21-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE A BARCALA:
Imos analizar aquí a Terra de A Barcala durante o Antigo Réxime (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de A Baña e Negreira), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A Terra de A Barcala estaba situada na parte noroeste da rexión e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 3 xurisdicións e un coto redondo (Riba), que sumaban en conxunto una superficie de 213 Km2.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
BARCALA | 119 |
LAÑAS | 34 |
MUROS | 15 |
JALLAS | 15 |
ALTAMIRA | 11 |
RIBA | 11 |
DUBRA | 8 |
TOTAL | 213 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DA BARCALA:
Os principales señoríos da Terra da Barcala correspondían en primeiro lugar á nobleza titulada, que ocupaba o 70% do seu territorio, e en segundo lugar ó clero secular, que exercía o seu dominio sobre o 30% restante:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 22 | 149 | 70 |
CLERO SECULAR | 11 | 64 | 30 |
TOTAL | 33 | 213 | 100 |
Os máis grandes posuidores eran o conde de Altamira co 61% do territorio, seguido por o arzobispo de Santiago co 30%, e a moita máis grande distancia o conde de Maceda e o marqués de Alcañices:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CONDE DE ALTAMIRA | 20 | 130 | 61 |
ARZOBISPO DE SANTIAGO | 11 | 64 | 30 |
CONDE DE MACEDA | 1 | 11 | 5 |
MARQUES DE ALCAÑICES | 1 | 8 | 4 |
TOTALES | 33 | 213 | 100 |

Por estamentos, xa señalamos que a NOBLEZA TITULADA estaba representada en primeiro lugar por o conde de Altamira, dono das xurisdicciós de Altamira (actual concello de Negreira), Barcala (A Baña e Negreira), Dubra (A Baña), Jallas (A Baña), Lañas (Negreira e A Baña), Muros (Negreira) e coto de Riba (A Baña); por o marqués de Alcañices, que controlaba parte da xurisdicción de Dubra (actual concello de A Baña), e o conde de Maceda que exercía a sua xurisdicción no coto de Riba (tamén concello actual de A Baña). En conxunto este estamento exercía a autoridade sobre o 70% do territorio, con unha superficia total de 149 Km2. e 22 feligresías.
En nome do CLERO SECULAR, que controlaba o 30% do territorio, con 6.400 Has. de superficie e 11 feligresías, exercía a sua autoridade o arzobispo de Santiago, dono das xurisdicciós de Jallas (actual concello de A Baña), Lañas (concellos de Negreira e A Baña) e Muros (concello de Negreira).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.