
Antes de empezar a identificar unha planta vamos empezar polo máis sinxelo, que consiste en recordar as partes dunha flor, que é necesario coñecer para utilizar estas claves.
O cadro que figura a continuación contén unha síntese das claves de identificación das plantas, e foi sacada precisamente do libro de Bonnier xa que pode ser interesante para ir profundizando no mundo do coñecemento das nosas plantas:
CUADRO PARA IDENTIFICAR AS PLANTAS DE A CUQUEIRA (BONNIER):
Supoñamos que nos topamos con unha planta que nos interesa identificar. Empezaremos a avanzar paso a paso ata chegar primeiro ao nome da familia (os pasos que temos que elixir son os sinalados en vermello no cadro adxunto), que temos que ir seguindo conforme utilizamos o seguinte exemplo hasta chegar a identificar despois o xénero e finalmente a especie ou nome da planta.
Exemplo:
Primeiro temos que elixir entre os dous grandes grupos do cadro:
• Pétalos libres
• Pétaos soldados
A planta que collemos ten os pétaos soldados, así que a opción que se axusta ao noso caso é a segunda. Esta condúcenos a dúas novas opcións:
- Estambres no soldados a la corola
- Estambres soldados a la corola
Dado que a planta que estamos a identificar non ten os estambres soldados á corola escollemos a primeira opción, que nos leva a outras dúas opcións:
- Arbusto
- Herbácea
Como resulta claro que a planta que collemos entra dentro da primeira categoría, escollemos a primeira opción que nos conduce a:
- Ovario soldado al cáliz
- Ovario libre
Despois de examinar o ovario da planta escollemos a segunda opciónue nos leva á familia ERICÁCEAS. Coñecendo a familia xa nos resultará máis fácil chegar ó nome da planta de que se trata.
Buscamos no índice do libro de Bonnier en que páxina está a familia das ericáceas e condúcenos (na edición en castelán) á páxina 201:

E si queredes identificar as plantas mediante fotos feitas co voso teléfono móvil, recoméndovos baixar a App PlantNet para Android. É unha aplicación moi útil e de funcionamento moi fácil.
Basta facer unha foto coa cámara para que a aplicación a envíe a un servidor donde a compara con outras da base de datos e devólveos o nombre de planta. Estas plantas vanse gardando nunha base de datos propia coas coordenadas onde foron localizadas.
Máis adiante poderedes ir avanzando e baixar todos istes datos que vades almacenando en PlantNet para cargalos no voso ordenador mediante unha ferramenta de información xeográfica tipo QGIS (gratuito) e visualizalas á vosa medida (por fechas, por familias, por zonas, etc.):
