Celanova, Terra de

29-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE CELANOVA:

Imos analizar aquí a Terra de Celanova durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Cartelle, A Merca, Gomesende, Ramirás, Celanova, A Bola, Pontedeva, Padrenda, Quintela de Leirado e Verea). O motivo é que se representamos directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:

Celanova

A comarca do Celanova estaba situada na parte meridional da rexión galega, na fronteira con Portugal, e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Ourense. Comprendía 18  xurisdicións e 10 cotos redondos, que sumaban en conxunto una superficie de 507 Km2. As xurisdiccións de Milmanda e Celanova eran as máis extensas xa que superaban os 100 Km2. (10.000 Has.), mentras que había moitos cotos redondos que non superaban as 500 Has.:

 

XURISDICCIÓN SUP. KM2
CELANOVA 112
MILMANDA 106
SANDE 41
COTO DE CARTELLE 23
ESPINOSO 20
COTO DE FEARDOS 18
PAIZAS Y ENCOMUIÑA 16
RAMIRANES 15
COTO DE QUINTELA Y LEIRADO 15
SOBRADO DEL OBISPO 15
CELME 13
VILLANUEVA INFANTES 13
SABUCEDO DE MONTES 12
CARBALLO DE VEREA 11
VILLARIÑO DO CAMPO 10
COTO DE BERREDO 9
COTO DE SAN JORGE ACEVEDO 8
FORXAN 8
PROENTE Y FARAMONTAOS 8
COTO DE PAYO MUÑIZ 6
COTO DE S.PEDRO DE A MEZQUITA 5
SORGA 5
ALLARIZ 4
FRUIME Y VILLAVERDE 4
COTO DE SAN MUNIO DE VEYGA 4
ENTRAMBOS RIOS 3
COTO DE COUGIL Y COUGILIÑO 2
COTO DE LOBANES 1
TOTAL 507
Celanova_jur_diss
As xurisdicciós da Terra de Celanova durante o Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE CELANOVA:

Co 42% do territorio, a nobleza titulada acaparaba a maioría dos dominios señoriales na terra de Celanova. Seguíaalle co 38% o clero regular e, a moita máis distancia, o clero secular, a fidalguía e as órdenes militares:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 39 213 42
CLERO REGULAR 35 193 38
CLERO SECULAR 6 44 9
HIDALGUIA 7 30 6
ORDENES MILITARES 3 27 5
TOTAL 90 507 100

Os maiores posuidores eran o mosteiro de Celanova, que controlaba o 35% do territorio, seguido por o marqués de Malpica co 26%. O resto dos dominios eran moito máis modestos e, como decimos, en moitos casos non superaban as 500 Has.:

SEÑORÍO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
MONASTERIO DE CELANOVA 31 177 35
MARQUES DE MALPICA 21 133 26
CONDE DE MONTERREY 10 38 7
OBISPO DE ORENSE 4 27 5
ENCOMIENDA DE QUIROGA 2 23 5
MONASTERIO DE SAN PAYO 4 16 3
CONDE DE MOCTEZUMA 2 13 3
CABILDO DE ORENSE 1 12 2
MARQUES DE VIANCE 1 11 2
CONDE DE MACEDA 3 10 2
DON JOSEPH LOSADA 2 9 2
DON MANUEL MOSQUERA 1 6 1
MARQUES DE ARANDA 1 6 1
DON JOSEPH SOTELO 1 5 1
OBISPO DE VALLADOLID 1 5 1
ENCOMIENDA DE SAN MARCOS DE LE 1 4 1
JUAN ENRIQUEZ 1 4 1
DON DIEGO DE SIERRA 1 3 1
DON SANCHO DE NEYRA 1 3 1
CONDE DE TRONCOSO 1 2 0
TOTALES 90 507 100
Celanova_sen_diss
Os dominios señoriales na Terra de Celanova no Antiguo Réximen.

Por estamentos, a NOBLEZA TITULADA cosiderada en conxunto controlaba a maior parte do territorio da terra de Celanova xa que era poseedora do 42% do territorio, con 213 Km2. de extensión e 39 feligresías. O seu máximo representante era o marqués de Malpica que con 133 Km2. e 21 feligresías acaparaba unha parte sustancial do territorio, xa que controlaba vila e  xurisdicción de Milmanda (parte dos actuais concellos de Gomesende, Celanova, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado e Ramirás); unha parte da xurisdicción de Allariz (parroquia de Corvillón, no actual concello da Merca) e os cotos de «San Jorge Acevedo» e «Quintela y Leyrado». Seguíalle en importancia o conde de Monterrey, que exercía a sua autoridade sobre 38 Km2 (3.800 Has.) de 10 feligresías das xurisdicciós de Espinosa (actual concello de Cartelle); o coto de San Pedro de A Mezquita (A Merca);  e a vila e xurisdicción de Villanueva de los Infantes. O conde de Moctezuma controlaba 1.300 Has. de dúas feligresías na xurisdicción de Celme (actual concello de Verea); o marqués de Viance, 1.100 Has na xurisdicción e feligresía de Carballo de Verea, niste caso compartída co conde de San Román e Don Ramón Regente; o conde de Maceda 1.000 Has. en tres feligresías da xurisdicción de Villarino do Campo; o marqués de Aranda era o señor directo das 600 Has. do coto de Payo Muñiz (actual concello de A Merca) e finalmente o conde de Troncoso exercía o seu dominio sobre 200 Has. no coto de Cougil e Cougiliño, no actual concello de Cartelle.

O CLERO REGULAR, que co 38% do territorio, 193 Km2. de superficie e 35 feligresías, controlaba tamén unha gran parte da terra de Celanova. Estaba representado en primeiro lugar por o mosteiro de Celanova que exercía o seo dominio sobre 31 feligresías das xurisdiccións de Celanova, Forxán, «Paizás y Encomuiña», e Sande. Seguíalle o mosteiro de San Payo, señor do coto de Lobás e das tres feligresías da xurisdicción de «Ramiranes».

O CLERO SECULAR tiña presencia no 9% do territorio, que sumaba un total de 44 Km2. e 6 feligresías. Estaba representado en primeiro lugar por o obispo de Orense, señor xurisdiccional de Sobrado del Obispo e do coto de Feardós (actual concello de Gomesende); o obispo de Valladolid rexía xurisdiccionalmente «Proende y Faramontaos» (A Merca) compartida con Don Sancho de Neyra, e o cabildo de Orense Sabucedo de Montes (actual concello de Cartelle), tamén compartida co mosteiro de Montederramo e o marqués de Aranda.

A FIDALGUÍA controlaba o 6% do territorio, que se traducía en 30 Km2. e 7 feligresías. Don Diego de la Sierra exercía o seu dominio sobre a xurisdicción e feligresía de Entrambos Ríos (actual concello de A Merca); Don Joseph Losada no coto de Berredo (A Bola); Don Joseph Sotelo na xurisdicción e feligresía de Sorga (A Bola), compartida con Don Pedro Feixoo; Don Manuel Mosquera en unha parte da xurisdicciónn de Sobrado del Obispo; Don Sancho de Neyra en «Proente y Faramontaos» (actual concello de A Merca) e, por último, Don Juan Enríquez na xurisdicción de «Fruime y Villaverde» (tamén no actual concello de A Bola), compartida con outros membros da fidalguía.

Por último señalar que as ORDENES MILITARES tiñan unha presencia notable na zona xa que controlaban o 5% da terra de Celanova, que sumaba unha superficie de 27 Km2. en duas feligresías do coto de Cartelle, a cargo da encomienda de Quiroga, e na feligresía e coto de San Munio de Veiga (A Bola), de xurisdicción da encomienda de San Marcos de León.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: