05-12-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE O BAIXO MIÑO:
Antes de entrar a analizar a Terra do Baixo Miño durante o Antigo Réxime (séculos XVI- XVIII) convén ter unha visión sequera xeral do territorio galego naquela época ver Antigo Réximen en Galicia.
Por razóns prácticas temos seleccionado o territorio do Baixo Miño tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Oia, Tomiño, Tui, O Rosal e A Guarda). O motivo é que se representamos individualmente as xurisdiccións, ou en circunscripciós máis pequenas, resultarían moito máis difíciles de comprender dado o seu elevado número e a dispersión do seu territorio:
A terra do Baixo Miño estaba situada no extremo sur-occidental da rexión galega e pertenecía durante o Antiguo Réximen á antigua provincia de Tuy. Comprendía 8 xurisdicións e catro cotos redondos, que sumaban en conxunto una superficie de 319 Km2. As xurisdiccións de Oya, Guardia e Tuy eran as máis extensas por superar os 50 Km2. (5.000 Has.) de extensión, mentras que os cotos de Amorín, Forcadela e Currás non superaban as 600 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
OYA | 82 |
GUARDIA | 57 |
TUI | 49 |
TOMIÑO | 27 |
TEBRA | 25 |
BARRANTES | 25 |
PESEGUEIRO | 18 |
SOBRADA | 14 |
GOYAN | 11 |
AMORIN | 6 |
FORCADELA | 3 |
CURRAS | 2 |
TOTAL | 319 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE O BAIXO MIÑO:
A máis grande parte dos dominios señoriales da Terra do Baixo Miño correspondía ó clero secular, que ocupaba o 42% do seu territorio, seguido a por o clero regular co 26%, a xurisdicción dos propios veciños co 21% e finalizaba ca fidalguía co 11%:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CLERO SECULAR | 20 | 133 | 42 |
CLERO REGULAR | 6 | 82 | 26 |
SUS VECINOS | 9 | 68 | 21 |
HIDALGUIA | 5 | 36 | 11 |
TOTAL | 40 | 319 | 100 |
Os maiores posuidores eran o obispo de Tuy, que co 41% do territorio. Seguíalle o mosteiro de Oya co 26%, e os propios veciños co 21%. Pechando a lista estaban dous representantes da fidalguía e o cabildo de Tuy:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
OBISPO DE TUY | 19 | 130 | 41 |
MONASTERIO DE OYA | 6 | 82 | 26 |
SUS VECINOS | 9 | 68 | 21 |
DON ANTONIO BERMUDEZ | 4 | 25 | 8 |
DON ANTONIO CORREA | 1 | 11 | 3 |
CABILDO DE TUY | 1 | 3 | 1 |
TOTALES | 40 | 319 | 100 |
Por estamentos, xa dixemos que aparece en primeiro lugar o CLERO SECULAR gracias principalmente á presencia do obispo de Tuy, que exercía a sua autoridade sobre 19 feligresías das xurisdicciós de Guardia (aiquí compartida co cabildo), Pesegueiro (actual concello de Tui) e Tuy, ademáis do coto de Amorín (concello de Tomiño). O cabildo de Tuy posuía 300 Has. no coto e feligresía de Forcadela (ubicado tamén no actual concello de Tomiño), e compartía co obispo o señorío da xurisdicción de Guardia (actuales concellos de A Guarda e O Rosal).

O CLERO REGULAR tiña como único representante ó mosteiro de Oya, que exercía a sua xurisdicción únicamente en seis feligresías da xurisdicción do entorno do mosteiro, onde posuía unhas 8.200 Has. de territorio.
SUS VECINOS exercían o seu propio dominio sobre 6.800 Has. das xurisdiccións de Barrantes (entre os actuais concellos de Tomiño e A Guarda), Sobrada (Tomiño) coto de Currás (Tomiño) e a propia xurisdicción de Tomiño, ainda que niste último caso compartida con Doña María Bazán e a encomienda de Beade.
A FIDALGUIA exercía o seu dominio sobre 3.600 Has. e estaba representada por Don Antonio Bermudez, señor de catro feligresías da xurisdicción de Tebra (actual concello de Tomiño), onde posuía 2.500 Has., e por Don Antonio Correa, dono do coto de Goyán (tamén en Tomiño), de 1.100 Has. de extensión.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.