O INTERROGATORIO DO CATASTRO DE ENSENADA (III)

Novo 8-5-2016

A finais do pasado mes de abril estiven no AHP (Arquivo Histórico Provincial) de Lugo, onde consultei o libro do Real de  Legos da parroquia de Santa Eugenia de Asma. Polo limitado do tempo de que dispoñía, non puden obter todos os datos que me interesaban, como superficie total das leiras de cada veciño, total de cabezas de gando lanar, caprino, etc., senón que me tiven que limitar a recoller os máis significativos de cada casa: número de partidas ou parcelas, número de cabezas de gando vacún (e destas, número de bois e número das cabezas que levaban en aparcería), renda que pagaban polas súas leiras (en ferrados de centeo) e quenes eran os perceptores das  devanditas rendas (tamén en ferrados de centeo), así como as casas e o seu valor en alquiler.

Os datos obtidos unínos ós veciños cabezas de casa e elaborei estes dous cadros (ver mais abaixo) que ordenei polos lugares da parroquia para que sexa máis fácil de consultalos. Hay que ter en conta tamén que no cuadro aparecen outras parroquias que corresponden a propietarios alleos á nosa pero que tiñan terras en Santa Eugenia. Ao final do listado aparecen outras persoas que non puiden adscribir a ningún  lugar da parroquia.

Por último, sinalar que a nosa parroquia dispoñía naquela época (falamos do ano de 1753) dunha gran superficie de terras en man común, que se supón, podían aproveitar calquera dos veciños (aquí aínda queda moito por investigar)(1). Estas terras eran as seguintes:

  • Porreira: 100 ferrados de monte de 1ª e 3ª calidade. Linda ó Levante con termo de Pradeda, ó Norte pechado, ó Poñente con termo de Santa Cruz de Viana e ó Sur co de Cartelos.
  • Castrillón e Montequeijeira, 100 ferrados de 1ª calidade e 900 ferrados de 2ª e 3ª calidade. Linda ó Levante con termo de Pradeda, ó Norte pechado e Poñente e Sur co iglesario do termo de Santa Eugenia.
  • Pando e Cornide, 500 ferrados de 2ª e 3ª calidade. Linda ó Levante con divión do termo da freguesía de Brigos, ó Norte, Poñente e Sur pechados.

 

(1) «A revolución liberal non vai aceptar a forma específica da propiedade veciñal característica de Galicia, asimilándoa legalmente (nunha mostra do afán uniformizador da época) á propiedade pública: estatal e municipal. Aínda que esta asimilación non vai provocar cambios na xestión, xa que a debilidade do Estado non permitiu administrar estes montes, provocaránse cambios na estrutura da propiedade. As comunidades veciñais como resposta defensiva á actitude estatal, individualizaron a propiedade dunha gran maioría dos montes, vía reparto dos mesmos.
Só coa chegada do franquismo faráse efectiva a expropiación polo Estado dos montes veciñais que sobreviviron ao proceso de repartición, estendéndose unha explotación forestal en monocultivo. Isto provocou unha gran conflitividade social ao redor da acción do Estado que, en definitiva, explica que no tardofranquismo e a transición, désese marcha atrás á indefensión legal da propiedade veciñal coa aprobación de sucesivas leis (1968, 1981, 1989), continuadas por un proceso de devolución da propiedade das terras a monte ás comunidades afectadas.»(de http://montenoso.net/wiki/index.php/MVMC/es)

Cadro I

CATASTRO DE ENSENADA.- SANTA EUGENIA DE ASMA.- Resumen do Libro do Real de Legos (ano 1753)

CatastroEnsenada_RealDeLegos

Cadro II

CATASTRO DE ENSENADA.- SANTA EUGENIA DE ASMA.- Resumen do Libro do Real de Legos.- Número de casas da parroquia e o seu valor en alquiler (ano 1753).

CatastroEnsenada_RealDeLegos_Rec1

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: