24-10-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE ARZUA:
Imos analizar aquí a Terra de Arzua durante o Antigo Réxime (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Arzua, Boimorto, Touro e O Pino ), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A Terra de Arzua comprendía 14 xurisdicións, con una extensión de 488 Km2. (48.800 Has.), sendo as de mayor tamaño as de Arzua, Bendaña, Mesía, Budiño e Giro da Rocha, que superaban os 50 Km2. de extensión. Na zona intermedia (entre 20 e 50 Km2.) estaban Cira, Mellid (parte), Oines e Boente, sendo as de menos de 20 Km2. Pastor y Lardeyros, Medín, San Justo de Don Bodán, Abeancos e Bendaña del Marqués.
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
ARZUA | 83 |
BENDAÑA | 80 |
MESIA | 74 |
BUDIÑO | 54 |
GIRO DE LA ROCHA | 51 |
CIRA | 37 |
MELLID | 25 |
OINES | 21 |
BOENTE | 21 |
PASTOR Y LARDEYROS | 19 |
MEDIN | 9 |
SAN JUSTO DE DON BODAN | 7 |
ABEANCOS | 6 |
BENDAÑA DEL MARQUES | 1 |
TOTAL | 488 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE ARZUA:
Arzua era na sua maior parte de dominio señorial do clero secular, xa que este estamento acaparaba o 64% da superficie total do seo territorio na persona do Arcebispo de Santiago, seguida pola nobleza titulada (un 28%) e moita maior distancia atopábanse a fidalguía e o clero regular, que en conxunto non superban o 7%.
Como era habitual en Galicia, nas terras de Arzua tampouco atopamos terras de reguengo:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CLERO SECULAR | 41 | 313 | 64 |
NOBLEZA TITULADA | 22 | 138 | 28 |
FIDALGUIA | 3 | 30 | 6 |
CLERO REGULAR | 1 | 7 | 1 |
TOTALES | 67 | 488 | 100 |
No ránking de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar o Arcebispo de Santiago, con dominio directo sobre o 64% do territorio da comarca (unhos 313 Km2.), seguido por o Conde de Altamira, cun un 23% (112 Km2). Por contra, o resto dos señores xurisdiccionales non superaban o 4% do territorio, como era o caso de Don Jaime Güiraldez, Maruqués de Bobea, etc.:
SEÑOR XURISDICCIONAL | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
ARZOBISPO DE SANTIAGO | 41 | 313 | 64 |
CONDE DE ALTAMIRA | 17 | 112 | 23 |
DON JAIME GÜIRALDEZ | 2 | 21 | 4 |
MARQUES DE BOBEDA | 2 | 19 | 4 |
DON DIEGO LEIS RIOBO | 1 | 9 | 2 |
MONASTERIO DE SAN MARTIN | 1 | 7 | 1 |
CONDE DE MONTERREY | 2 | 6 | 1 |
MARQUES DE BENDAÑA | 1 | 1 | 0 |
TOTALES | 67 | 488 | 100 |

Como sinalamos máis arriba, o máximo e único representante do clero secular era o Arcebispo de Santiago, principal señor xurisdicional da antiga provincia de Santiago, e como neste caso, maior posuidor da terra de Arzúa. O Arcebispo de Santiago exercía o seu dominio directo sobre 41 freguesías que se estendían ao longo das xurisdicións de Bendaña, Xiro da Rocha, Melide e Mesía, e sumaban en conxunto 31.300 Has. de superficie.
O máximo representante da nobreza titulada era o conde de Altamira, que controlaba 17 freguesías das xurisdicións de Boente, Budiño e Cira, que en conxunto superaban as 11.000 Has. de superficie. Seguíalle o marqués de Boveda que controlaba xunto con Don Manuel Saco a xurisdición de Pastor e Lardeyros, que comprendía dúas freguesías e 1.900 Has. de extensión. O conde de Monterrey controlaba dúas freguesías de 600 Has. na xurisdición de Abeancos, e o marqués de Bendaña a xurisdición de Bendaña do Marqués, que comprendía a freguesía de Santa María de Bendaña, dunhas 100 Has. de superficie.
A fidalguía acaparaba o 6% do territorio da terra de Arzua, sendo os seus representantes Don Diego Leis Riobó e Don Jaime Güiraldez, o primeiro titular da xurisdición e freguesía de Medín, con 900 Has. de superficie, e o segundo da de Oines, con dúas freguesías e 2.100 Has.
O clero regular estaba representado polo Mosteiro de San Martín, que exercía o seu dominio sobre unhas 700 Has. na xurisdición de San Justo de Don Bodán.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.