A Ulloa, Terra de

22-10-2017

Ulloa

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DA ULLOA:

Durante o Antigo Réxime (siglox XVI-XVIII), a terra da Ulloa comprendía 10 xurisdicións ou cotos redondos, e ocupaba unha superficie total de 415 Km2. As maiores xurisdicións eran as de A Ulloa, Monterroso, Amarante e Peibás, e as menores as de Vilar de Donas, San Miguel das Penas, Cotos de Quindimil, Meixide, Orosa e unha parte de San Juan de Portomarín.

XURISDICCIÓN SUP.  KM2
ULLOA 207
MONTERROSO 98
AMARANTE 46
PEIBAS 32
VILAR DE DONAS 16
SAN MIGUEL DAS PENAS 6
COTOS DE QUINDIMIL Y MO 4
COTO DE MEIXIDE 3
COTO DE OROSA 2
PUERTO MARIN SAN JUAN 1
TOTAL 415

Ulloa_jur_diss_

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DA ULLOA:

A práctica totalidade da superficie da Ulloa era de dominio señorial da nobleza titulada (un 91%), seguido a moita maior distancia por o clero secular e regular (o 4% do territorio), e por a figalguía e órdenes militares, que non superaban o 1%,

DOMINIO NUM.PARR. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 93 377 91
CLERO SECULAR 2 16 4
CLERO REGULAR 1 16 4
HIDALGUIA 2 5 1
ORDENES MILITARES 1 1 0
TOTALES 99 415 100

Entre os maiores posuidores destacaba en primeiro lugar o Conde de Monterrey, cunha superficie de 286 Km2, seguido polo Conde de Amarante (57 Km2.), o Conde de Lemos (32 Km2.) e o Hospital de San Marcos de León e Mosteiro de Samos (con 16 Km2. cada un).

 

Ulloa_SEN_diss_

A nobreza titulada era por tanto a maior acapoaradora dos señoríos xurisdicionais desta terra. En primeiro lugar aparecía o Conde de Monterrey, que controlaba 286 Km2. de superficie nas xurisdicións de Ulloa e Monterroso; o Conde de Amarante 57 Km2. nas de Amarante, San Miguel dás Penas e os cotos de Orosa e Meixide, neste dos últimos coa xurisdicción compartida con outros dominios; o Conde de Lemos 32 Km2. da xurisdición de Peibás e, finalmente o Marqués de Lapilla 200 Has. na de Ulloa.

O único representante de clero secular era o Hospital de San Marcos de León, que posuía a xurisdición de Vilar de Donas, que comprendía as súas dúas freguesías de Covelo e Vilar de Donas, e que sumaban unhas 1.600 Has. de superficie.

O clero regular estaba unicamente representado polo Mosteiro de Samos, señor xurisdicional da freguesía de Ligonde (compartida co Conde de Monterrey), considerada dentro da xurisdición da Ulloa, e que contaba cunha superficie de 1.600 Has.

A fidalguía posuía a xurisdición do coto de Quindimil e da freguesía de Vilanuñe (compartida), cunha superficie total dunhas 500 Has.

A orde militar de San Juan de Xerusalén posuía a freguesía de San Salvador de Ribeira, situada en terras da juriscción de San Juan de Puertomarín, pero situada dentro da terra de Ulloa, que contaba cunha superficie dunhas 100 Has.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

 

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: