OURENSE, TERRA DE

23-10-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE OURENSE:

Imos analizar aquí a Terra de Ourense, que vén coincidir coa comarca moderna oficial. Non se trata por tanto da provincia de Ourense, que xa foi obxecto de estudo noutra parte desta Web (ver provincia de Ourense durante o Antigo Réximen).

Durante o Antigo Réxime (seculos XVI-XVIII) a Terra de Ourense comprendía 52 xurisdicións e cotos redondos, e ocupaba unha superficie total de 622 Km2. As xurisdicións de maior extensión (porque pasaban dos 50 Km2. de superficie ou 5.000 Has) eran as de San Estevan de Ribas de Sil, A Peroxa e Pereyro de Aguiar. As menores eran os cotos de Rairo, A Granxa, Beacán ou a Vila de Bentraces, que non superaban as 100 Has.

XURISDICCIÓN SUP.  KM2
SAN ESTEVAN RIBAS DE SIL 78
A PEROXA 67
PEREYRO DE AGUIAR 63
ROCAS 37
VILAMARIN 34
SANTA COMBA DE NAVES 22
MUGARES 18
BOBEDA DE AMOEIRO 16
ORENSE 16
MOREYRAS Y TRELLERMA 15
MELIAS Y RIBELA 15
ARRABALDO 13
AMOEIRO 13
SOTO DE PENEDO 12
PIÑOR 12
ALLARIZ 11
PUGA 11
LOUREYRO Y FUENTEFRIA 11
VILLARRUBIN 11
SAN ESTEVAN RIBAS DE SIL 9
GESTOSA 9
SANTA LEOCADIA Y PAS 8
SOBRADO DEL OBISPO 8
SEXALBO 7
PEREYRO DE AGUIAR 7
CAÑEDO DEL MIÑO Y AL 6
ORBAN 6
GUSTEY 6
SOLBEYRA DE BELMONTE 6
MONTE 5
NOALLA 5
RABEDA 5
PARADA DE AMOEIRO 5
FEA 4
SOBRADO DEL OBISPO 4
BARBADANES 4
VILLANUEVA DE RANTE 4
MEZQUITA 4
CEBOLLINO 4
SOTOMAYOR 4
SAN CIPRIAN DE LAS VIÑAS 4
TORAN 3
VALENZANA 3
COTO DE LA GRANJA 3
BELLE 3
CUDEYRO 3
COTO DA BARRA 3
COTO DE RAIRO 1
OSEIRA 1
A GRANXA 1
BEACAN 1
BENTRACES 1
TOTAL 622
Ourense_sen_diss
As xurisdiccións da Terra de Ourense.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE OURENSE:

Do total da súa superficie, o 39% era de dominio señorial da nobreza titulada , o 29% pertenecía ó clero regular, o 23% ó clero secular, o 5% á fidalguía, e o resto (4%) repartíase entre o realengo, varios veciños e as ordes militares.

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
NOBLEZA TITULADA 51 241 39
CLERO REGULAR 31 178 29
CLERO SECULAR 29 150 24
FIDALGUIA 6 31 5
REALENGO 1 16 3
SUS VECINOS 1 3 0
ORDENES MILITARES 2 3 0
TOTALES 121 622 100

No ránking de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar conde de Ribadavia e o Mosteiro de San Esteban, con dominio sobre 88 Km2. de territorio cada un (8.800 Has.), seguido por o Bispo de Ourense, cunha superficie de 84 Km2, o duque de Medina de Rioseco (70 Km2.), o mosteiro de Celanova (62 Km2.), o Cabildo de Ourense (46 Km2.) e o conde de Maceda (34 Km2.).

Por contra, na Terra de Ourense había on bo número de señores xurisdiccionales que nos seus dominios non superaban os 5 Km2. (500 Has.), como eran o Conde de Borraxeiros, marqués de Malpica, Don Pedro de Puga, a Abadía da Santísima Trinidade, o Conde de Monterrey, o marqués de San Saturnino, o marqués de Val de Carzana, a Encomenda da Barra, a Marquesa de Astorga, etc.

Ourense_sen_diss
Os señoríos xurisdiccionales da Terra de Ourense.

Por estamentos, a nobreza titulada acaparaba o 39% do territorio (241 Km2.), e controlaba 51 freguesías. O seu máis ilustre representante era o conde de Ribadavia, señor da Peroxa e Amoeiro, con dominio sobre 88 Km2. e 22 freguesías, en dúas delas (Armental e Carracedo) con señorío compartido. Seguíalle o duque de Medina de Rioseco, señor xurisdicional da vila e termo de Pereyro de Aguiar (70 Km2. e 14 freguesías), tamén con dúas freguesías compartidas. O conde de Maceda, coa xurisdición de Villamarín (34 Km2. e 4 freguesías), o Conde de Lemos coa de Melias e Ribela (15 Km2. e as freguesías de Coles, Melias e Ribela, as dúas últimas compartidas) e o marqués de Mos coa de Soutopenedo (1 freguesía e 12 Km2.). Por contra, nesta terra non superaban o 5 Km2. (500 Has) o marqués de Malpica (freguesía de Taboadela, xurisdición de Allariz), conde de Borraxeiros (Parada de Amoeiro), marqués de San Saturnino (coas freguesías de San Pedro da Mezquita e Sotomayor, desta mesma xurisdición), conde de Monterrey (coa freguesía de Gargantós, da xurisdición da Mezquita), marqués de Val de Carzana (señor do coto de Torán) e, finalmente, a marquesa de Astorga, con dominio sobre a vila de Bentraces.

O clero regular detentaba o 29% do territorio xa que posuía 31 freguesías con 178 Km2. de superficie. Estaba representado principalmente polos mosteiros de San Esteban (88 Km2. e 14 freguesías das xurisdicións de San Esteban e Beacán), Celanova, señor xurisdicional de Santa Comba de Naves, Rocas e Velle (62 Km2. e 11 freguesías, a de Velle compartida) e San Clodio do Ribeiro co seu dominio señorial sobre Bóveda de Amoeiro (16 Km2. e as freguesías de Bóveda, Beiro e Abruciños). Os mosteiros Osera e Melón estaban escasamente representados e non superaban cada un deles as 600 Has. nas freguesías de Santa Cruz de Arrabaldo e Viña o primeiro, e Santiago da Rabeda o segundo.

O clero secular tiña unha representación relevante, xa aparecía en terceiro lugar despois da nobreza e o clero regular, e controlaba o 23% do territorio, con 29 freguesías e 150 Km2. de superficie. Dentro do estamento clerical aparecía en primeiro lugar o Bispo de Ourense, con xurisdición sobre 16 freguesías e 91 Km2. de superficie, tendo compartidas as de Cudeiro co mosteiro de Oseira e o Conde de Ribadavia, a do coto de Moreyras e Trelle coa Capellanía do Santo Cristo e a de Canedo co Cabildo de Ourense. Seguíalle o Cabildo de Ourense, con 9 freguesías e 46 Km2., con dominio directo sobre as xurisdicións de Gustey e cotos de La Granja e Puga, e compartida nas de Santa Leocadia, Noalla, Solveira e Canedo. O Arcidiano de Varonceli, con 3 freguesías e 9 Km2. (xurisdicións de Monte e Ceboliño) e, finalmente, a Abadía da Santísima Trindade coa freguesía de San Ciprián de Viñas (un 4 Km2.).

A fidalguía controlaba 6 freguesías, con 31 Km2. de extension, que supoñía o 6% do territorio (cotos de Gestosa e Rairo e xurisdicións de Luoreyro e Fuentefría, Orbán, Mugares e Feá).

O realengo exercía a súa xurisdición xobre a capital, con 16 Km2. de superficie.

As ordes militares estaba representada por a Encoménda da Barra, da orde de Santiago, próxima á capital, que controlaba as freguesías da Barra e Ucelle, cunhas 300 Has de superficie.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.

 

 

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: