A 1ª Guerra Carlista: O ataque a Chantada do 9 de Marzo de 1835.

31-10-2015

Durante a 1ª Guerra Carlista(1833-1840) (1) operaron no sur da provincia de Lugo dúas importantes faccións de guerrillas carlistas. A primeira actuaba na zona de Chantada, Monterroso, Taboada, e Sarria e foi fundada en 1834 por o ex oficial do exército  Don Francisco Xavier Martínez Villaverde(2), oriúndo da comarca de Burón (Fonsagrada). Deste grupo saíron outros importantes xefes da guerrilla, como Fernando Gómez, coñecido como o “Ebanista” que fundou outra guerrilla autónoma en 1935, que operaba na zona de Monforte, onde logrou reunir ata 300 soldados(3).

A facción de Martínez Villaverde foi, a pesar dos seus dotes militares, protagonista de feitos tan inxustificados como os que tiveron lugar durante o saqueo de Chantada da madrugada do 9 de marzo de 1835, onde se produciron escenas de saqueo e asasinatos sobre a poboación civil (4).

Sobre as cinco e media da mañá de aquel día, a gavilla de Francisco Xavier Martínez Villaverde, formada por un grupo de 40 homes, dos cales 18 ou 20 ían dacabalo, entraron na vila Chantada e desprazáronse en silencio ata a praza do Cantón. Os centinelas do retén de Urbanos deulles o alto e chamou ao cabo de garda, quen fixo fogo ao primeiro deles, ferindo de gravidade ao segundo xefe Sarmiento á conta da súa propia vida. Os facciosos fixeron fogo vivísimo cara ao corpo de garda e cara á casa do Marqués de Valladares, salvándose os Urbanos  pola traseira da casa grazas a que escaparon cruzando o río Asma. O grupo de facciosos dirixiuse entón ao cuartel que ocupaba o destacamento da compañía de observación de Monforte que se parapetóu para a defensa, exhortándolles a que se rendesen ao berro de “Viva Carlos V”, contestando estes con vivas a Isabel II e iniciándose un intenso fogo entre uns e outros.

Sendo xa as sete da mañá, sacaron da súa casa ao Corrixidor da vila para que os encerrados no cuartel se rendesen pola súa mediación, prometendo o xefe dos carlistas Martínez Villaverde que non lles faría ningún dano. Ante esta promesa, o sarxento entregouse pero foron con todo desarmados e espidos no acto, obrigándolles a tombarse boca abaixo, matándoos a todos a tiros e bayonetazos. Foron 14 os mortos e 3 feridos de gravidade, podendo escaparse 3 deles.

A casa do Corrixidor foi saqueada e a súa neta foi ferida de gravedade. Tamén o foron as casas dos Sres. Gutierrez, Lorenzana, Magesté e Costa, roubando todo o que puideron e retirándose ás dez da mañá(5).

O grupo armado retirouse polo camiño de Melide, levando ós seus principales oficiales Sarmiento e ó cura Jul feridos de gravidade. Dirixíronse cara a Esperante e Taboada, onde pasaron a noite, continuando ao día seguinte ata os montes Bacaloura. Foron perseguidos polo destacamento de Monterroso e polo batallón de Estremadura que saíu de Lugo con cen homes, pero non puideron darlles alcance(6).

O exército vingou a acción de Chantada na localidade de Bandomil (Taboada), tamén preto de Chantada, o 7 de abril de 1836, onde foi sorprendido Martínez Villaverde, matándolle 19 homes e colléndolle un botín de 27 yeguas y 5 cabalos, ainda que Martínez Villaverde puido escapar da emboscada. O cura Jul foi ferido e fusilado días despois en Chantada(7).

Gracias un documento existente en el Museo Provincial de Lugo, donado por la familia Pardo Baliña(8), conocemos más detalles de la situación de las partidas de la guerrilla carlista y de la batalla de Bandomil:

“…El hermano siguió con su caballería hizo sus escursiones hasta el siete de abril en que vendido por dos espías y los paysanos del pueblo en que estábamos se halló completamente sorprendido por el destacamento de Chantada, compuesto de noventa infantes y catorce caballos: de cuantos jinetes habia allí sólo tres sacaron sus carabinas, veinte y ocho caballos con sus monturas y armamento quedaron en poder del enemigo; pero la pérdida irreparable fue la de cinco ginetes nuestros allí mismo, entre los cuales fue uno el valiente y muy fiel compañero D. José Ortega, capitán de caballería, y la captura del capitán de granaderos teniente coronel graduado don Juan Jul, hombre de valor, muy interesado por los aumentos de la Partida y de la justa causa, quien no pudiendo ya defenderse por una herida grave de lanza tuvo que quedar rendido y ser fusilado el diez y nueve siguiente en Chantada. Salváronse con sus armas y cavallos siete hombre alojados en una casa separada de las más del pueblo, y que la tropa enemiga no cercó por suponer que todos estarían juntos; y salváronse aún y con muchísima fatiga los ginetes restantes incluso mi hermano que quedó cojo por algunos días, y en el actual está restablecido.” ”Después de esta desgracia, la mayor que tuvo la Partida desde sus principios…”

Finalmente Martínez Villaverde sería morto no ambicioso cerco de Lugo o 30 de maio de 1836, onde foi alcanzado por un tiro na cabeza(9).

“La muerte de Villaverde es, Exmo. Sr., de felicísimo auspicio para la pacifiación de la provincia. Pasaba este caudillo rebelde entre sus secuaces por el mas audaz, el mas activo é inteligente, á la par que el único organizador, y el de mejor concepto. La muerte de 50 de sus capitanes, si tantos tuviera, no habría causado en la faccion, el desaliento y la horfandad que la del expresado gefe”.

Coa súa morte perdeuse, segundo Barreiro Fernández, o talento militar máis significado do carlismo galego.

NOTAS:

(1) Á morte de Fernando VII iniciáronse en España as Guerras Carlistas. Tiveron lugar entre os partidarios de Don Carlos María Isidro de Borbón, irmán de Fernando VII que fose o sucesor do seu irmán ao trono español ata o nacemento de Isabel II, e os liberais, partidarios de Isabel II.

(2) Francisco Xavier Martínez Villaverde era hirmao del Presidente da Junta Suprema de Galicia Don Juan Martínez Villaverde, arcediano de Mellid, tamén chamado Cura de Freyjo.

(3) No grupo do Ebanista militou a popular guerrilleira chantadina Juanita de Paderne, que según Tettamancy (Juanita de Paderne, aventurera gallega.- Boletín de la Academia Gallega nº 10, Año 1907 http://academia.gal/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=2131), foi un digno prototipo de feminismo. Celoso da sua hexemonía foi desterrada por o “Ebanista” a Pontevedra.

(4) BARREIRO FERNANDEZ, X.R. – El carlismo gallego.

(5) Parte de guerra.- Boletín Oficial de la Provincia de Orense, 24 de Marzo de 1835.

(6) Parte de guerra, Capitanía General de Galicia, 13 de Marzo de 1835.

(7) Francisco Quecedo.- Diario Histórico del Regimiento Provincial de Monterrey contra los carlistas en Galicia (1833-1840). Boletín de la Academia Gallega nº 255. http://academia.gal/imaxin-boletins-web/autor.do?current_page=2&id=166

(8) “La Exposición del Arcediano”, un singular documento do Archivo del Museo Provincial de Lugo aparecido oculto nun escritorio da familia Pardo Baliña.- Transcripción de Julio Reboredo Pazos.

(9) Parte de guerra.- Gaceta de Madrid, 8 de Junio de 1836.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: