A DESAPARICIÓN DAS PROVINCIAS E INTENDENCIAS DO ANTIGO RÉXIMEN (MAPA INTERACTIVO)

16-02-2023

Mapa interactivo: Facendo zoom directamente no mapa poderemos visualizar a parte do territorio que máis nos interese e obter información espacial das distintas capas superpostas (son transparentes). Por exemplo, se facemos zoom na antiga provincia de Segovia (en cor morado), aparécennos fora do contorno da actual provincia (en cor negro) aquela parte do territorio que pasou a depender de outras provincias. Así mesmo, se facemos click co rato na mesma provincia desplegarase unha ventana con máis datos e un enlace a outra páxina con unha información máis precisa.

SÍNTESE XERAL (VER MAPA INTERACTIVO):

O Censo de Floridablanca de 1785 foi o reflexo da nova división territorial implantada desde comezos do seculo XVIII seguindo o modelo centralista francés. Coa nova división provincial de Javier de Burgos e outros axustes posteriores (ano de 1833 e seguintes), as provincias do Antigo Réxime sufrirían importantes transformacións, sendo as máis relevantes as que se recollen no mapa adxunto, onde se poden comparar os antigos e novos límites provinciais. Para unha análise máis detallada disponse asímismo dunha ligazón que dá acceso a cada unha das antigas provincias, onde se poderá consultar a variación do seu territorio, a súa estrutura xurisdicional e o réxime señorial correspondente a cada unha delas ou dos seus territorios dependentes.

Coa nova división provincial de Javier de Burgos de 1833, as provincias e intendencias do Antigo Réxime sufriron as seguintes transformacións:

(1)Camba e Deza(Lalín), da antiga provincia de Lugo, pasan a pertencer á nova provincia de Pontevedra.

(2)Quiroga, pasa da antiga provincia de Orense á provincia de Lugo.

(3)Os enclaves de Mansilla de las Mulas e Gradefes pasan de Valladolid a León.

(4)Penamellera e Ribadedeva quedan en Asturias.

(5) Suprímese a provincia de Toro. O partido do mism nome pasa a Zamora, o de Reinosa á nova provincia de Santander e o de Carrión a Palencia

(6) Os enclaves de Sanabria e Benavente pasan da provincia de Valladolid á de Zamora.

(7) Villalpando pasa de León a Zamora.

(8) As provincias vascas mantiveron a súa división histórica.

(9) Créase a provincia de Logroño, antes dividida entre Burgos e Soria.

(10) Desde os decretos da Nova Planta, Aragón estaba dividido en trece corregimientos.

(11) O Barco e Piedrahita pasan de Salamanca a Ávila.

(12) O partido de Oropesa intégrase en Toledo.

(13) Arenas de San Pedro pasa de Toledo a Ávila.

(14) Cadalso, de Toledo a Madrid.

(15) O partido de Alcalá de Henares pasa de Toledo a Madrid.

(16) O partido de Colmenar Viejo incorpórase a Madrid desde Guadalajara.

(17) O Sexmo de Casarrubios (El Escorial e Navalcarnero) pasa de Segovia a Madrid.

(18) O condado de Chinchón pasa de Segovia a Madrid.

(19) Brihuega, antes de Toledo, pasa a Guadalajara.

(20)O partido de Alcázar de San Juan pasa de Toledo a Ciudad Real.

(21) Pastrana (partido de Almonacid) segrégase de Madrid e pasa a Guadalajara.

(22) Os partidos de Atienza e Molina pasan de Soria a Guadalajara.

(23) Créase a provincia de Albacete con sectores das de Murcia, A Mancha e sur de Cuenca.

(24) Olivenza non se incorpora a España ata 1801.

(25) A cabeceira do Segura intégrase en Jaén.

(26) Andalucía pasa de catro reinos a oito provincias.

(27) O partido de Maqueda pasa de Toledo a Madrid.

(28) A párte Norte da antiga provincia de Santiago intégrase na nova provincia da Coruña, e pártea Sur na de Pontevedra.

(29) A antiga provincia de Mondoñedo intégrase na provincia de Lugo.

(30) A antiga provincia de Tuy intégrase na nova provincia de Pontevedra.

(31) Créase a nova proivincia de Asturias, que se separa de León.

(32) Créase a nova provincia de Santander, antes pertencente a Burgos.

(33) A antiga provincia de Betanzos intégrase na nova provincia da Coruña.

Ir a páxina principal

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: