12 Nov. 2020
As sete provincias do Antiguo Reino de Galicia tiñan unha configuración muy distinta das actuales catro provincias (mapa 1). A parte Sur da provincia de Lugo comprendía as comarcas de Dozón, Camba e Deza, que na actualidade pertenecen á provincia de Pontevedra, e por contra a terra de Quiroga, na actualidade da provincia de Lugo, pertenecía á provincia de Ourense ver. Existían outras pequenas diferencias como as que afectaban ás freguesías de San Salvador e Santa Baia de Búbal, Marzás, Santa María de Temes e San Romao de Campos que na actualidade forman parte do concello de Carballedo (Lugo) e antes pertenecían á xurisdicción da Peroxa (Ourense) ver:
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE CHANTADA:
Ainda que imos analizar aquí o territorio histórico de Chantada durante o Antiguo Réximen (séculos XVI-XVIII), por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Chantada, Taboada e Carballedo) (mapa 2). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou as circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de representar e de comprender dado o seu elevado número e dispersión no territorio:
A terra de Chantada estaba situada na parte meridional da antigua provincia de Lugo. Comprendía 19 xurisdicións, das que 8 eran considerados cotos redondos. Todo este territorio no seu conxunto sumaba un total de 442 Km2. A xurisdicción máis extensa era a propia da capitalidade que abarcaba un territorio de 149 Km2. (14.900 Has.) de extensión (ver mapa 3), seguidas por as de Taboada, parte das de Monterroso e Oseira, e por a xurisdicción de Villar. Seguían outras de tamaño intermedio -Amarante, Quinzán do Carballo, Muradelle- hasta finalizar coas de menor tamaño -cotos de Castro, «Soto y Veiga» ou «Sotariz y Pincelo»-, con menos de 100 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
CHANTADA | 149 |
TABOADA | 66 |
MONTERROSO | 38 |
OSEIRA | 36 |
VILLAR | 31 |
CHOUZAN | 25 |
ASMA | 23 |
AMARANTE | 21 |
QUINZAN DO CARBALLO | 10 |
MURADELLE | 9 |
VILLAQUINTE | 7 |
COTO DE CASTRO | 7 |
COTO DE BRIGOS | 6 |
COTO DE MERLAN | 5 |
COTO DE OLEIROS | 5 |
COTO DE CARTELOS | 3 |
COTO DE SOTO Y VEIGA | 1 |
COTO DE SOTARIZ Y PINCELO | 1 |
COTO DE CARBALLEDO | 1 |
TOTALES | 44.170 |
OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE CHANTADA:
O dominio señorial da Terra de Chantada estaba acaparado por a nobleza titulada (70% do territorio) que destacaba con moita diferencia sobre clero regular (20%) e sobre a fidalguía (9%). O clero secular sólo detentaba o 1% restante:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP. HAS. | % |
NOBLEZA TITULADA | 57 | 31.094 | 70 |
CLERO REGULAR | 16 | 8.704 | 20 |
HIDALGUIA | 8 | 3.715 | 9 |
CLERO SECULAR | 1 | 657 | 1 |
TOTAL | 44.170 | 100 |
Se nos paramos a analizar os datos por estamentos ou clases sociales, vemos que os dominios da NOBLEZA TITULADA ocupaban o primeiro lugar en relación cos demáis estamentos con 609 Km2. (60.900 Has.) de extensión, correspondente ao 70% do territorio de toda a comarca de Chantada. O seu principal representante era a marquesa de Astorga, señora de Chantada, que controlaba o 32% do territorio con máis de 14.000 Has. e 26 feligresías; o conde de Maceda, señor de Taboada, que exercía o seu dominio sobre algo máis do 14% do territorio, equivalente a unas 6.000 Has.; a maior distancia xa aparecía o conde de Monterrey co seu dominio sobre o 9% do territorio -terras de Xián- e o conde de la Vega, señor da terra de Villar, sobre un 6% (3000 Has.). O CLERO REGULAR ( 8.700 Has., 20% do territorio) estaba representado en primeiro lugar por o mosteiro de Oseira, que extendía o seu dominio sobre algo máis de 4.000 Has.(9% do territorio) situadas nas freguesías limítrofes coa provincia de Ourense; o mosteiro de San Payo de Antealtares sobre as terras ribeirás de Chouzán (2.300 Has.) e o convento de San Salvador de Asma sobre as freguesías do entorno da capital comarcal. A FIDALGUÍA dominaba o 9% do territorio, con cerca de 4.000 Has., con una superficie media de unas 500 Has. (ver mapa 4). O CLERO SECULAR (arcediano de Castro) exercía o seu dominio sobre o coto do mismo nombre.
SEÑORÍO | NUM. FELIG. | SUP. HAS. | % |
MARQUESA DE ASTORGA | 26 | 14.133 | 32 |
CONDE DE MACEDA | 12 | 6.105 | 14 |
OSEIRA | 7 | 4.103 | 9 |
CONDE DE MONTERREY | 7 | 3.828 | 9 |
CONDE DE LA VEGA | 6 | 2.819 | 6 |
MONASTERIO DE SAN PAYO | 3 | 2.338 | 5 |
ASMA | 6 | 2.263 | 5 |
CONDE DE AMARANTE | 1 | 2.129 | 5 |
DON MELCHOR DE CAMBA | 2 | 961 | 2 |
MARQUESA DE PARGA | 2 | 899 | 2 |
CONDE DE MOCTEZUMA | 2 | 878 | 2 |
DON FERNANDO MIRANDA | 1 | 718 | 2 |
ARCEDIANO DE CASTRO | 1 | 657 | 1 |
DON BENITO BOAN | 1 | 603 | 1 |
DON PEDRO RAMON QUIROGA | 1 | 500 | 1 |
DON CARLOS MONTENEGRO | 1 | 477 | 1 |
DON BENITO DE THEMES | 1 | 323 | 1 |
CONDE DE LA VEGA Y ASMA | 1 | 303 | 1 |
SENOR DE ERBEDEIRO | 1 | 133 | 0 |
TOTALES | 82 | 44.170 | 100 |
OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE CHANTADA POR CONCELLOS:
Tomando como base os actuales concellos da comarca de Chantada, a situación do seu territorio no Antiguo Réximen era a siguiente:
Concello de Chantada:
Desde o punto de vista da dependencia señorial, pódese decir que a maior parte do actual concello de Chantada era de dominio da marquesa de Astorga (ver mapa 4). Seguíanlle en importancia o mosteiro de Oseira -freguesías de Esmoriz e de Santa Eugénia- e o convento de San Salvador de Asma coas parroquias de Asma (San Salvador), Belesar, Mouricios, Santiago da Riba, Camporramiro e Pereira, xunto cos Cotos de Soutariz e Pincelo (A Sariña) e de Soto e Veiga (Nogueira), o primeiro compartido entre a marquesa de Parga e o cabildo de Lugo, e o segundo pertencente ó señorío do Mosteiro de San Salvador de Asma.
A parroquia de Vilauxe, que comprendía tamén a actual parroquia da Sariña (antes chamada San Vicente de Vilauxe e separada posteriormente) pertenecía ó señorío da Marquesa de Parga xunto co coto redondo de A Sariña e Pincelo -compartido co cabildo de Lugo-.
Pertenecía á Xurisdicción de Villar, e por tanto ó señorío do conde de La Vega, as actuais parroquias chantadinas de Veiga e Pedrafita.
Pertenecía ó conde de Moctezuma a xurisdicción de Muradelle, que comprendía as actuais parroquias de Muradelle e Sta. Cruz de Viana.
Pertenecían á Xurisdicción de Oseira, e por tanto ó señorío de dito Mosteiro as duas parroquias chantadinas de Santa Uxía (Eugénia) de Asma e de Esmoríz.
Os cotos de Brigos e Merlán pertenecían a Don Benito Boán e a Don Pedro Ramón Quiroga, respeitivamente.
O coto de Carballedo (Sabadelle) era dominio de Dª Josefa de Lemos e, por último, o territorio da actual freguesía de San Xoán de Laxe (Soane), estaba incluída na xurisdicción de Taboada, e por tanto pertencía ó conde de Maceda.
Concello de Taboada.- A parte Norte do actual concello de Taboada comprendía as xurisdiccións de Amarante (freguesía de Xián) e de Monterroso (Insua, Arxiz, Vilameñe, Vilar de Cabalos, Meixonfío, Mourulle e San Xian de Insua); a parte central da propia Xurisdicción de Taboada pertencía ao conde de Maceda e a Don Carlos Montenegro -freguesía de Moreda-; e finalmente a parte sur que comprendía a xurisdicción de Villar, dominio do conde de la Vega, ainda que a freguesía de Cicillón estaba compartaida co mosteiro de San Salvador de Asma- e a xurisdicción de Quizán de Carballo, que era do dominio de Don Melchor de Camba -coa excepción da parte Norte do núcleo de Susá que era propia de Don Antonio Quiroga (mapa 4).
Concello de Carballedo.- O actual concello de Carballedo comprendía as antigas xurisdicciós do Coto de Cartelos -de Don Benito de Themes-, Coto de Castro -do arcediano do mismo nome-, Chouzán -do mosteiro de San Payo-, Coto de Oleiros -propio do mosteiro de Oseira-, Oseira -freguesías de Furco, Sta. Mariña do Castro e Santa Cristina-, e Vilaquinte, de don Fernando Miranda (mapa 4).
Hay que subliñar que coa nova división territorial en provincias de 1833, parte da xurisdicción ourensana da A Peroxa (parroquias de Campos, Marzás, Santa Baia e San Salvador de Búbal) pasou a pertencer ó novo concello de Carballedo, todo elo para compensar a perda da xurisdicción de Deza que pasou de pertencer da provincia de Lugo á de Pontevedra. Asimesmo hay que sinalar que coa nova división do territorio en concellos, parte da xurisdicción de Chantada (unhas 4.400 Hs. e cerca de un 25% do seu territorio) pasaría a formar parte do novo concello de Carballedo -freguesías de Pradeda, Milleirós, Lobelle, Santiago de Lousada, San Mamede de Lousada, Carballedo, Buciños e Erbedeiro-.
A SUPRESIÓN DAS XURISDICCIÓS E A NOVA DIVISIÓN TERRITORIAL:
Como acabamos de ver na comarca de Chantada, no Antigo Réximen (séculos XVI ao XVIII) non existíanos partidos xudiciales tal como os coñecemos na actualide, senón que eran os señores xurisdiccionais quenes exercían o seu dominio señorial e administraban xusticia sobre un determinado territorio, que constituía a súa xurisdición.
Este dominio exercíase sempre en nome do Rei, e o señor xurisdicional percibía os distintos dereitos señoriais e tributos de diversa índole. Ó señor xurisdiccional correspondíalle o nomeamento de cargos administrativos ou xudiciais, ben foran xuíces, alcaldes maiores, correxidores, etc., que tiñan unha función administrativa e máis xudicial (non existía a actual división de poderes en ejecutivo, lexislativo e xudicial).
Coa supresión dos señoríos xurisdiccionais en 1811 polas Cortes de Cádiz iníciase un período de transición ver en que os señores loitan nos tribunais para demostrar que as rentas que percibían non eran señoriales senon contractuales -o que demoraría a supresión das xurisdicciós- polo que non se produciría a implantación dos novos partidos xudiciáis ata 1834, cando xa pasaran 23 anos desde a supresión dos señoríos, e un ano despóis de división de España en provincias (1833). Esta división en partidos xudiciais e a que, con algunhas variaciós, vai perdurar hasta hoxe como se pode ver no seguinte mapa:

FONTES:
Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.