24-03-2021
A XURISDICCIÓN DA TERRA DE LEMOS NO ANTIGUO RÉXIMEN:
Na nosa anterior páxina sobre a Terra de Lemos durante o Antigo Réximen (séculos XVI-XVIII) viamos que Sebastián Miñano no seu “Diccionario Geográfico-Estadístico de España y Portugal” de 1826, sinalaba que o val de Lemos estaba «comprendido dentro del ángulo que se forma por la confluencia del Sil y el Miño, y una línea tirada desde la Barca de Pincelo en la feligresía de San Vitorio, siguiendo por encima de Villacaiz, cruzando luego la jurisdicción de Paradela, bajando de Cerbela y continuando hasta el río…”. (supoñemos que se refería ó Lor).
Nos non nos imos desviar moito desta delimitación, xa que por razóns prácticas imos considerar a demarcación da Terra de Lemos tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Monforte de Lemos, O Saviñao, Bóveda, Puebla del Brollón, Pantón e Sober). O motivo é que se estudiamos directamente as antiguas xurisdiccións unha por unha ou descendemos a nivel dos actuales concellos resultaría moi complicado comprender a sua realidade como conxunto dada a división e dispersión do territorio galego.

Comprendía a Terra de Lemos 41 xurisdicións e cotos redondos, que en conxunto ocupaban unha superficie de 926 Km2., sendo as xurisdicións de maior extensión as de Brollón e Saviñao, que pasaban dos 100 Km2., mentras que os cotos redondos máis pequenos non superaban as 100 Has. de extensión:

AS XURISDICCIÓNS DA TERRA DE LEMOS NO ANTIGUO RÉXIMEN:
XURISDICCIÓN | NUM.FELIG. | SUP.KM2. |
BROLLON, INCLUÍDOS OS COTOS DE FROJENDE (VILAMARÍN), POL Y CINSA (BAAMORTO), HAYAZ (OUSENDE) E A RAÍÑA (MARTÍN). | 29 | 268 |
SAVIÑAO, INCLUÍDOS OS COTOS DE SOBREDA Y ORFAÍNZA (SOBREDA), BUJÁN (LOUREDO) E PORTOMEÑE (REIRIZ). | 17 | 106 |
COTO NUEVO | 15 | 105 |
MOREDA, INCLUÍDO O COTO DE TOLDAOS (FERREIRA). | 24 | 92 |
COTO VIEJO | 14 | 72 |
SOMOZA MAYOR DE LEMOS | 7 | 45 |
INCIO Y BROZA | 1 | 19 |
COTO DE ATAN Y VILAR ORTELLE | 2 | 18 |
COTO DE POMBEIRO | 1 | 18 |
MONFORTE DE LEMOS | 1 | 17 |
CHANTADA | 2 | 16 |
EIRE | 1 | 15 |
COTO DE GUNTÍN Y CANEDO | 3 | 12 |
SOBER | 3 | 11 |
COTO DE TOIRIZ | 1 | 10 |
COTO DE CEREIJA | 1 | 9 |
COTO DE FRONTON | 1 | 9 |
COTO DE SOBREDA | 1 | 8 |
TOR | 2 | 8 |
COTO DE SINDRÁN | 1 | 7 |
COTO DE ABOIME | 1 | 7 |
COTO DE AMANDI | 1 | 7 |
COTO DE DIOMONDI | 1 | 6 |
COTO DE VER | 1 | 6 |
COTO DE BOVEDA | 1 | 6 |
COTO DE LOBIOS | 1 | 6 |
COTO DE DOADE | 1 | 6 |
COTO DE TOLDAOS | 1 | 4 |
COTO DE VILLALPAPE | 1 | 4 |
QUIROGA | 1 | 4 |
COTO DE VILLA SANTE | 1 | 3 |
COTO DE VALVERDE | 1 | 3 |
COTO DE ACOBA | 1 | 2 |
TOTALES | 140 | 926 |
A grandes liñas pódese dicir que a Terra de Lemos era de dominio exclusivo dos condes do mismo nome, ainda que esto temos que matizalo por ter que enfrentarnos a unha realidade moito máis complexa. Na terra de Lemos existía, como iremos vendo, o dominio principal dos condes de Lemos, pero o conde que tiña que convivir cos propietarios de unha vintena de cotos e xurisdiccións ben delimitados que escapaban ó control daquela casa por pertenecer a outros dominios xurisdiccionales distintos (ver imaxes 3 e 4). Por outro lado, nun 46% do territorio dos Lemos atopámonos con unha soberanía compartida (ver imaxe 5) entre os condes e outros estamentos, principalmente a iglesia, os propios veciños ou a pequena nobleza local:
COTOS
- Doade, do Mosteiro do Pino de Monforte
- Frontón, Jur. Ord. Mon. Rivas de Sil
- Amandi, do Cabildo de Lugo
- Lobios, San Payo de Santiago
- Acóba, da Catedral de Lugo
- Villa Sánte, do Marqués de Villasante
- Vér, do Obispo de Lugo
- Atán e Vilar de Ortelle, do Obispo de Lugo
- Coto de Cereija, do Obispo de Lugo
- Coto de Valverde, do monasterio de San Vicente
- Coto de Pombeiro, do monasterio de San Esteban
- Coto de Bóveda, do marqués de Viance
- Coto de Aboime, de Don Manuel Garza
- Coto de Guntín e Canedo, de Don Juan Gayoso
- Coto de Villalpape, de Don Joseph Saavedra
- Coto de Toiriz, de Don Juan Teixeiro y seis más
- Coto de Toldaos, do conde de Amarante
- Coto de Sindrán, do conde de Amarante
XURISDICCIÓS
- Tor, de Dona Josepha Garza y Quiroga
- Sober, do conde de Amarante
- Eiré, do Hospital de Santiago
- Barxa de Lor, da Encomienda de Quiroga
- Freán (Santa Cecilia) e Villaesteva (San Salvador),da Xurisdicción de Chantada e señorío da Marquesa de Astorga
- Sobreda (San Xoán), de Taboada e señorío do conde de Maceda
OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE LEMOS:
Co 82% do seu territorio, a Terra de Lemos estaba acaparada por a nobleza titulada (condes de Lemos, Amarante, Maceda, marquesa de Astorga, marqués de Viance, etc.), sendo o conde de Lemos co 76% o seu representante natural. Seguínalle a moita distancia a fidalguía local e o clero secular (5%), mentras que o clero regular e as órdenes militares non chegaban ó 5%:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2. | % |
NOBLEZA TITULADA | 118 | 763 | 82 |
HIDALGUIA | 8 | 51 | 5 |
CLERO SECULAR | 7 | 48 | 5 |
CLERO REGULAR | 5 | 41 | 4 |
ORDENES MILITARES | 2 | 23 | 2 |
TOTALES | 140 | 926 | 100 |

Con todo, o conde de Lemos sólo exercía pleno dominio sobre algo máis da mitade do seu territorio (unhos 384 Km2., un 54% ), xa que sobre o resto (317 Km2., un 46%) tiña a soberanía compartida con outros estamentos. Tal era o caso das xurisdiccións de Saviñao, Somoza Mayor de Lemos, Coto Nuevo e Brollón -niste caso por tratarse dun dominio tradicional de realengo que foi asumido por os veciños ou adxudicado ó conde de Lemos por necesidades económicas da Corona-.
OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE LEMOS:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2. | % |
CONDE DE LEMOS | 106 | 701 | 76 |
OBISPO DE LUGO | 5 | 39 | 4 |
ENCOMIENDA DE QUIROGA | 2 | 23 | 2 |
CONDE DE AMARANTE | 5 | 22 | 2 |
MONASTERIO DE SAN ESTEVAN | 1 | 18 | 2 |
MARQUESA DE ASTORGA | 2 | 16 | 2 |
HOSPITAL DE SANTIAGO | 1 | 15 | 2 |
DON JOAQUIN TEIXEYRO | 1 | 10 | 1 |
MONASTERIO RIBAS DE SIL | 1 | 9 | 1 |
DON JUAN DE GAYÓSO | 2 | 8 | 1 |
CONDE DE MACEDA | 1 | 8 | 1 |
DOÑA JOSEPHA GARZA Y QUIROGA | 2 | 8 | 1 |
DON MANUEL GARZA | 1 | 7 | 1 |
CABILDO DE LUGO | 1 | 7 | 1 |
MARQUES DE VIANCE | 1 | 6 | 1 |
MONASTERIO DE SAN PAYO | 1 | 6 | 1 |
MONASTERIO DEL PINO | 1 | 6 | 1 |
CONDE DE ALTAMIRA | 1 | 4 | 0 |
DON JOSEPH SAAVEDRA | 1 | 4 | 0 |
DON AGUSTÍN MONTENEGRO | 1 | 4 | 0 |
MARQUES DE VILLASANTE | 1 | 3 | 0 |
MONASTERIO SAN VICENTE | 1 | 3 | 0 |
CATEDRAL DE LUGO | 1 | 2 | 0 |
TOTALES | 140 | 926 | 100 |

Se analizamos os dominios señoriales da Terra de Lemos por estamentos confirmamos que a NOBREZA TITULADA ostentaba o dominio sobre o 82% do territorio de Lemos, que era acaparado na casi sua totalidade por o conde de Lemos, (o 76% do territorio, con 106 freguesías e 701 Kms2.), ainda que como levamos dito o dominio completo sólo o exercía sobre algo máis da mitade dos seus dominios (un 54%). A moita maior distancia aparecía o Conde de Amarante , que exercía o seu dominio sobre 5 freguesías con unha superficie menor (22 Km2.), que sólo representaba o 2% do territorio total de Lemos (xurisdicción de Sober e cotos de Sindrán e Toldaos). En Terceiro lugar a marquesa de Astorga, señora natural das freguesías de Freán e Villaesteva, enclaves que pertenecían a Xurisdicción de Chantada, ainda que representaba sólo o 2% do territorio de Lemos. O conde de Maceda controlaba o coto de Sobreda, que non chegaba as 800 Has. de superficie e non supoñía máis que o 1% do total do territorio de Lemos. O conde de Altamira, aparecía xunto ca familia Gayoso como cotitular do coto de Guntín y Canedo, de unhas 400 Has. de extensión e, finalmente o marqués de Villasante, con pouco máis de 300 Has., no coto do mismo nome, lugar onde se ubicaba a capital do actual concello de O Saviñao (Escairón).
A gran distancia da nobleza titulada atopábase a FIDALGUÍA, que estaba presente en 8 freguesías que ocupaban unha superficie de 51 Km2. (5.100 Has.), en torno ó 8% do territorio. Comprendía as xurisdicciós de Eiré, de unhas 1.500 Has. (dominio do Hospital de Santiago), Tor, de unhas 751 Has. (de Doña Josepha Garza y Quiroga), e os cotos de Villalpape, de algo menos de 375 Has. (de Don Joseph Saavedra), Abuime, de unhas 700 Has. (compartido por Don Manuel Garza, Don Benito de Prado e Doña Josefa Pardo), parte do coto de Guntín y Canedo, de algo máis de 800 Has., de titularidade de Don Juan Gayoso e finalmente o coto de Toiriz, de unhas 950 Has. e de dominio compartido por sete titulares daquela xurisdicción (Don Joaquín Teixeyro, Don Matías Bernardo Quiroga, Don Manuel Mariano Quiroga e catro máis).
Outros membros da fidalguía local estaban presentes en todo o territorio de Lemos, pero compartían o dominio con outros estamentos, como era o caso das freguesías de Tuimil e Teilán (xurisdicción de Somoza Mayor de Lemos) compartido entre Don Agustín Saco e o conde de Lemos; Louredo (Saviñao), entre Don Joseph Benito Páramo e o conde de Lemos; Baamorto e O Chao de Fabeiro (Brollón), de Don Joseph Gabriel Losada e o conde de Lemos; coto de Sobreda, de Don Pedro Somoza co conde de Maceda e, finalmente, Reiriz (Saviñao), do marqués de Viance co conde de Lemos.
O CLERO SECULAR exercía o seu dominio sobre seis cotos que en conxunto ocupaban unha superficie de 48 Km2. (4.800 Has.), e viñan a supoñer un 5% do total da superficie da terra de Lemos. Ó obispo de Lugo pertenecíanlle os cotos de Atán e Vilar de Ortelle (actual concello de Pantón), de 1.850 Has.; Ver (actual concello de Bóveda), de 595 Has.; Diomondi (actual concello de O Saviñao), de 606 Has. e Cereija (actual concello da Pobra do Brollón), de 887 Has.. Á catedral de Lugo pertenecíalle o coto de Acoba (actual concello de O Saviñao), de 216 Has. e, por último, ó cabildo de Lugo o coto de Amandi (actual concello de Sober), de 656 Has.
O CLERO REGULAR ostentaba o seu dominio sobre cinco cotos que representaban o 4% do territorio, e que sumaban unha superficie total de 41 Km2 (4.100 Has.). En primeiro lugar atopábase o coto de Pombeiro, de 1.814 Has. (actual concello de Pantón) de dominio do mosteiro de San Esteban; coto de Lobios, de 575 Has.(concello actual de Sober), do mosteiro de San Payo de Santiago; o coto de Doade, de 552 Has. (actual concello de Sober), do mosteiro do Pino de Monforte; o coto de Frontón (859 Has.), do mosteiro de Ribas de Sil e, finalmente, o coto de Valverde (296 Has.) do actual concello de Monforte de Lemos e de dominio do mosteiro de San Vicente.
As ÓRDENES MILITARES tiñan unha representación testemuñal na comarca de Lemos, xa que as suas posesiós representaban sólo o 2% do territorio de Lemos. Comprendían as xurisdicciós de Incio y Broza e Quiroga. A primeira xurisdicción, de 1908 Has. (freguesía de Broza), estaba situada no actual concello de O Saviñao e a segunda (366 Has.) na freguesía de Barxa de Lor (actual concello de a Pobra do Brollón), en ambos os casos pertenecían á encomenda de Quiroga.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.