Vigo, Terra de

3-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE VIGO NO ANTIGUO RÉXIMEN:

Imos analizar a situación administrativa das Terras de Vigo durante o Antigo Réximen (séculos XVI-XVIII), cuxo territorio ven a coincidir co da comarca moderna oficial (concellos de Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Vigo, Mos, Nigrán, Baiona, Gondomar, O Porriño e Salceda de Caselas).

Vigo

Comprendía 26 xurisdicións, que pertenecían á antigua provincia de Tuy e que en conxunto alcanzaban unha superficie total de 610 Km2. (unhas 61.000 Has.) As máis extensas eran as de Bayona e Sotomayor, que superaban os 100 Km2., as de Redondela la Nueva, Valle de Fragoso e Porriño tiñan máis de 50 Km2., sendo as máis pequenas as xurisdiccós de Mos, as vilas de Par de Rubias e Porriño, os cotos de Priegue e Arcade, e as xurisdicciós de Panjón, Saxamonde e Redondela la Vieja, que non pasaban das 500 Has., ver https://eirexe.es/galicia/

XURISDICCIÓN SUP.  KM2
BAYONA 110
SOTOMAYOR 105
REDONDELA NUEVA 83
VALLE DE FRAGOSO 59
PORRIÑO 58
BOUZAS 24
SAN ANTONIÑO 23
BUDIÑO 19
GONDOMAR 19
VALLADARES 12
VIGO 11
ENTIENZA 11
MOS 10
SALZEDA 9
ZAMANES 8
PESEGUEIRO 7
CEDEYRA 6
PICOÑA 6
MOS 5
PAR DE RUBIAS 5
PORRIÑO 4
PRIEGUE 4
PANJON 4
ARCADE 3
SAXAMONDE 3
REDONDELA VIEJA 2
TOTAL 610
Vigo_jur_diss
As xurisdicciós da Terra de Vigo no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE VIGO:

Do total da súa superficie, o 41% correspondía ó dominio señorial da nobreza titulada ou alta nobreza, o 24% ao clero secular, o 18% eran terras de realengo, o 10% do seu ayuntamiento, e o restante 8% repartíase entre os seus veciños, o clero regular e a figalguía:

DOMINIO NUM.PARR. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 31 248 41
CLERO SECULAR 27 149 24
REALENGO 18 110 18
SU AYUNTAMIENTO 13 59 10
SUS VECINOS 4 28 5
HIDALGUIA 2 12 2
CLERO REGULAR 1 4 1
TOTALES 96 610 100

Na lista de posuidores aparecían en primeiro lugar, con máis de 100 Km2., as terras de realengo seguidas das do duque de Sotomayor. Con máis de 50 Km2. (2.000 Has) estaban o Arcebispo de Santiago, o conde de Salvatierra, o propio Ayutamiento e o Bispo de Tuy. Con menos de 50 Km2. aparecían os dominios do conde de Maceda, os propios vecinños, o conde de Gondomar, o marqués de Mos, Don Manuel Troncoso, Don Juan Pestaña, o marqués de Bendaña, o mosteiro de Oya e o conde de Priegue.

Vigo_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Vigo no Antiguo Réximen.

Ainda que o maior posuidor fose Su Majestad debido que as terras de realengo ocupaban unha superficie de 110 Km2., si agrupamos os dominios señoriales por estamentos, aparece en primeiro lugar a nobleza titulada, que controlaba o 41% do territorio (248 Km2.) e 31 freguesías. Estaba representado en primeiro lugar por o duque de Sotomayor, con dominio sobre 105 Km2. e 8 feligresías da xurisdicción de Sotomayor; o conde de Salvatierra, sobre 62 Km2. e 11 feligresías da xurisdicción do Porriño; o conde de Maceda, sobre 23 Km2. e 4 feligresías da xurisdicción de San Antoíño (actual concello de Mos); o conde de Gondomar, sobre 19 Km2. e 2 feligresías da sua surisdicción de Gondomar; o marqués de Valladares, sobre 15 Km2. nas feligresías de Valladares e Saxamonde (concellos de Vigo e Redondera, respectivamente); o marqués de Mos, tamén sobre 15 Km2. nas feligresías de Mos e Torroso; o marqués de Bendaña, sobre 500 Has. da feligresía e vila de Par de Rubias (Salceda de Caselas), finalmente, o conde de Priegue sobre 400 Has sobre o coto de Priegue (Nigrán).

O clero secular exercía a sua xurisdicción sobre o 24% do territorio, con un total de 149 Km2. e 27 feligresías, sendo os únicos representantes o Arcebispo de Santiago e o Bispo de Tuy. O primeiro exercía o seu dominio sobre 97 Km2. e 19 feligresías da xurisdicción de Redondela la Nueva (actuales concellos de Redondela e Pazos de Borbén), mentras que o Bispo de Tuy controlaba 52 Km2 e 8 feligresías das xurisdicciós de Bouzas, Entienza (Salceda de Caselas), Pesegueiro (Gondomar), Redondela la Vieja e coto de Zamanes (Vigo).

Os dominios de realengo concentrábanse na xurisdicción de Bayona (actuales concellos de Bayona, Gondomar e Nigrán e a parroquia viguesa de Sayans), con 110 Km2. de territorio e 18 feligresías (o 18% do total).

De dominio do propio Ayuntamiento eran as terras da xurisdicción de Valle de Fragoso, situadas no alfoz da capital, que comprendían 11 parroquias de Vigo (5.000 Has.) e as dúas de Chapela e Trasmaño (900 Has.), pertenecentes ó actual concello de Redondela.

A fidalguía controlaba o coto de Cedeyra na persona de Don Juan Pestaña, e a vila de Slceda de Caselas na de Don Manuel Troncoso, cada unha delas con unha feligresía e 600 Has. de extensión.

Os propios veciños exercían o seu dominio directamente sobre 1.900 Has. das xurisdicciós de Budiño (feligresías de San Esteban e San Salvador de Budiño) e 900 Has. da Vila de Salceda de Caselas.

A fidalguía nas persoas de Don Juan Pestaña e Don Manuel Troncoso controlaba o coto de Cedeyra (actual concello de Redondela) e a Vila de Picoña (Salceda de Caselas), de 600 Has e unha feligresía cada un deles.

O clero regular limitábase ó dominio que exercía o monasterio de Oya sobre a surisdicción de Panjón, coa feligresía do mismo nome e con 400 Has. de territorio.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: