O Condado, Terra de

05-12-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE O CONDADO:

Imos analizar aquí a Terra do Condado durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas, Salvaterra de miño-Vilacoba e As Neves). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de representar e de comprender dado o seu elevado número e dispersión no territorio:

Condado

A terra do Condado estaba situada no extremo sur-occidental da rexión galega e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Tuy. Comprendía 4  xurisdicións e tres cotos redondos, que sumaban en conxunto una superficie de 345 Km2. As xurisdiccións de Sobroso e Salvaterra eran as máis extensas por superar os 100 Km2. (10.000 Has.) de extensión, mentras que os cotos de Penafurada e Porto non superaban as 400 Has.:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
SOBROSO 168
SALVATIERRA 137
TOUTON 12
ACHAS 11
OLIVEYRA 10
PENAFURADA 4
PORTO 3
TOTAL 345
Rosal_jur_diss
As xurisdiccións da Terra de O Condado no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE O CONDADO:

A máis grande parte dos dominios señoriales da Terra do Condado correspondía á nobleza titulada, que ocupaba o 87% do seu territorio, seguido a por a fidalguía co 10%, o clero secular co 2% e as órdenes militares co 1%:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 58 301 87
HIDALGUIA 6 33 10
CLERO SECULAR 2 8 2
ORDENES MILITARES 1 3 1
TOTAL 67 345 100

Os dous maiores posuidores eran o marqués de Sobroso, que controlaba o 43% do territorio e o conde de Salvatierra o 38%. Seguíalle a moita distancia o marqués de Valladares, Don Juan Araujo e o marqués de Amarante co 3% e varios membros da fidalguía do lugar e do clero de Tuy, que en ningún caso superaban as 200 Has. de posesión:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
MARQUES DE SOBROSO 26 149 43
CONDE DE SALVATIERRA 28 132 38
MARQUES DE VALLADARES 1 12 3
DON JUAN ARAUJO 1 12 3
CONDE DE AMARANTE 3 8 2
DON MANUEL, JUSTO Y FCO TRONCO 2 7 2
DON JUAN LAGO 1 7 2
CABILDO DE TUY 1 5 1
DON RODRIGO DE LIRA 1 4 1
OBISPO DE TUY 1 3 1
ENCOMIENDA DE BEADE 1 3 1
DON FRANCISCO GIRALDEZ 1 3 1
TOTALES 67 345 100

Por estamentos, aparece por tanto en primeiro lugar NOBLEZA TITULADA que acaparaba o 87% do territorio da comarca, que sumaba 301 Km2. e 58 feligresías. Os seus dous principales representantes eran o marqués de Sobroso, que controlaba o 43% do territorio, 149 Km2. e 26 feligresías da xurisdicción de Sobroso (actuales concellos de Montariz, Salvaterra e Ponteareas), e o conde de Salvatierra, que exercía o seu dominio sobre o 38% do territorio e 28 feligresías das xurisdicciós de Achas e Salvatierra, compartindo o dominio co marqués de Valladares e con outros membros da fidalguía local na feligresía de A Moreira. Seguíalles a moita distancia o marqués de Valladares, dono de 1.200 Has. xunto con Don Juan Lago na feligresía de Sabaxans (dentro da xurisdicción de Sobroso). En último lugar aparecía o conde de Amarante que controlaba 400 Has no coto de Penafurada (actual concello de Salvaterra), e otros 400 Has. na misma xurisdicción de Salvatierra, niste último caso compartidos ca fidalguía local:

Rosal_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de O Condado.

A FIDALGUÍA controlaba o 10% do territorio, que sumaba unhas 3.300 Has., e estaba representada por Don Francisco Giraldez, que xunto con Don Juan Troncoso exercían o seu dominio sobre a feligresía de Liñares, xurisdicción de Salvatierra (actual concello de As Neves); por Don Juan Araujo, señor do coto de Teutón (1.200 Has. no actual concello de Mondariz); por Don Juan Lago, que xunto co marqués de Valladares e o marqués de Sobroso controlaban 700 Has. na feligresía de Mondariz; Don Manuel, Don Justo y Francisco Troncoso que xunto co obispo de Tuy exercían o seu dominio sobre a xurisdicción de Oliveyra (actual concello de Ponteareas) e finalmente por Don Rodrigo de Lira, que xunto con Don Manuel e Don Francisco Tronco, o marqués de Valladares e o conde de Salvatierra, repartíanse a feligresía de Lira (actual concello de Salvaterra).

O CLERO SECULAR levaba o 2% do territorio, que sumaba 800 Has. repartidas en primeiro lugar entre o cabildo de Tuy, que xunto con Doña María Sarmiento, o conde de Amarante e o conde de Salvatierra, exercían o seu dominio sobre a feligresía de Fornelos (Salvatierra). En segundo lugar por o obispo de Tuy, a cargo da feligresía e xurisdicción de San Lorenzo de Oliveyra (actual concello de Ponteareas).

As ORDENES MILITARES tiñan como único representante á encomienda de Beade, que exercía sobre 300 Has. do coto e feligresía de Porto (actual concello de Salvaterra).

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

 

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: