22-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE FISTERRA:
Imos analizar aquí a Terra de Fisterra durante o Antigo Réximen (siglos XVI-XVIII). Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Muxía, Dumbría, Fisterra, Cee e Corcubión), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a irregularidade e dispersión do seu territorio:
A Terra de Fisterra estaba situada no extremo noroccidental da rexión e pertenecía á antigua provincia de Santiago. Comprendía 8 xurisdicións, que sumaban en conxunto una superficie de 340 Km2.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
CORCUBION | 178 |
MORAYME Y BUJANTES | 49 |
OZON Y BAIÑAS | 32 |
FINISTERRE | 29 |
VIMIANZO | 28 |
BERDEOGAS | 16 |
CEE | 7 |
MUXIA | 1 |
TOTAL | 340 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE FISTERRA:
Os principales dominios señoriales (ver señorío) da Terra da Fisterra correspondían en primeiro lugar á nobleza titulada, que ocupaba o 62% do seu territorio, en segundo lugar figuraba o clero regular, que exercía o seu dominio sobre o 24%, a continuación o clero secular co 11%, e finalmente, a fidalguía sobre o 3% restante:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 22 | 212 | 62 |
CLERO REGULAR | 4 | 81 | 24 |
CLERO SECULAR | 6 | 37 | 11 |
HIDALGUIA | 1 | 10 | 3 |
TOTAL | 33 | 340 | 100 |
Os máis grandes posuidores eran o conde de Altamira co 58% do territorio, seguido por o mosteiro de San Martín de Santiago co 24%, e xa a máis distancia o arzobispo de Santiago co 9%, o conde de Amarante co 5%, Don Benito Agar co 3% e o arcediano de Trastamara co 2%:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CONDE DE ALTAMIRA | 21 | 196 | 58 |
MONASTERIO DE SAN MARTIN | 4 | 81 | 24 |
ARZOBISPO DE SANTIAGO | 5 | 30 | 9 |
CONDE DE AMARANTE | 1 | 16 | 5 |
DON BENITO AGAR | 1 | 10 | 3 |
ARCEDIANO DE TRASTAMARA | 1 | 7 | 2 |
TOTALES | 33 | 340 | 100 |

Por estamentos, xa señalamos que a NOBLEZA TITULADA controlaba o 62% do territorio da comarca, con 212 Km2. de superpficie e 22 feligresías. Estaba representada por o conde de Altamira, señor indiscutible dista comarca, xa que controlaba o 58% do seu territorio (196 Has.), con dominio sobre as 18 feligresías da xurisdicciós de Corcubión e tres da de Vimianzo, así como por o conde de Amarante señor xurisdiccional da xurisdicción e feligresía de Berdeogas (actual concello de Dumbría), con 1.600 Has.
O CLERO REGULAR exercía a sua xurisdicción sobre o 24% do territorio de Fisterra, con unha superficie de 81Km2. e 4 feligresías, sendo o seu único representante o mosteiro de San Martín de Santiago, con dominio cobre as xurisdiccións de «Morayme y Bujante» (actuales concellos de Muxía e Dumbría), e sobre «Ozón y Baíñas» (actual concello de Muxía), con duas feligresías cada un.
O CLERO SECULAR, dono do 11% do territorio, dispoñía de 3.700 Has. e 6 feligresías, compartidas entre o arzobispo de Santiago que se quedaba co 9% (5 feligresías nas xurisdiccións de Fisterra e Muxía), e o arcediano de Trastamara co 2% restante (xurisdicción e vila de Cee).
A FIDALGUÍA controlaba sólo o 3% do territorio de Fisterra, que sumaba unha superficie de 10 Km2. (1.000 Has.), sendo o seu representante Don Benito Agar, señor da feligresía de Coucieiro na xurisdicción de Vimianzo, actual concello de Muxía.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.