24-11-2017
AS XURISDICIÓNS DE TABEIRÓS-TERRA DE MONTES:
Imos analizar aquí a Terra de Tabeirós-Terra de Montes durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de A Estrada, Forcarei e Cerdedo), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A comarca de Tabeirós-Terra de Montes estaba situada na zona interior occidental da rexión e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 8 xurisdicións que sumaban en conxunto una superficie de 526 Km2., sendo as xurisdiccións de Montes e Tabeirós as máis grandes por superar as 10.000 Has. de extención:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
MONTES | 247 |
TABEYROS | 136 |
VEA | 72 |
CODESEDA | 33 |
VISO | 20 |
CIRA | 10 |
VEGA | 4 |
OCA | 4 |
TOTAL | 526 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DE TABEIRÓS-TERRA DE MONTES:
Os principales dominios señoriales (ver señorío) de Tabeirós-Terra de Montes correspondían case exclusivamente ó clero secular, xa que ocupaba o 94% do seu territorio, seguido únicamento por a nobleza titulada, que non ocupaba máis co 6% do territorio restante:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CLERO SECULAR | 65 | 492 | 94 |
NOBLEZA TITULADA | 7 | 34 | 6 |
TOTAL | 72 | 526 | 100 |
Os máis grandes posuidores eran os representantes do clero secular, representados por o arrzobispo de Santiago e o cabildo de Santiago, que acaparaban o 87% e o 7% do territorio, seguidos a maior distancia por os representantes da nobleza titulada:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
ARZOBISPO DE SANTIAGO | 61 | 455 | 87 |
CABILDO DE SANTIAGO | 4 | 37 | 7 |
MARQUES DE ARANDA | 4 | 20 | 4 |
CONDE DE ALTAMIRA | 2 | 10 | 2 |
CONDE DE AMARANTE | 1 | 4 | 1 |
TOTALES | 72 | 526 | 100 |

Si agrupamos os dominios señoriales por estamentos, vemos que aparece como representantes do CLERO REGULAR de novo o arzobispo de Santiago, que exercía a sua autoridade sobre 61 feligresías das xurisdicciós de Montes, Tabeyrós e Vea, con 455 Km2., de extensión, que equivalían ó 87% da superficie total da comarca. A maior distancia aparecía o cabildo de Santiago, que controlaba 3.700 Has. das terras das xurisdicciós de Codeseda e Veiga (actual concello de A Estrada).
Seguíalle a NOBLEZA TITULADA, representada en primeiro lugar por o conde de Altamira, señor directo de unha superficie de unhas 1.000 Has. en dúas feligresías da xurisdicción de Cira (actual concello de A Estrada). Seguíalle o marqués de Aranda, señor de 2.000 Has. distribuídas en catro feligresías da xurisdicción do Viso (concello de A Estrada) e, finalmente, o conde de Amarante, titular de 400 Has. da xurisdicción de Oca (actual concello de A Estrada).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.