Os dominios do mosteiro de Oseira


O mosteiro de Oseira hoxe

Como levamos dito na páxina adicada ó Antigo Réximen, os dominios señoriais do Mosteiro de Oseira, entendendo como tales aquiles sobre os que según o Censo de Floridablanca (1) tiña a xurisdicción eclasiástica ou señorial, e por tanto sin ter en conta aquelas as posesiós territoriais das cales o mosteiro tiña o dominio directo das mismas tuvesen ou non prestaciós de tipo señorial, abarcaban xa desde a Idade Media unha importante extensión de territorio no interior de Galicia, que comprendía gran parte do Noroeste da provincia de Ourense e do Sur-Oeste da de Lugo.

https://picasaweb.google.com/lh/photo/qcQnC1vZHKcq8b-s0b0ARNMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlinkOseira#5861500321111580546
En amarillo, os dominios do mosteiro de Oseira.

 

OS DOMINIOS DO MOSTEIRO DE OSEIRA:

Na Provincia de Lugo os dominios de Oseira comprendían os cotos de Olleros (do actual municipio de Carballedo) e Salto (hoxe no concello de Rodeiro, provincia de Pontevedra), este último administrado por o Priorato de Salto dependente da abadía de Oseira.Tamén lle pertenecían xurisdiccionalmente as parroquias de Aguada (administrada desde o priorato do mismo nome), Furco, Santa Cristina, Santa Mariña do Castro (todas do actual concello de Carballedo), ademáis das de Santa Uxía de Asma e Esmoriz (concello de Chantada), todas elas controladas por o Priorato de Furco.

https://picasaweb.google.com/lh/photo/5D4QLk6h0niWwbala3yh0NMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlinkseira#5861535970671586450
Os dominios territoriais na Terra de Chantada (Fonte, Ramón Villares).

Na provincia de Ourense, ademáis da xurisdicción de Oseira,  comprendía os dominios da xurisdicción de Partovia, e os cotos de Arrabaldo, Lueda e Prado de Miño.

Na provincia de Pontevedra (antigua provincia de Santiago), mantiña a importante xurisdicción de Marín, que surtía de pescado a todo o mosteiro.

Pero as propiedades de terras, xa foran aforadas a terceiros ou ben arrendadas, explotadas direitamente ou tamén levadas por “caseiros” eran muy nomerosas. Basta examinar o mapa adxunto, publicado por Ramón Villares na sua obra “La Propiedad de la tierra en Galicia” (2) para darnos unha idea de magnitude das propiedades do mosteiro de Oseira nos concellos de Chantada e Carballedo. Para más claridade, ó mapa de Ramón Villares superpuxéronselle os límites das parroquias chantadinas. Como se pode observar no mapa, as propiedades do mosteiro iban máis alá das parroquias que tiña xurisdicción, xa que se extendían por as de Laxe, Requeixo, Esmeriz, Bermún, Cartelos, etc.

NOTAS:
(1) Para elaborar o mapa adxunto utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1787 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos. 1785. Par algunhas lagunas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino. Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la ensenada en la provincia de Orense.-1985.
(2) Ramón Villares.- La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: