1-12-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE BAIXA LIMIA:
Imos analizar aquí a Terra de Baixa Limia durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Bande, Lobeira, Entrimo, Lobios e Muíños). O motivo é que se representamos directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A comarca do Baixa Limia estaba situada na parte meridional da antigua provincia de Ourense, facendo fronteira con Portugal. Comprendía 8 xurisdicións e 5 cotos redondos, que sumaban en conxunto una superficie de 530 Km2. As xurisdiccións de Entrimo e Bande eran as máis extensas xa que superaban os 90 Km2. (9.000 Has.). En cambio o coto de Lobios e a xurisdicción de «Güin y Castelaus» non superaban as 800 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
ENTRIMO | 97 |
BANDE | 91 |
ARAUJO | 61 |
CALVOS DE RANDIN | 52 |
RAIRIZ DE VEYGA | 50 |
VALLE DE RIO CALDO | 47 |
LOBERA | 46 |
TRASPORTELA | 25 |
SANTA CRUZ DE GROU | 24 |
COTO DE S MAMED GROU | 14 |
MAUS DE SALAS | 11 |
LOBIOS | 8 |
GÜIN Y CASTELAUS | 4 |
TOTAL | 530 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA BAIXA LIMIA:
En contra da tendencia xeral de Galicia o 32% do territorio eran terras de realengo. Seguíalle o dominio señorial da nobleza titulada co 31% e, a moita máis distancia, o clero regular e secular, as órdenes militares e a fidalguía:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
REALENGO | 16 | 171 | 32 |
NOBLEZA TITULADA | 15 | 163 | 31 |
CLERO REGULAR | 11 | 98 | 18 |
CLERO SECULAR | 3 | 80 | 15 |
ORDENES MILITARES | 1 | 11 | 2 |
HIDALGUIA | 1 | 7 | 1 |
TOTAL | 47 | 530 | 100 |
Os maiores posuidores eran o Su Majestad, que controlaba o 32% do territorio, seguido por o conde de Monterrey co 21%. O resto dos dominios eran máis modestos, entre os que aparecía o mosteiro de Celanova, o obispo de Orense e o conde de Lemos. Cerraba a lista a encomienda de Quiroga e Don Juan Peaguda que compartía con Don Ramón Sotelo e o mosteiro de Celanova a feligresía de Santa Comba (San Trocado), na xurisdicción de Bande:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
SU MAJESTAD | 16 | 171 | 32 |
CONDE DE MONTERREY | 10 | 111 | 21 |
MONASTERIO DE CELANOVA | 11 | 98 | 18 |
OBISPO DE ORENSE | 3 | 80 | 15 |
CONDE DE LEMOS | 5 | 52 | 10 |
ENCOMIENDA DE QUIROGA | 1 | 11 | 2 |
DON JUAN PEAGUDA | 1 | 7 | 1 |
TOTALES | 47 | 530 | 100 |

Por estamentos, xa comentamos que o REALENGO controlaba a maior parte do territorio da terra da Baixa Limia xa que era posuidora do 32% da sua superficie, con 171 Km2. de extensión distribuídos en 16 feligresías das xurisdiccións de Entrimo (compartida co conde de Ribadavia), e «Güin y Castelaus» (actual concello de Bande), Lobeira e Santa Cruz de Grou.
A NOBLEZA TITULADA, que controlaba o 31% do territorio, sumaba en conxunto 163 Km2. de superficie distribuído por 15 feligresías, e estaba representada por o conde de Lemos con 52 Km2. na xurisdicción de Calvos de Randín (actual concello de Muíños). Seguíalle o conde de Monterrey con 111 Km2. nas xurisdiccións de Araújo (actual concello de Lobios) e Rairiz de Veyga (entre Bande e Muiños).
O CLERO REGULAR tiña como único representante ó mosteiro de Celanova, que exercía a sua xurisdicción sobre o 18% do territorio, con 98 Km2. de superficie ao longo de 11 feligresías da xurisdicciónn de Bande e do coto de San Mamed de Grou.
O CLERO SECULAR tiña tamén como único representante ó obispo de Orense, que controlaba o 15% do territorio, que sumaba 80 Km2. de superficie nos cotos de Lobios, Trasportela e Valle de Río Caldo.
As ORDENES MILITARES estaban representadas por a encomienda de Quiroga, que exercía a sua autoridade sobre o 2% do territorio, en 11 Km2. do coto de Maus de Salas.
Por último, a FIDALGUÍA, que ainda que tiña unha escasa representación, estaba presente na persona de Don Juan Peaguda, que con Don Ramón Sotelo controlaban de forma compartida co mosteiro de Celanova 700 Has. da feligresía de Santa Comba (San Trocado), na xurisdicción de Bande.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
ENLACES:
ESTUDIO HISTÓRICO ARTÍSTICO DE LA IGLESIA DE SANTA MARÍA REAL DE ENTRIMO
Haz clic para acceder a 2483010.pdf
LA GRAN JOYA OCULTA DEL BARROCO GALLEGO https://www.laregion.es/articulo/baixa-limia/gran-joya-oculta-barroco-gallego/202201042043051096152.html