03-12-1017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE VERÍN-MONTERREI:
Imos analizar aquí a Terra de Verín-Monterrei durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Laza, Castrelo do Val, Cualedro, Monterrei, Verín, Oimbra, Riós e Vilardevós). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de comprender dado o seu número tan elevado, e a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A comarca do Verín-Monterrei estaba situada na parte sur-oriental da rexión galega e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Ourense. Comprendía 13 xurisdicións e 3 cotos redondos, que sumaban en conxunto una superficie de 1.003 Km2. As xurisdiccións de Monterey, «Soto Vermud» e «Laza del Conde y Don Diego» eran as máis extensas xa que superaban os 200 Km2. (20.000 Has.), mentras que unha parte da xurisdicción da comarca da Gudiña así como o coto de Albergaría non superaban as 900 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
MONTERREY | 276 |
SOTO VERMUD | 233 |
LAZA DEL CONDE Y DON DIEGO | 223 |
OIMBRA | 58 |
VILLAMAYOR DE LA GIR | 35 |
ENXAMES Y DEVESA | 32 |
QUALEDRO, VILELA Y ATANES | 24 |
GONDULFES | 22 |
SERBOY | 20 |
VERIN | 17 |
MERCEDES | 16 |
PIORNEDO | 11 |
PENA VERDE Y REBORDONDO | 10 |
MOURAZOS | 10 |
GUDIÑA | 9 |
ALBERGARIA | 7 |
TOTAL | 1.003 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE VERÍN-MONTERREI:
Co 83% do territorio, a nobleza titulada acaparaba a gran maioría dos dominios señoriales (ver máis) na terra de Verín-Monterrri. Xa a moita distancia seguíalle o clero regular e secular, así como as órdenes militares, todos con menos do 17% restante:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 67 | 832 | 83 |
CLERO REGULAR | 6 | 69 | 7 |
CLERO SECULAR | 5 | 60 | 6 |
ORDENES MILITARES | 4 | 42 | 4 |
TOTAL | 82 | 1.003 | 100 |
Se facemos unha lista de maiores posuidores encontramos nun indiscutible primeiro lugar ó conde de Monterrey co 81% do territorio. Ningún dos demáis posuidores -mosteiro de Melón, encomienda de Quiroga, mosteiro de Celanova etc.- rebasan o 3% do total:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CONDE DE MONTERREY | 66 | 816 | 81 |
MONASTERIO DE MELON | 2 | 35 | 3 |
ENCOMIENDA DE QUIROGA | 3 | 32 | 3 |
MONASTERIO DE CELANOVA | 3 | 24 | 2 |
OBISPO DE ORENSE | 2 | 22 | 2 |
ABADIA DE SERBOY | 1 | 20 | 2 |
MARQUES DE SANTA CRUZ | 1 | 16 | 2 |
OBISPO DE VALLADOLID | 1 | 11 | 1 |
ENCOMIENDA DE OSOÑO | 1 | 10 | 1 |
CONVENTO SANTA CLARA ALLA | 1 | 10 | 1 |
ARCEDIANO DE VARONCELI | 1 | 7 | 1 |
TOTALES | 82 | 1003 | 100 |

Por estamentos, a NOBLEZA TITULADA, personificada no conde de Monterrei e o marqués de Santa Cruz, co 83% do total controlaba a maior parte do territorio da comarca de Verín-Monterrei. O conde de Monterrey era titular do 81% do territorio, que alcanzaba unha superficie de 816 Km2. e comprendía 66 feligresías da vila e xurisdicciós de «Laza del Conde y Don Diego», vila e xurisdicción de Monterrey, vila e xurisdicción de Oimbra, surisdicción de «Soto Vermud», vila e xurisdicción de Verín e unha feligresía da veciña xurisdicción da Gudiña. O marqués de Santa Cruz por a sua parte controlaba o 2% do territorio que se traducía en 1.600 Has. do coto das Mercedes, no actual concello de Cualedro.
O CLERO REGULAR exercía a sua xurisdicción sobre o 7% do territorio, con unha superficie de 6.900 Has. e 6 feligresías. O mosteiro de Celanova controlaba 2.400 na xurisdicción de «Qualedro, Vilela y Atanes»; o mosteiro de Melón 3.500 na xurisdicción de Villamayor de la Gironda (actual concello de Cualedro), e o convento de Santa Clara de Allariz 1.000 Has. no coto de Mourazos (actual concello de Verín).
O CLERO SECULAR, co 6% do territorio, 6.000 Has. de superficie e 5 feligresías, estaba representado por o obispo de Orense, señor da xutisdicción de Gondulges (actual concello de Castrelo do Val); a abadía de Serboy controlaba a xurisdicción do seu mismo nome (no actual concello de Castrelo do Val); o arcediano de Varonceli, o coto de Albergaría (actual concello de Laza), e o obispo de Valladolid a xurisdicción de Piornedo (actual concello de Castrelo do Val).
As ORDENES MILITARES exercían o seu dominio sobre o 4% do territorio, con 4.200 Has e 4 feligresías. A encomienda de Quiroga, exercía o seu dominio sobre tres feligresías da xurisdicción de «Enxames y Devesa», sita no actual concello de Vilardevós, e a encomienda de Osoño na xurisdicción de «Pena Verde y Rebordondo», pertenecente ó actual concello de Monterrei.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.