23-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE O SAR:
Imos analizar aquí a Terra de O Sar durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Rois, Padrón e Dodro), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A Terra de O Sar estaba situada na parte occidental da rexión e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 4 xurisdicións e un coto redondo, que sumaban en conxunto una superficie de 176 Km2., sendo únicmente a xurisdicción de Quinta a que superaba as 10.000 Has. de extención:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
QUINTA | 104 |
RIANXO | 28 |
PADRON | 22 |
GIRO DE LA ROCHA | 14 |
DODRO Y LESTROBE | 8 |
TOTAL | 176 |
OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE O SAR:
Os principales dominios señoriales (ver señorío) da Terra de O Sar correspondían case exclusivamente ó clero secular, xa que ocupaba o 95% do seu territorio, seguido únicamento por a por a nobleza titulada, que non ocupana máis co 5% do territorio restante:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CLERO SECULAR | 19 | 168 | 95 |
NOBLEZA TITULADA | 1 | 8 | 5 |
TOTAL | 20 | 176 | 100 |
Os únicos posuidores eran os representantes do clero secular e da nobleza titulada:

En representación do CLERO SECULAR estaba o arzobispo de Santiago, que exercía a sua xurisdicción en 19 feligresías da comarca, con 128 Km2., que equivalían ó 95% da sua superficie, e que se extendían por as xurisdicciós de Giro de la Rocha (Feligresía de Carcacía, Padrón), Padrón (3 feligresías), Quintá (12 feligresías do actual concello de Rois e unha do de Padrón) e duas feligresías de Rianxo (actual concello de Dodro).
Seguíalle a NOBLEZA TITULADA, representada por o marqués de Bendaña, titular do coto de «Dodro y Lestrobe», situado no actual concello e filegresía de Dodro, e que contaba con una superficie de 800 Has.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.