19-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DO EUME:
Imos analizar aquí a Terra do Eume durante o Antigo Réxime (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Pontedeume, Cabanas, A Capela, Monfero e As Pontes de García Rodríguez), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio.
A Terra do Eume pertenecía á antigua provincia de Betanzos, e comprendía 5 xurisdicións e un coto redondo, que sumaban en conxunto una superficie de 543 Km2. As xurisdiccións de Caabeiro, Puentes de García Rodríguez e Monfero pasaban das 10.000 Has. de extensión, mentras que as de «Callobre y Vilacha», así como o coto de Regüela non chegaban ás 1.000:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
CAABEIRO | 182 |
PUENTES GARCIA RODRIGUEZ | 164 |
MONFERO | 143 |
PUENTEDEUME | 42 |
CALLOBRE Y VILACHA | 9 |
REGÜELA | 3 |
TOTAL | 543 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DO EUME:
Os dominios señoriales da Terra do Eume estaban bastante ben equilibrados, xa que a nobleza titulada ocupaba o 38% da sua superficie, seguido moi de cerca por as terras de realengo co 34% e o clero regular co 27%. Xa muy alexada encontrábase a Fidalguía, que sólo exercía o seu dominio sobre o 2% do territorio:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 18 | 206 | 38 |
REALENGO | 15 | 182 | 34 |
CLERO REGULAR | 5 | 146 | 27 |
HIDALGUIA | 1 | 9 | 2 |
TOTAL | 39 | 543 | 100 |
Na nómina dos máis grandes posuidores figuraban en primeiro lugar o conde de Lemos que dispoñía do 38% do territorio, con dominio sobre 206 Km2., seguido por Su Majestad (34%) e o mosteiro de Monfero (26%). No último lugar estaban Don Esteban Tenreiro e o mosteiro de Lorenzana:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CONDE DE LEMOS | 18 | 206 | 38 |
SU MAJESTAD | 15 | 182 | 34 |
MONASTERIO MONFERO | 4 | 143 | 26 |
DON JUSTO G.TENRREIRO | 1 | 9 | 2 |
MONASTERIO LORENZANA | 1 | 3 | 1 |
TOTALES | 39 | 543 | 100 |

Por estamentos, xa señalamos que a NOBLEZA TITULADA controlaban o 38% do territorio, e exercía o seo control sobre 206 Km2. e 18 feligresías, sendo o único representante o conde de Lemos, señor das xurisdiccións de Puentedeume e Puentes de García Rodríguez.
O REALENGO controlaba o 34% do territorio, con 182 Km2. de superficie e 15 feligresías, todas elas dentro da xurisdicción de Caabeiro (actuales concellos de As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, A Capela e Monfero).
O CLERO REGULAR exercía o seu dominio sobre o 27% do territorio, con 146 Km2. e 5 feligresías, sendo o seu mais grande representante o mosteiro de Monfero, dono da xurisdicción do mismo nome, seguido por o mosteiro de Lorenzana, señor do coto de Regüela (actual concello de Cabanas).
A FIDALGUÍA disponía sólo do 2% do territorio, con 900 Has. de superficie na xurisdicción de «Callobre y Vilacha» (actual concello de Monfero), a cargo de Don Justo Gabriel Tenreiro.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.