A Coruña (provincia) no Antiguo Réximen

A actual provincia da Coruña fórmase coas antigas provincias da Coruña e Betanzos, e a parte norte do río Ulla, pertencente á antiga provincia de de Santiago.

CORUÑA_CONTORNO

A maior proporción de territorio sometido ó réximen señorial na antiga provincia da Coruña correspondía á Nobleza Titulada (41%), seguida do Realengo con un 32%.

Coruña_estam

A Fidalguía e o Clero Regular quedan nun segundo plano co 15% e o 13% respectivamente (ver cuadro).

DOMINIO FELIGRESÍAS HECTÁREAS %
NOBLEZA TITULADA 35 32.177 40,67
REALENGO 39 25.389 32,09
HIDALGUIA 14 11.568 14,62
CLERO REGULAR 8 9.983 12,62
TOTALES 96 79.117 100,00

Os dominios da Fidalguía están muy repartidos. Destaca doña Joaquina de Oca titular da xurisdicción de Herboedo (a cabalo entre os actuais concellos de Laracha, Carballo e Arteixo) con 6 freguesias e 4.000 Has. e Don Joseph Bermudez con as xurisdicciós de Moras e Montemayor, na misma comarca, con 2 freguesías e 3.500 Has. de territorio.Por estamentos, a Nobleza Titulada acapara a maior proporción do territorio, con un 41%, sendo os principales representantes o Conde del Grajal, con 9 freguesías e 12.000 Has. de territorio centrado na xurisdicción de Villarprego, que ocupaba o actual concello de Tordoia. Séguenlle a Marquesa de Astorga con 3 freguesías e 6.500 Has. nas Encrobas (Cerceda) e o Conde de Lemos con 14 freguesías e outras 6.500 Has. de territorio na xurisdicción de Miraflores (actuais concellos de Oleiros, Sada e Culleredo).

jur_coruna

As propiedades de Realengo supoñían un 32% do total do territorio, e ainda máis da población si temos en conta o carácter de realengo da capital. Os seus veciños tiñan o privilexio de estar exentos de direitos señoriales. Comprendía as duas xurisdicciós de A Coruña e Bergantiños e abarcaba a 39 freguesías dos actuais concellos de A Coruña, Abegondo, Arteixo, Cambre, Carballo, Carral,  Coristanco, Culleredo e Laracha.

Por último, por o que se refiere ó Clero regular sólo tiña presencia o Mosteiro de San Martín de Santiago, que posuía unhos dominios de certa importancia  nas xurisdicciós de Rus, Soandres e Cambre, con unha superficie en torno ás 10.000 Has.

Enlaces:

A Coruña

Ordes (antigua provincia de Santiago)

Bergantiños (antigua provincia de Santiago)

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: