31-10-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE MELIDE NO ANTIGUO RÉXIMEN:
Imos analizar a situación das Terras de Melide durante o Antigo Réxime, que veñen coincidir coa comarca moderna oficial. Situadas na parte centro-norte da rexión, estaban integradas maioritariamente nas antigas provincias de Santiago (cun 52% do seu terrritorio), Betanzos (un 29%) e Lugo (un 19%):
Comprendía 10 xurisdicións, cunha superficie total de 369 Km2., das cales as máis extensas eran Sobrado, Boente, San Antolín de Toques e Abeancos, que superaban o 50 Km2.
Coa división provincial de 1833, todas as xurisdicións de Melide integráronse na nova provincia da Coruña, ver https://eirexe.es/o-territorio-no-antiguo-reximen/
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
SOBRADO | 95 |
BOENTE | 69 |
SAN ANTOLIN DE TOQUES | 64 |
ABEANCOS | 51 |
MELLID | 44 |
MESIA | 16 |
CODESOSO | 11 |
VILLAR DE FERREYROS | 8 |
PEIBAS | 6 |
FURELOS | 5 |
TOTAL | 369 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE MELIDE:
A maior parte do seu territorio era de dominio señorial do clero regular cun 43% do total, seguida pola nobreza titulada (34%), o clero secular (16%) e a fidalguía (5%). As ordes militares só teían unha presenza testemuñal:
DOMINIO | NUM.PARR. | SUP.KM2 | % |
CLERO REGULAR | 16 | 159 | 43 |
NOBLEZA TITULADA | 29 | 126 | 34 |
CLERO SECULAR | 14 | 60 | 16 |
HIDALGUIA | 3 | 19 | 5 |
ORDENES MILITARES | 1 | 5 | 1 |
TOTALES | 63 | 369 | 100 |

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar o mosteiro de Sobrado, con dominio sobre 95 Km2. (9.500 Has.) de territorio, seguido polo conde de Altamira, Mosteiro de San Martín de Santiago e Arcebispo de Santiago cunha superficie de algo máis de 60 Km2. cada un; o conde de Monterrey con 51 Km2.; a fidalguía local representada por Don Antonio Ordoñez (1.100 Has.) e Don Joseph Pimentel (800 Has.) e finalmente o conde de Lemos e Encoménda de Portomarín cunha presenza moi limitada de 600 e 500 Has. respectivamente.
Por estamentos, o clero regular controlaba o 43% do territorio (159 Km2.), con 16 freguesías. Estaba representado por dous grandes mosteiros: o de Sobrado (9.500 Has. e 7 freguesías), con presenza na xurisdición do mesmo nome pertencente á antiga provincia de Betanzos, e polo de San Martín de Santiago (6.400 Has. e 9 freguesías), con dominio sobre a xurisdición de San Martín de Toques, da entón provincia de Lugo.
Os máis ilustres representantes da nobreza titulada eran o conde de Altamira, dono da xurisdición de Boente (provincia de Santiago), con 6.900 Has. e 15 freguesías; o conde de Monterrey, que exercía o seu dominio sobre a xurisdición de Abeancos (Santiago), de 5.100 Has. e 13 freguesías e, finalmente, o conde de Lemos que controlaba unhas 600 Has da xurisdición lucense de Peibás.
O clero secular estaba representado na persoa do Arcebispo de Santiago, con dominio sobre a xurisdición da capital da terra de Melide (4.400 Has. e 12 freguesías) e sobre a de Mesía (1.600 Has. e duas freguesías), ambas as xurisdicións pertencentes entón á antiga provincia de Santiago.
A fidalguía exercía entón o seu dominio sobre a xurisdición de Codesoso (Don Antonio Ordoñez sobre 1 freguesías e 1.100 Has.) e sobre o coto de Villar de Ferreyros (Don Joseph Pimentel sobre 800 Has e dúas freguesías).
As ordes militares estaban representadas por Encoméndaa de Puertomarín, orde de San Juan de Xerusalén, e controlaban a pequena xurisdición de Furelos, coa freguesía do mesmo nome e cunhas 500 Has. de extensión.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.