A antigua provincia de Santiago formaba parte, coas outras seis provincias, do Antiguo Reino de Galicia. Coa división provincial de 1833 as sete provincias pasaron a ser catro, integrándose a parte Norte do río Ulla da provincia de Santiago na nova provincia de La Coruña, e a parte Sur na de Pontevedra.
No Antiguo Réximen, o clero e a nobleza acaparaban nada menos que o 98% de todo o territorio da antigua provincia de Santiago. Pero o réximen señorial de Santiago é indubitablemente o que corresponde ó Clero Secular. Efectivamente, o Arzobispo de Santiago era señor directo do 56% de todo o territorio, o que lle supoñía cerca de 392.000 Hectáreas, ou o que é o mismo cerca de 4.000 Kilómetros cuadrados.
Dos estamentos restantes solo habería que señalar o Clero Secular e a Fidalguía (5% e 3%, respectivamente), xa que as terras de Realengo, Órdenes Militeras e as dos propios veciños teñen sólo unha presencia testimonial (ver cuadro).
DOMINIO | FELIGRESÍAS | HECTÁREAS | % |
CLERO SECULAR | 496 | 391.753 | 56,29 |
NOBLEZA TITULADA | 318 | 232.834 | 33,45 |
CLERO REGULAR | 43 | 35.505 | 5,10 |
HIDALGUIA | 30 | 22.891 | 3,29 |
REALENGO | 12 | 9.979 | 1,43 |
SUS VECINOS | 2 | 2.536 | 0,36 |
ORDENES MILITARES | 1 | 505 | 0,07 |
TOTALES | 902 | 696.003 | 100,00 |
O Clero regular, con 43 freguesías e 35.000 Has. de superficie territorial situábase mui por debaixo do clero secular e tiña como principales detentadores do dominio señorial ó mosteiro de San Martín e o mosteiro de San Payo.O Clero Secular acaparaba o 56% do territorio da antigua provincia de Santiago, sendo o Arzobispo o señor xurisdiccional maioritario con cerca de 500 freguesías dependentes, seguido a moita distancia do Cabildo (xurisdicción de Codeseda, na Estrada e Cira, Boqueixón, esta compartida co Conde de Altamira) e o Deán de Santiago (señor da Pobla do Deán, na actual Pobra do Caramiñal). O Arcediano de Trastamara e o Obispo de Mondoñedo solo tiñan uns dominios testimoniales.
A Nobleza titulada, co 33% do territorio, tiña o maior protagonista no Conde de Altamira, que exercía a sua xurisdicción sobre 186 freguesías, con una extensión de 145.000 Hectáreas, repartidas por todo o norte da provincia, comprendendo as xurisdicciós de Corcubión, A Barcala, Vimianzo, Mesís, Folgoso e Altamira, etc. Seguíanlle, con unnhos dominios en torno ás 10.000 Has. o Duque de Sotomayor (Cotovad), Marqués de Alcañizas(Dubra) e Conde de Monterrey(Abeancos e Cambados).
Enlaces ás xurisdiccións da antigua provincia de Santiago: