Quiroga, A Terra de

13-11-2017

AS XURISDICIÓS DA TERRA DE QUIROGA NO ANTIGUO RÉXIMEN:

Imos analizar a situación administrativa das Terras de Quiroga no Antigo Réximen (séculos XVI-XVIII) tendo en conta que naquela época Quiroga pertenecía á provincia de Ourense, e que tras a creaciós por o réximen liberal do século XIX das provincias e concellos actuais , a sua extensión ven a coincidir coa da comarca moderna oficial (concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso de Caurel).

Quiroga

Comprendía a Terra de Quiroga 8 xurisdicións e un coto redondo (+información), que ocupaban en conxunto unha superficie de 579 Km2, sendo as de maior extensión as xurisdicciós de Quiroga e O Caurel, que excedían dos 100 Km2. de extensión, sendo por contra o coto de Torbeo e a xurisdicción de Peytes as de menor extensión ao non superar as 1.500 Has.:

JURISDICC SUP. KM2
QUIROGA 236
CAUREL 170
SEARA 38
MONTEFURADO 35
SAN CLODIO DEL SIL 30
VALDEORRAS 24
VISUÑA 21
TORBEO 14
PEYTES 11
TOTAL 579
Quiroga_jur_diss
As xurisdicciós da Terra de Quiroga no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE QUIROGA:

Máis da mitade de toda a superficie ta terra de Quiroga era de dominio señorial das órdenes militares (53%), correspondendo o 29% ás terras de realengo, o 7% á nobleza titulada, o 6% á fidalguía e o 5% ó clero secular:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
ORDENES MILITARES 22 306 53
REALENGO 7 170 29
NOBLEZA TITULADA 2 38 7
HIDALGUIA 3 35 6
CLERO SECULAR 4 30 5
TOTAL 38 579 100

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar a Encomienda de Quiroga, que exercía o seu dominio señorial sobre 285 Km2.(28.500 Has.), seguido por Su Majestad con máis de 170 Km2. (unhas 17.000 Has.) de terras de realengo, e por Don Joseph Quiroga, por «su párroco», o conde de Ribadavia, a Encomienda de La Barra e o conde de Lemos:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2
ENCOMIENDA DE QUIROGA 20 285
SU MAJESTAD 7 170
DON JOSEPH QUIROGA 3 35
POR SU PARROCO 4 30
CONDE DE RIBADAVIA 1 24
ENCOMIENDA DE LA BARRA 2 21
CONDE DE LEMOS 1 14
TOTALES 38 579
Quiroga_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Quiroga.

Por estamentos, as ÓRDENES MILITARES controlaban o 53% do territorio, con un total de 306 Km2. de extensión e 22 feligresías. A Encomienda de Quiroga (285 Km2. e 20 feligresías) ocupaba toda a parte central en torno á capital (xurisdicciós de Peytes, Quiroga e Seara), e a Encomienda de La Barra exercía o seu dominio sobre 2.100 Has. e duas feligresías na xurisdicción de Visuña, actual concello de Folgoso de Caurel.

As terras de REALENGO ocupaban toda a parte montañosa noroeste da comarca, cubrindo o 29% do seu territorio, con 170 Km2. e 7 feligresías da xurisdicción de Caurel.

A NOBLEZA TITULADA controlaba o 7% da superficie de Quiroga, con unhas 3.800 Has. de dominio señorial nas xurisdicciós de Valdeorras (Conde de Ribadavia) e coto de Corbeo (o seu párroco compartido co conde de Lemos).

A FIDALGUÍA por a sua parte estaba presente no 6% de territorio, con unhas 3.500 Hectáreas e tres feligresías. O único representante era Don Joseph Quiroga que exercía o seu señorío en tres feligresías da xurisdicción de Montefurado, nunha delas compartida con Doña Gertrudis Uría.

Finalmente, o CLERO SECULAR controlaba en torno o 5% do territorio, con 3.000 Has. de superficie e 4 feligresías na xurisdicción de San Clodio de Ribas de Sil.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

 

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: