas de Sil, Sober, Taboada e Xunqueira de Espadanedo.

A influencia eclesial tiña o seu propio ámbito de influencia xa que se estendía ao longo do territorio máis cercano ás ribeiras do Sil e o Miño, e tiña que convivir ca presencia da nobreza titulada, representada por o conde de Lemos, aínda que os seus dominios comprendían, como veremos, principalmente as terras do interior.
O dominio da igrexa era exercida especialmente polo clero regular que controlaba as súas xurisdicións desde mosteiros como os de San Esteban de Ribas de Sil, Montederramo ou Xunqueira de Espadañedo, aínda que tamén desde outros cenobios mais afastados como eran os de San Paio de Santiago, Celanova ou Oseira.
AS XURISDICCIÓNS DA RIBEIRA SACRA NO ANTIGO RÉXIMEN:
Se consideramos o territorio antes sinalado, vemos que no Antigo Réximen, a Ribeira Sacra estaba dividida en 70 xurisdiccións, que abranguían un total de 2.500 Km2., con unha extensión media por xurisdicción de 36 Km2., sendo as de maior extensión as de Brollón, Quiroga, Chantada e Castro Caldelas, que superaban os 150 Km2. de extensión, e as máis pequenas as de A Coba, San Lorenzo i Vil e Beacán (ver cuadro adjunto):

AS XURISDICCIÓS DA RIBEIRA SACRA NO ANTIGO RÉXIMEN:
ANTIGUA XURISDICCIÓN | CONCELLO ACTUAL | SUP. KM2 |
A PEROXA | A PEROXA | 42 |
A PEROXA | CARBALLEDO | 20 |
ABOIME | O SAVINAO | 7 |
ACOBA | O SAVINAO | 2 |
AMANDI | SOBER | 7 |
AMARANTE | TABOADA | 21 |
ASMA | CHANTADA | 23 |
ATAN Y VILAR ORTELLE | PANTON | 18 |
BEACAN | A PEROXA | 2 |
BOVEDA | BOVEDA | 6 |
BRIGOS | CHANTADA | 6 |
BROLLON | PUEBLA DEL BROLLON | 168 |
BROLLON | MONFORTE DE LEMOS | 72 |
BROLLON | BOVEDA | 24 |
BROLLON | O SAVINAO | 17 |
CARTELOS | CARBALLEDO | 3 |
CASTRO | CARBALLEDO | 7 |
CASTRO DE CALDELAS | CASTRO CALDELAS | 88 |
CASTRO DE CALDELAS | MONTEDERRAMO | 42 |
CASTRO DE CALDELAS | A TEIXEIRA | 26 |
CASTRO DE REI DE LEMOS (S | PARADELA | 48 |
CAVORRECELLE | PORTOMARIN | 8 |
CHANTADA | CHANTADA | 108 |
CHANTADA | CARBALLEDO | 43 |
CHANTADA | O SAVINAO | 16 |
CHOUZAN | CARBALLEDO | 25 |
COTO DE LAXE | PARADELA | 4 |
COTO DE OLEIROS | CARBALLEDO | 5 |
COTO NUEVO | SOBER | 87 |
COTO NUEVO | MONFORTE DE LEMOS | 21 |
COTO VIEJO | MONFORTE DE LEMOS | 69 |
COTO VIEJO | BOVEDA | 4 |
COTO VIEJO | PANTON | 3 |
DIOMONDI | O SAVINAO | 6 |
DOADE | SOBER | 6 |
EIRE | PANTON | 15 |
FERREYRA DE PALLARES | PORTOMARIN | 17 |
FRONTON | PANTON | 9 |
INCIO Y BROZA | O SAVINAO | 19 |
JUNQUERA DE ESPADAÑEDO | XUNQUEIRA DE ESPADANEDO | 14 |
JUNQUERA DE ESPADAÑEDO | MONTEDERRAMO | 9 |
LOBIOS | SOBER | 6 |
MACEDA DE LIMIA | XUNQUEIRA DE ESPADANEDO | 3 |
MERLAN | CHANTADA | 5 |
MONFORTE DE LEMOS | MONFORTE DE LEMOS | 17 |
MONTE DE RAMO | MONTEDERRAMO | 79 |
MONTE DE RAMO | PARADA DE SIL | 24 |
MONTE DE RAMO | A TEIXEIRA | 2 |
MONTEFURADO | QUIROGA | 36 |
MONTERROSO | TABOADA | 38 |
MONTERROSO | PORTOMARIN | 27 |
MOREDA | PANTON | 76 |
MOREDA | O SAVINAO | 13 |
MOREDA | MONFORTE DE LEMOS | 6 |
MOREDA | SOBER | 3 |
MOSTEYRO | BOVEDA | 3 |
MURADELLE | CHANTADA | 9 |
NIÑODAGUIA | XUNQUEIRA DE ESPADANEDO | 6 |
OSEIRA | CARBALLEDO | 29 |
OSEIRA | CHANTADA | 07 |
PARADELA | PARADELA | 37 |
PEREYRO DE AGUIAR | NOGUEIRA DE RAMUIN | 13 |
PEYTES | RIBAS DE SIL | 11 |
PUERTO MARIN SAN JUAN | PORTOMARIN | 39 |
PUERTO MARIN SAN JUAN | PARADELA | 9 |
PUERTO MARIN SAN PEDRO | PARADELA | 11 |
PUERTO MARIN SAN PEDRO | PORTOMARIN | 8 |
QUINZAN DO CARBALLO | TABOADA | 10 |
QUIROGA | QUIROGA | 220 |
QUIROGA | RIBAS DE SIL | 13 |
QUIROGA | PUEBLA DEL BROLLON | 4 |
RECELLE | PORTOMARIN | 6 |
ROCAS | ESGOS | 37 |
ROCAS | XUNQUEIRA DE ESPADANEDO | 4 |
SAN CLODIO DEL SIL | RIBAS DE SIL | 30 |
SAN ESTEVAN RIBAS DE SIL | NOGUEIRA DE RAMUIN | 85 |
SAN ESTEVAN RIBAS DE SIL | PANTON | 18 |
SAN ESTEVAN RIBAS DE SIL | ESGOS | 1 |
SAN LORENZO Y VIL | PARADA DE SIL | 2 |
SAN MIGUEL DAS PENAS | PORTOMARIN | 10 |
SANTA CRISTINA RIBAS | PARADA DE SIL | 36 |
SAVIÑAO | O SAVINAO | 106 |
SEARA | QUIROGA | 38 |
SOBER | SOBER | 11 |
SOBER | MONFORTE DE LEMOS | 7 |
SOBER | PANTON | 4 |
SOMOZA MAYOR DE LEMOS | BOVEDA | 45 |
SOMOZA MAYOR DE LEMOS | PUEBLA DEL BROLLON | 5 |
TABOADA | TABOADA | 54 |
TABOADA | CHANTADA | 12 |
TABOADA | PARADELA | 12 |
TABOADA | O SAVINAO | 8 |
TOR | MONFORTE DE LEMOS | 8 |
TORBEO | RIBAS DE SIL | 14 |
VALDEORRAS | QUIROGA | 24 |
VER | BOVEDA | 6 |
VILLA SANTE | O SAVINAO | 3 |
VILLALPAPE | BOVEDA | 4 |
VILLAQUINTE | CARBALLEDO | 7 |
VILLAR | TABOADA | 23 |
VILLAR | CHANTADA | 8 |
VILLARIÑO FRIO | MONTEDERRAMO | 6 |
VILLARRUBIN | A PEROXA | 11 |
TOTAL SUPERFICIE | 2540 |
OS DOMINIOS SEÑORIAIS DA RIBEIRA SACRA:
Aínda que a nobreza titulada acaparaba o 59% da titularidade do dominio territorial, seguíalle moi preto o clero regular e secular, que xunto cas ordes militares representan ó 35% da sua superficicie.

OS DOMINIOS SEÑORIAIS NA RIBEIRA SACRA (POR ESTAMENTOS):
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBREZA TITULADA | 244 | 1.482 | 58,3 |
CLERO REGULAR | 61 | 440 | 17,3 |
ORDES MILITARES | 31 | 350 | 13,8 |
HIDALGUIA | 23 | 139 | 5,5 |
CLERO SECULAR | 16 | 107 | 4,2 |
REALENGO | 1 | 17 | 0,6 |
VARIOS | 1 | 5 | 0,2 |
TOTALES | 377 | 2.540 | 100,0 |

Se ben a igrexa era a titular do territorio situado nos entornos máis inmediatos aos ríos Sil e Miño, resulta evidente que a NOBREZA TITULADA figuraba en cabeza do dominio señorial co 58% do territorio e preto de 1.500 Km2. de superficie.
SEÑORÍO | SUP. HAS. |
CONDE DE LEMOS | 94.586 |
MARQUESA DE ASTORGA | 15.720 |
CONDE DE RIBADAVIA | 8.652 |
CONDE DE MACEDA | 8.406 |
CONDE DE MONTERREY | 5.975 |
CONDE DE AMARANTE | 5.828 |
CONDE DE LA VEGA | 2.819 |
DUQUE DE MEDINA DE RIOSECO | 1.317 |
MARQUES DE BOBEDA | 1.129 |
MARQUESA DE PARGA | 899 |
CONDE DE MOCTEZUMA | 878 |
MARQUES DE CAMPOS | 785 |
MARQUES DE VIANCE | 584 |
MARQUES DE VILLASANTE | 324 |
CONDE DE LA VEGA Y ASMA | 303 |
TOTAL | 148.205 |
No ranking de maiores posedores da nobreza titulada aparecía o conde de Lemos, señor natural deste entorno, co 37% do territorio total da Ribeira Sacra que comprendía nada menos que 146 feligresías e preto de 1.000 Km2. (94.500 Has.) de extensión:

Ó conde de Lemos seguíalle a marquesa de Astorga, principal señorío xurisdiccional de Chantada e a sua terra, co 6% do territorio total da Ribeira Sacra, que comprendía 28 feligresías e 15.000 Has. de territorio:

Entre 5.000 e 10.000 Has de extensión aparecían os condes de Ribadavia (señor da Peroxa), Maceda (titular das xurisdiccións de Taboada e Maceda de Limia), Monterrey (titular de parte da xurisdiccón de Monterroso que pertenecía aos actuais concellos de Taboada e Portomarín), e Amarante, titular da xurisdicción do seu nome (concello de Taboada), Sober e San Miguel das Penas (concello de Portomarín). Entre 1.000 e 2.000 Has.:

A FIDALGUÍA, aínda que eclipsada por a nobreza titulada e a igrexa, exercía o seu dominio sobre o 5,5% do territorio, que equivalía a unhas 14.000 Has. extendidas ao longo de 23 feligresías. Os seus representantes máis destacados eran don Joseph Quiroga, con 3.500 Has. repartida por tres feligresías na xutisdicción de Montefurado, unha delas ompartida con Doña Gertrudis Uría; o Hospital de Santiago con 1.500 Has. na xurisdicción de Eiré (concello de Pantón); don Joaquín Teixeiro, Don Mathías Bernardo Quiroga e Don Manuel Mariano Quiroga que compartían unhas 1.000 Has. na xurisdicción de Moreda -actual concello de Pantón-; doña Josepha Garza y Quiroga con 750 Has. na xurisdicción de Tor (Monforte); don Fernando Miranda, con unhas 700 Has. na xurisdicción de Villaquinte (Carballedo). Con menos de 50 Has. atopábanse varios titulares de pequenas xirisdicciós como eran as de Merlán, Moreda, Quinzán do Carballo, Villalpape e Mosteyro de Bóveda, Cartelos, Erbedeiro, ou as freguesías de Fiz de Rozas e Francos, en Portomarín:
OS DOMINIOS DA FIDALGUÍA MA RIBEIRA SACRA:
XURISDICCIÓN | FELIGRESÍA | SEÑORÍO | SUP. HAS. |
MONTEFURADO | MONTEFURADO (SAN MIGUEL) | DON JOSEPH QUIROGA Y OTROS | 1.792 |
EIRE | EIRE (SAN XULIAN) | HOSPITAL DE SANTIAGO | 1.478 |
MONTEFURADO | A ENCIÑEIRA (SANTA ISABEL | DON JOSEPH QUIROGA | 1.326 |
MOREDA | TOIRIZ (SANTA MARIA) | DON JOAQUIN TEIXEYRO Y OTROS | 956 |
VILLAQUINTE | VILAQUINTE (SANTA MARIA) | DON FERNANDO MIRANDA | 718 |
ABOIME | ABUIME (SAN XOAN) | DON MANUEL GARZA Y OTROS | 692 |
BRIGOS | BRIGOS (SAN SALVADOR) | DON BENITO BOAN | 603 |
TOR | TOR (SAN XOAN) | DOÑA JOSEPHA GARZA Y QUIROGA | 581 |
VILLARIÑO FRIO | VILARIÑO FRIO (SANTA MARI | DON ANTONIO DEL VILLAR | 576 |
QUINZAN DO CARBALLO | BOUZOA (SAN XOAN) | DON MELCHOR DE CAMBA Y OTROS | 548 |
SOMOZA MAYOR DE LEMOS | CANEDO (SAN MIGUEL) | DON ALONSO MIGUEL DE MENDOZA | 518 |
MERLAN | MERLAN (SAN TOME) | DON PEDRO RAMON QUIROGA | 500 |
TABOADA | MOREDA (SANTA MARIÑA) | DON CARLOS MONTENEGRO | 477 |
MONTEFURADO | VILANUIDE (SANTO ANTONIO) | DON JOSEPH QUIROGA | 446 |
COTO DE LAXE | A LAXE (SANTIAGO) | DON ANTONIO LOSADA | 437 |
QUINZAN DO CARBALLO | MATO (SAN MARTIÑO) | DON MELCHOR DE CAMBA Y OTROS | 413 |
VILLALPAPE | VILALPAPE (SAN BARTOLOMEU | DON JOSEPH SAAVEDRA | 374 |
PUERTO MARIN SAN JUAN | FIZ DE ROZAS (SAN LOURENZ | DON JUAN LOSADA Y OTROS | 341 |
CARTELOS | CARTELOS (SANTO ESTEVO) | DON BENITO DE THEMES | 323 |
MOSTEYRO | MOSTEIRO (SAN PAIO) | DON ANTONIO DE ESPAÑA | 300 |
PUERTO MARIN SAN PEDRO | FRANCOS (SANTA MARIA) | DON JOAQUIN TEIXEYRO Y OTROS | 219 |
TOR | SAN XIAO DE TOR (SAN XIAO | DOÑA JOSEPHA GARZA Y QUIROGA | 173 |
CHOUZAN | ERBEDEIRO (SAN PEDRO) | SENOR DE ERBEDEIRO | 133 |
TOTALES | 13.924 |
Os dominios do CLERO na Ribeira Sacra era exercido principalmente por o CLERO REGULAR, que desde os seus mosteiros estratéxicamente situados controlaban a maior parte do territorio vitícola das ribeiras do Sil e do Miño:

Neste senso situábase en primeiro lugar o mosteiro de San Esteban de Ribas de Sil, que controlaba 20 freguesías con mais de 15.000 Has., distribuidas por as xurisdiccións de San Estevan (actual concello de Nogueira de Ramuín) e Santa Cristina (concello de Ribas de Sil), aínda que se extendía a outras xurisdiccións como Beacán (Os Peares, na Peroxa) e Frontón (Pantón). Segíalle en importancia o mosteiro de Montederramo con 12 freguesías e 11.000 Has. distribuídas ó longo dos actuais concellos de Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira e Portomarín (feligresía de Sabadelle, da antigua xurisdicción de Monterroso); seguíanlle por a sua importancia os mosteiros foráneos de Oseira (controlaba os concellos de Carballedo e Chantada), Celanova (San Pedro de Rocas no concello de Esgos), San Paio de Santiago con menos de 5.000 Has. (Chouzán no concello de Carballedo, e Sober). Aparecía a continuación o mosteiro de Xunqueira de Espadañedo, con 2.300 Has. na xurisdicción do mismo nome (feligresías de Xunqueira e As Chas), e nos último lugares atopábanse os de San Salvador de Asma, que exercía o seu dominio sobre unhas 2.300 Has. na xurisdicción de Asma, o mosteiro de Samos con 1.600 Has. na xurisdicción de Ferreira de Pallares e o mosteiro de San Vicente do Pino na xurisdicción de Doade (600 Has.):
OS DOMINIOS DO CLERO REGULAR NA RIBEIRA SACRA:
SEÑORÍO | SUP. HAS. |
MONASTERIO DE SAN ESTEBAN | 15.056 |
MONASTERIO DE MONTE DE RAMO | 11.069 |
MONASTERIO DE OSEIRA | 4.103 |
MONASTERIO DE CELANOVA | 4.079 |
MONASTERIO DE SAN PAIO | 2.913 |
MONASTERIO DE JUNQUERA DE ESPADAÑEDO | 2.321 |
MONAST. S. SALVADOR DE ASMA | 2.263 |
MONASTERIO DE SAMOS | 1.668 |
MONASTERIO DEL PINO | 552 |
TOTAL | 44.024 |
O CLERO SECULAR dispoñía na Ribeira de dominios non moi extensos – algo máis de 10.000 Has. que representaban algo máis do 4% da superficie do territorio- pero moi sinificativos, xa que comprendían entornos de producción eminentemente vitícola. Destacaban o Obispo de Lugo, con unhas 4.000 Has nas xurisdicciós de Diamondi, Atán e Vilar de Ortelle, Ver e Brollón; os mesmos párrocos controlaban 3.000 Has de catro feligresías da xurisdicción de San Clodio de Ribas de Sil; o obispo de Orense unhas 1.200 Has. nas xurisdiccións de Vilarrubín e Niñodaguia; o cabildo de Santiago unhas 1.000 Has. nas xurisdiccións de Recelle e Paradela (esta última compartida); o arcediano de Castro unhas 700 Has. en Castro de Carballedo; o Cabildo de Lugo con unhas 4.000 Has. na xurisdicción de Amandi e, finalmente, a Catedral de Lugo pouco máis de 200 Has. na antiga xurisdicción de realengo de San Martiño da Coba.
OS DOMINIOS DO CLERO SECULAR NA RIBEIRA SACRA:
SEÑORÍO | SUP. HAS. |
OBISPO DE LUGO | 3.936 |
POR SU PARROCO | 3.033 |
OBISPO DE ORENSE | 1.185 |
CABILDO DE SANTIAGO | 969 |
ARCEDIANO DE CASTRO | 657 |
CABILDO DE LUGO | 656 |
CATEDRAL DE LUGO | 216 |
TOTAL | 10.652 |
As ORDES MILITARES, polo seu carácter de monxes e soldados, pódense encadrar dentro dos amplos dominios da Igrexa. Exercían a sua xurisdicción por medio das duas ordes sanxoanistas de Puertomarín e Quiroga, que no seu conxunto controlaban unha superficie de 35.000 Has. (o 14% do territorio da Ribeira Sacra), principalmente nas xurisdiccións de Puertomarín e Quiroga, respectivamente.

Por último sinalar que a feligresía de Santa María de Ousende (xurisdicción de Brollón) era terra de realengo mentras que as de San Martiño de Vilarrubín e Santiago de Toubes, cos lugares de Abertesga e Vilar (Parroquia de San Xes da Peroxa) pertenecían ó ocoto ou xurisdicción Villarrubín e dependía de varios señores xurisdiccionais.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdiccións e señoríos foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Aínda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdiccións para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teriamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdiccións no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dúbidas utilizamos as Respostas Xerais do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antigo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Enlaces: