A REHABILITACIÓN DA CASONA DOS LEMOS

25-01-2020

 

Aínda que só sexa polo que representa debemos defender o noso patrimonio. Hoxe vén a conto a casona de Lemos -actual Casa da Cultura de Chantada, biblioteca, oficina de turismo, etc-, xa que o arquitecto que levou a cabo a súa rehabilitación, Manuel Gallego Jorreto, paisano do Carballiño,  recibiu este venres na Coruña o Premio Nacional de Arquitectura 2018.

CASA_LEMOS_ANTES_I
A casona dos Lemos antes da rehabilitación. (Fonte: Proyecto ARGA, Arquitecturas rehabilitadas de Galicia.)

Nós debemos de coñecer e apreciar a orixinalidade de esta obra, xa que o autor do proxecto soupo diseñar dous espazos diferenciados, o exterior que permaneceu practicamente inalterado, e o interior que foi baleirado e adaptado ás novas necesidades. O caserón dos Lemos destaca polo tanto pola sua singularidade pero tamén por ser o edificio máis representativo do casco vello de Chantada ao desaparecer outros como as antigas murallas, a torre de Chantada ou a casa dos Moure.

CASA_LEMOS_DESPUES
A casona dos Lemos despois da rehabilitación. (Fonte: Proyecto ARGA, Arquitecturas rehabilitadas de Galicia.)

Debemos protexer esa zona vella tan nosa -afortunadamente a zona de expansión da nova construción de Chantada mantívose relativamente á marxe do casco antigo- e sabela conservar e transmitir ás futuras xeracións.

CASA_LEMOS_INTERIOR
Interior da casona dos Lemos (Fonte: Manuel Gallego Jorreto, Arquitecturas de Autor.)

Enlaces:

Manuel Gallego Jorreto, Arquitecturas de Autor.

http://proxectoarga.com/Architecture/Building/38

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: