O INTERROGATORIO DO CATASTRO DE ENSENADA (II)

11-9-2015

A mediados do século XVIII deseñouse unha ambiciosa reforma fiscal que substituíse as complicadas e inxustas rendas provinciais por un só imposto chamado Única Contribución.
O Catastro de Ensenada é o paso previo ao devandito proxecto. Trátase da máis antiga e exhaustiva enquisa dispoñible sobre os pobos da Coroa de Castela. Foi realizada a mediados do século XVIII e constitúe tamén unha fonte inapreciable para coñecer a forma de vida da nosa terra.
Na a freguesía de Santa Eugenia a enquisa fixose no ano 1753, e igual ca nos demáis poblaciós de Castela, constaba de catro unidades documentais: Memoriais, Respostas Xerais, Libros de Cabeza de Casa e Libros dos Real (ou de Raíz).

MEMORIAL: Cada suxeito catastral debía cumprir e asinar unha relación cos seus datos persoais e os da súa familia, así como unha lista pormenorizada de todos os seus bens e rendas.

RESPOSTAS XERAIS: Era un interrogatorio formado por 40 preguntas. As Respostas Xerais de Santa Eugenia pódense consultar en O INTERROGATORIO DO CATASTRO DE ENSENADA niste mismo Sitio.

LIBRO DE CABEZA DE CASA: Chamados tamén Libros persoais, de familias, ou padróns. Conteñen a filiación de cada veciño cabeza de casa, co seu estado civil, idade, profesión, estamento, número de fillos, idade, e dedicación. Non adoitan dar os nomes dos fillos. Sepáranse os segrares dos eclesiásticos. Se relacionan a continuación os nomes, estado civil, idade e total de membros de cada casa de Santa Eugenia no devandito ano 1753:

Nome Estado Edade Total Indivíduos
Amaro Vazquez Casado 74 8
Andres Fernandez Casado 30 4
Antonio Boán Casado 66 8
Andrés Rodríguez Casado 36 5
Angel Gonzalez Casado 38 3
Andres Boan Casado 60 6
Antonio Rodriguez Casado 47 4
Antonio da Pousa Casado 34 5
Bartolomé Ledo Casado 50 7
Benito Fernandez Casado 30 8
Gregorio Guerra Casado 47 10
Geronimo Gomez Casado 30 6
Ignacio Ledo Casado 60 7
Jazinto Fernandez Casado 30 6
Joseph Carballo Casado 23 8
Jaseph Barela el mayor Casado 50 8
Juan Gomez Casado 65 6
Juan Varela el menor Casado 40 6
Juan Varela Casado 66 6
Juan Fernandez, Parrío Casado 35 9
Juan Antonio Taboada Casado 40 5
Juan Antonio Sotelo Casado 25 2
Juan Fernandez Goufe Casado 57 4
Manuel Fdez. de Aspai Casado 40 7
Manuel Prado Casado 43 3
Manuel Fdez. de Derramán Soltero 36 4
Migue Boan Casado 62 7
Tomé Lopez Viudo 60 6
Antonia de Noboa Soltera 1
Dominga Pinciro Soltera 1
Claudio Mosquera Arrendatario 1
Don Joseph Guerra Presbítero 1?
Bonifacio Antº Martínez Cura párroc 1?

LIBROS DO REAL: Conteñen a relación individual de cada un dos bens e as rendas, que se ían utilizar para proratear os impostos (alcabalas, centos, millós, etc.). En Santa Eugenia incluíronse todos os bens da parroquia, cun cabeza de casa, pero sen indicar o lugar ao que pertencían.
Como mostra destes datos reflectimos neste artigo algúns dos que se conservan no Arquivo Histórico Provincial de Lugo e que corresponden tres veciños da nosa parroquia: Gregorio Guerra,Joseph Carballo e Bartholomé Ledo e ós bens do Iglesario.
Gregorio Guerra:
Gregorio Guerra (a) Cabezas?, dispoñía duns bens que sumaban unha superficie total de 106 ferrados, que equivalían a unhas 6 Has. actuais. Como se pode apreciar no gráfico, predominaba o tipo de cutivo de «sembradura», ó que adicaba máis da mitade da superficie total, seguido de unha importante porción de monte (un 32%), que xunto ca debesa e souto, cupoñía outro 40%, estando o resto repartido entre prado (solo un 6%) e horta (o 1%).

De ENSENADA II

As terras eran do dominio do mosteiro de Oseira e pagaba anualmente de foro 62 ferrados de centeo e dous pares e medio de capóns (ou por eles uns doce reais e medio), ademais de vinte e un reais e dez marabedís en diñeiro.
Ademais das terras, tiña os seguintes gañados: 17 de bovino (incluído dous bois), 9 de ovino, 19 de caprino e 3 de cerda.

Joseph Carballo:
O segundo exemplo fórmano as terras de Joseph Carballo, de Derramán, que comprendían unha superficie total duns 35 ferrados (algo máis de 2 Hectáreas). A superficie media de cada finca era de pouco mais de medio ferrado, frente á de máis de dous ferrados de Gregorio Guerra. Adicaba a «sembradura» máis da metade da sua propiedade (un 54%). A parte de monte era solo do 17%, moito menos ca no caso de Gregorio Guerra, quizáis debido a que dedicadosa que as terras de Joseph Carballo estaban situadas máis en vagoada. Tiña en cambio máis superficie adicada a debesa (un 14% frente ó 8% de Gregorio Guerra), algo máis de prado có seo veciño e tamén bastante máis superficie adicada a horta (un 3%).

De ENSENADA II

Polas súas terras pagaba de renda (foros) un total de 17,5 ferrados de centeo e 7 reais e medio. Estaban suxeitas aos foros de Don Andrés de Themes veciño da freguesía de Villaseco e Amoeiro, ao que satisfacía dous ferrados de centeo e dous reais e medio en diñeiro. A Don Juan de Ulloa veciño da freguesía de Toscaña, terra do Riveiro de Abia, pagaba dez ferrados e medio de centeo e unha libra e cuarta de zierros(…) ou por eles cinco reais. E a Jacinto Fernandez, veciño do mesmo termo de Derramán cinco ferrados de centeo, un e outro anuais.
Ademais das terras, Joseph Carballo tiña os seguintes gañados: 9 de bovino (incluído dous bois), 10 de ovino, 9 de caprino e 5 de cerda.
As dúas propiedades tiñan en común que dispoñían dunha yunta de bois que naquela época era o símbolo do «status»,e o poderío de cada casa e que non todas os posuían (caso das casas do Carballo, Boán, Cabezas, Iglesario, etc.)

Iglesario:
O Iglesario dispoñía dun bo número de terras e gañados. As terras suponse que libres de cargas forais xa que no libro correspondente figura a indicación “no andan en arrendamiento», aínda que se supón fosen traballadas por terceiras persoas. Sumaban uns 81 ferrados, equivalentes a unhas 5 Hectáreas actuais. A maior parte das terras do iglesario estaban adicadas a monte (un 67% do total), e solo se cultivaba o 27% como «sembradura» e una pequena porción de horta. A superficie de prado era de un 4% do total da superficie total das terras.

De ENSENADA II

Os gañados comprendían 6 cabezas de vacún (incluído dous bois), 12 de ovino, 8 de caprino e 4 de cerda.
Os ingresos máis cuantiosos procedían dos diezmos, que segundo a documentación que manexamos eran os seguintes:

  • Doszientos y ochenta ferrados de zenteno a que aszenden los frutos diezmales del termino, como tambien quatro ferrados de mijo menudo, diez y seis Reales de lino, quinze Reales, de Nabos; catorze de lana, quinze reales por terneros y manteca, y siete reales por razon de corderos, cabritos, lechonzitos.
  • Sobre las partidas de este asiento, y por las se Santa Cruz de Biana y percepcion de diezmos se ambas fras., se allan impuestas las pensiones siguientes:
  • Treinta y dos Rs. de subsidio y escusado.
  • Doze Rs. de comida, un año al señor obispo de la ciiudad de Lugo y otro al Dean della.
  • Treinta y cinco ferrados de zenteno al Exmo. Señor conde de Moztezuma, vecinode Madrid por razon de Patronato.
  • Quarenta ferrados de la misma especie a su Dignidad el Dean de dcha ciudad de Lugo y cinco Rs- de Procuraciones.

Bartholomé Ledo:
A Cuqueira era o lugar de residencia de Bartholomé Ledo. Aínda que A Cuqueira pertenecía como o resto da parroquia á Xurisdición de Oseira, tiña as súas terras suxeitas ao dominio do Mosteiro de San Salvador de Asma (Chantada), ao que estaban aforadas por 11 ferrados de centeo ao ano (ver escritura de foro). Bartholomé Ledo no ano de realización do catastro (1753) estaba casado e tiña 5 fillos. A relación dos seus bens distaba moito dos anteriores ainda que comprendía 19,5 ferrados de terra, equivalentes a 1,17 Has. Debido quizáis a razós de tipo oroográfico, máis da mitade das suas terras (un 55%) era monte. Adicaba a «sembradura» un 31%, tiña unha importante superficie de devesa, e adicaba tanto a horta como a prado en torno a un 2% do total cada unha.

De ENSENADA II

A declaración dos bens que pertenecían a Bartholomé Ledo era a seguinte:

«1ª… Una casa al sitio, da Cuceira, fondo 6 baras y frente 3. derecha y esquerda da con el de este asiento Alquiler 4. Rs.

2ª…Otra caseta al mismo sitio, fondo: 3 baras. frente 2 y media, derecha y esquierda con el de este asiento, Alquiler 2 Rs.

3ª…Seys ferrados de senbrª. Treze de monte todo tercera. Sitio da Cuqueira. Todo zerrado y su figura la del margen.

4ª…Medio ferrado de huerto de terzera calidad al sitio Cuqueira  todo zerrado y su figura la del margen.

5ª…Un ferrado de monte de segunda calidad al sitio de Cuqueira todo zerrado y su figura la del margen.

6ª… Tres ferrados de senbrª. dos de deessa y uno de monte todo de terzera al sitio de Cuqueira zerrado y su figura la del margen.

7ª… Medio ferrado de prado de segunda calidad al sitio de Prado nobo. Todo zerrado y su figura la del margen.

8ª…Un ferrado de monte y otro de Deesa todo de terzera calidad al sitio Cuqueira. Toda zerrada y su figura al margen.

Las partidas deste asiento son del dominio del Monasterio de San Salvador de Asma a quien anualmente se paga por foro honze ferrados de zenteno

Ganados:

Una Baca

Una nobilla de dos meses

Tres ovexas

Dos corderitas de un año

Un zerdosillo de quatro meses

Firmado:

Como testigo: Domingo Bazquez

Somoza

ante mí: Palacios»

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: