Valdeorras, Terra de

09-11-2017

AS XURISDICIÓS DA TERRA DE VALDEORRAS NO ANTIGUO RÉXIMEN:

Imos analizar a situación administrativa das Terras de Valdeorras durante o Antigo Réxime (séculos XVI-XVIII), cuia extensión ven a coincidir coa da comarca moderna oficial (concellos de Vilamartín, A Rua, O Barco, Rubiá, Larouco, Petín, Carballeda, O Bolo e A Veiga).

Valdeorras

Hai que sinalar que segun o Censo de Floridablanca, un 18% do territorio de Valdeorras, correspondente ás poboacións entón denominadas Olego, Puerto y el Real, Robledo, San Vicente de Leyra y Vega de Cascallana (xurisdicción da Merindad de Aguiar); Cobas (xurisdicción da Abadía de Carracedo); Pardollán (xurisdicción sobre si) e Casaio y Landeira (xurisdicción da Gobernación da Cabrera) pertencían á provincia de León.

Incluíndo as poblaciós anteriores na anterga Terra de Valdeorras vemos que comprendía 8 xurisdicións, cunha superficie total de 968 Km2. (algo máis de 96.000 Has.), das cales as máis extensas era a da capital, que rondaba os 400 Km2. (40.000 Has.), seguida por a de O Bolo con 376 Km2. (37.600 Has.), e a moita maior distancia as de A Cabrera, Merindad de Aguiar, Viana del Bollo Larouco, Pardollán y Abadía de Carracedo:

XURISDICCIÓN SUP. KM2
VALDEORRAS 394
BOLLO 376
CABRERA 82
MERINDAD DE AGUIAR 72
VIANA DEL BOLLO 15
LAROUCO 15
PARDOLLAN 7
ABADIA DE CARRACEDO 7
TOTAL 968
Valdeorras_jur_diss
As xurisdicciós da Terra de Valdeorras no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE VALDEORRAS:

Do dominio señorial de toda a superficie de Valdeorras, o 56% correspondía á nobreza titulada, e o 40% eran terras de realengo. As órdenes militares, clero secular, fidalguía e os propios veciños sólo tiñan una representación simbólica, en todo caso inferior ó 2% do territorio:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 56 539 56
REALENGO 49 391 40
ORDENES MILITARES 3 15 2
CLERO REGULAR 2 9 1
SUS VECINOS 1 7 1
HIDALGUIA 1 7 1
TOTAL 112 968 100

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar Su Majestad, con dominio sobre 391 Km2. (unhas 39.100 Has.) de terras de realengo, seguido muy de cerca polo conde de Ribadavia con 385 Km2. (38.500 Has.), o marqués de Villafranca (15.400 Has.), a encomenda de Quiroga (1.500 Has), o mosteiro de Castañeda (900 Has.), e finalmente o Hospital de Astorga e os seus veciños, con 700 Has. cada un.

Valdeorras_sen_diss
Os dominios señoriales.

Por estamentos, xa señalamos que a nobleza titulada controlaba o 56% do territorio (539 Km2.) e 56 freguesías. Estaba representado en primeiro lugar por o conde de Ribadavia, que controlaba 385 Km2. e 48 feligresías da parte central da xurisdicción de Valdeorras. A continuación aparecía o marqués de Villafranca, con dominio sobre 154 Km2. das xurisdicciós de A Cabrera (feligresías de Lardeira e Casaio) e a Meridad de Aguiar, con señorío sobre catro feligresías do actual concello de Rubiá.

As terras de realengo representaban o 40% do territorio (391 Km2.) e 49 freguesías.

As ordes militares exercían a sua xurisdicciónn sobre o 2% do territorio, con 3 feligresías (Freixido, Larouco e Seadur) e unhas 1.500 Has. da propia xurisdicción de Larouco.

O clero regular estaba representado por o mosteiro de Castañeda, e exercía o seu control sobre unhas 900 Has. da xurisdicción valdeorresa (apenas o 1%  do total), situadas no actual concello de Carballeda (feligresías de Carballeda e Santa Cruz).

Unhas 700 Has. estaban controladas por os propios veciños, que por medio dos xusticias pedáneos controlaban a feligresía de San Salvador de Cobas, da xurisdicción da Abadía de Carracedo, no actual concello de Rubiá.

O hospital de Astorga representaba á fidalguía mediante o dominio sobre 700 has. na feligresía de Pardollán, tamén no actual concello de Rubiá.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

 

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: