13-11-2017
AS XURISDICIÓS DA TERRA DE BARBANZA NO ANTIGUO RÉXIMEN:
Imos analizar a situación administrativa da Terra de Barbanza no Antigo Réxime (séculos XVI-XVIII), tendo en conta que a sua extensión ven a coincidir coa da comarca moderna oficial (concellos de Ribeira, Puebla del Caramiñal, Boiro y Rianxo).
Comprendía a Terra da Barbanza 6 xurisdicións e un coto redondo (+información), que ocupaban en conxunto unha superficie de 244 Km2, sendo as de maior extensión as xurisdicciós de Noya e Rianxo, e as de menor extensión a xurisdicción de Cordeiro e o coto de Goyanes:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
NOYA | 97 |
RIANXO | 87 |
PUEBLA DEL DEAN | 14 |
BOIRO | 14 |
CARAMIÑAL | 13 |
CORDEIRO | 10 |
GOYANES | 9 |
TOTAL | 244 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA BARBANZA:
Máis do 90% da sua superficie era de dominio señorial do clero secular, estando a nobleza titulada e a fidalguía representada únicamente por o 5 e o 4% do territorio, respectivamente:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CLERO SECULAR | 23 | 222 | 91 |
NOBLEZA TITULADA | 4 | 13 | 5 |
HIDALGUIA | 1 | 9 | 4 |
TOTAL | 28 | 244 | 100 |
Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar o arzebispo de Santiago, que exercía o seu dominio señorial sobre 194 Km2.(19.400 Has.), sequido a moita maior distancia por o Deán e o Cabildo de Santiago, con 1.400 Has. cada un, seguíndolles o marqués de Parga con 1.300 Has. e, finalmente, Don Vicente Caamaño con 900:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 |
ARZOBISPO DE SANTIAGO | 21 | 194 |
DEAN DE SANTIAGO | 1 | 14 |
CABILDO DE SANTIAGO | 1 | 14 |
MARQUES DE PARGA | 4 | 13 |
DON VICENTE CAAMAÑO | 1 | 9 |
TOTALES | 28 | 244 |

Por estamentos, xa señalamos que o CLERO SECULAR controlaba o 91% do territorio, con 222 Km2. e 23 feligresías, sendo o principal representante o arzebispo de Santiago con dominio sobre 194 Km2. e 21 feligresías nas xurisdicciós de Cordeiro, Noya e Rianxo, seguido por o Deán de Santiago con 1.400 Has na xurisdicción de Puebla del Deán (feligresía de Santa Cruz de Lesón), e finalmente o Cabildo de Santiago, tamén con 1.400 Has. na feligresía e xurisdicción de Boiro.
A NOBLEZA TITULADA exercía o seo dominio señorial no 5% do territorio, con 1.300 Has. e 4 feligresías, estando representa únicamente por o marqués de Parga na xurisdicción de Caramiñal (feligresías de A Pobra, Corrubedo, O Caramiñal e O Xobre ou Maño).
A FIDALGUÍA, co 4% da superficie territorial equivalente a 900 Has., estaba representada por Don Vicente Caamaño, que exercía a sua xurisdicción no coto de Goyanes (actual concello de Boiro).
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.