23-04-2020
Quero facer referencia aquí a dúas parroquias heroicas -Santa Eugenia de Asma e Santa Cruz de Viana- que ata finais dos anos sesenta do século pasado estiveron privadas dunha vía de comunicación decente que as conectase coa capitalidade do concello. As dúas únicas estradas existentes naquel momento non chegaban hasta estas duas parroquias, xa que eran accesibles unicamente en dous puntos: un en Cartelos onde se enlazaba coa estrada da Barrela a Furco, e outro na chamada de Casa dá Laura(Brigos) que permitía chegar direitamente a Chantada. Ata alí había que chegar nacesariamente por camiños de ferradura.

A necesidade dunha estrada que enlazase Cartelos con Brigos a través de Santa Eugenia e Santa Cruz era compartida por todos. O empeño que os veciños daquela contorna, capitaneados polo entón cura párroco de Santa Eugenia, puxeron en alertar ás autoridades locais e aos medios de comunicación danos idea esta nova.

Todos os veciños fixeron posible aos poucos anos completar os catro quilómetros que faltaban:
