«DISCURSO SOBRE LA NECESIDAD DE QUE SE ESTABLEZCAN CORREGIMIENTOS EN EL REINO DE GALICIA», por Bernardo Herbella [1]
Convén recordar que no Antigo Réximen, antes de que existiran os partidos xudiciales, os señores xurisdicionais exercían o seu dominio señorial sobre determinados territorios que constituían a súa xurisdición. Este dominio exercíase sempre en nome do Rei, e o señor xurisdicional percibía os distintos dereitos señoriais e tributos de diversa índole, e correspondíalle o nomeamento de cargos administrativos ou xudiciais (non existía tampouco a división de poderes en ejecutivo, lexislativo e xudicial, tal como a coñecemos ahora) así como o desempeño da propia función xudicial.
![]() |
Mapa 1: No Antiguo Réximen había máis de 600 xurisdicciós en Galicia (M.Lamazares). |
Debido ás máis de seiscentas xurisdicións existentes en Galicia a finais do antigo réxime (ver Mapa 1), as funcións xurisdicionais volvéronse extremadamente complexas e gravosas para os galegos, que tiñan que soportar non só un sistema inxusto e parcial senón tamén facer fronte aos custos derivados do mantemento da xustiza señorial.
Como dí Domínguez Ortiz citando a Mora y Jaraba, “los jueces ocupan sus cargos más tiempo del que manda la ley, y algunos toda la vida, con lo que se eternizan las parcialidades y bandos en los pueblos. Además no se les suele tomar residencia, que es el modo más eficaz para contener sus abusos.”[2]
Herbella identifica este problema como un dos maiores males de Galicia, y así o denuncia na súa obra[3], na que fai referencia á multitude de Xuíces Ordinarios en Galicia, e á «superficialidad» de Escribáns Reais, que » están sobre el corto espacio de este Reyno, como una turba de Langostas sobre media vara de terreno… » e que «Muy contados son los jueces ordinarios, que gozan de sueldo, e innumerables los que ni aún saben leer…«[4]
Continúa Herbella dicindo que se calculan en Galicia mil cincocentos escribáns, e que existen xurisdicións ou cotos como o de Toiriz, que con trece veciños comprendía sete señoríos, con sete xuíces e que maior que o número de cotos é o de xuíces, porque nalgúns non só os nomean os donos xurisdicionais, senón tamén os veciños. Herbella quéixase da formación e pobreza dos xuíces » a unos les falta instrucción, i ciencia; i a otros les sobre pobreza«. Propon que “el Rey establezca Corregimientos, i los deposite en sujetos adoptados por las Leyes” “administrando justicia en los Pueblos, i Lugares de Señorío…”.
Para remediar estes males, Herbella propón ordenar os corregimientos de Galicia, expropiándoos polo Rei aos seus señores naturais e estendendo os termos xudiciais, ademais dos entón xa existentes corregimientos de Santiago, Lugo, Mondoñedo e Tui, aos novos corregimientos que habería que crear nas vilas de Pontevedra, Vigo, Monforte de Lemos, Manzaneda de Tribes, Monterrey, Ribadavia e Mellid (ver Mapa 2).
![]() |
Mapa 2: Herbella propoñía crear sete novos «corregimientos» ou «términos judiciales», que unidos ós catro xa existentes, cubrisen todo o territorio galego, sin que a distancia máxima a recorrer fose superior a 5 leguas (M.Lamazares). |
Herbella estimaba que con estes once corregimientos, e asignando unha área de influencia dun radio de 5 leguas a cada un, quedaría practicamente cuberto todo o territorio do Antigo Reino de Galicia (ver mapa).
Dotando a estes novos corregimientos de «quatro Escrivanos de Numero, quatro Procuradores, i seis Escrivanos, ou Recetores… «, de maneira que «pagando cada un dos primeiros sesenta ducados anualmente, vinte e cinco os segundos, i dez os terceiros» debe conseguirse a «estirpacion, ou moderación dos agravios públicos, repartimentos, estáfas, subornos, i varaterias, falsidades, competencias, odios, paixóns, i outros estorbos da recta administración de Xustiza. »
A creación dos novos corregimientos, coa súa nova denominación, «partidos xudiciais», foi fruto de concienzudos estudios por os gobernos liberales, contando coa inestimable colaboración do cartógrafo Domingo Fontán, primeiro que levantou o primeiro mapa científico de Galicia, e que colaborou en perfilar os seus límities provinciales [5].
A implantación dos novos partidos xudiciáis non se produciría ata 1834, cando xa pasaran 23 anos desde a supresión dos señoríos, pero solo un ano despóis de división de España en provincias. Esta división con algunhas variaciós, que a continuación veremos, perdurou hasta hoxe.
![]() |
Mapa 3.- Os novos partidos xudiciáis creados en 1834, que con poucas diferencias (ver Mapa 4), perduraron ata hoxe (M.Lamazares). |
Se comparamos os partidos xudiciais establecidos o ano 1834 cos actuais (ano 2015) pódense apreciar as seguintes variacións:
![]() |
Mapa 4.- Os partidos xudiaiáis actuales (línea de contorno vermella), comparados con primeiros partidos xudiciales creados en 1834 (M.Lamazares). |
1.- Pontedeume desaparece como partido xudicial, repártíndose entre Betanzos, que leva a metade sur, e O Ferrol, que lle corresponde a parte Norte. Ás Pontes (antes dependente de Ortigueira) tamén pasa a Ferrol. Ortigueira gaña en contrapartida o concello de Moeche.
2.- Os concellos de Curtis, Vilasantar e Sobrado, antes de Arzúa, pasan ao partido de Betanzos.
3.- Ribadeo desaparece integrándose en Mondoñedo. Foz pasa de Mondoñedo a Viveiro.
4.- O concello de Meira pasa do partido da Fonsagrada ao de Lugo.
5.- O partido Das Nogais pasa a Becerreá (ano 1842).
6.- Quiroga desaparece e intégrase en Monforte de Lemos.
7.- O partido xudicial de Taboada pasa a Chantada, (Taboada foi partido xudicial entre 1834 e 1842, ano en que pasou a formar parte de Chantada ata hoxe).
8.- Vilamartín pasa a integrase no Barco de Valdeorras (xa se produxo en 1842), que á súa vez perde o concello de O Bolo, que pasa á Pobra de Trives.
9.- Viana do Bolo desaparece, pasando os concellos de Vilarino de Conso e Viana do Bolo á Pobra de Trives, e os da Gudiña e A Mezquita a Verín.
10.- Allariz desaparece, sendo absorbido por Ourense, agás o concello de Vilar de Barrio que pasa a Xinzo de Limia.
11.- Parada de Sil pasa da Pobra de Trives a Ourense.
12.- Calvos de Randín, antes de Bande, pasa a Xinzo de Limia.
13.- Padrenda, antes de Celanova pasa a pertencer ao partido xudicial de Bande.
14.- Celanova perde os concellos de Castrelo de Miño, Arnoia e Cortegada, que pasan a Ribadavia.
15.- A Cañiza desaparece e intégrase en Ponteareas.
16.- Créase O Porriño a custa do Norte de Tui e do sur deRedondela.
17.- A Lama intégrase en Pontevedra, que perde a peníncula do Morrazo onde se crean os novos partidos de Marín e Cangas.
18.- Créase o partido de Vilagarcía, cos concellos de Vilagarcía e Vilanova (antes de Cambados) e co de Catoira (antes de Caldas de Reis).
19.- Créase o partido de Ribeira, coa parte Sur do de Noya (concellos de Boiro, Ribeira e a Pobra do Caramiñal).
20.- Tabeirós pasa a denomiñarse A Estrada.
21.- Os concellos de Teo, do partido de Padrón, e Ames, do de Negreira, intégranse en Santiago.
22.- O concello de Cerceda, antes do partido de Ordes, pasa á Coruña.
NOTAS:
[1] Abogado de los Reales Consejos, Fiscal de la Intendencia de el mismo Reino, i su Exercito i de la Subdelegacion de Penas de Camara de S.M.
[2] Domínguez Ortíz, Antonio.- Sociedad y Estado en el siglo XVIII español.
[3] Herbella, Bernardo.- «Discurso sobre la necesidad de que se establezcan corregimientos en el Reino de Galicia»
[4] Somoza de Monsoriu na sua obra do ano 1775 «Estorvos, i remedios de la riqueza de Galicia» refírese á situación dos labregos dicindo: “Los Labradores de Galicia no tienen por lo comun mas utilidades, que las precisas para pagar sus rentas, i satisfacer al Rei sus tributos. Todo esto lo adquieren a costa de un sudor continuo. Hai algunos ricos; pero no hacen la mayor parte. Qualquier accidente extraordinario les es sensible en su fortuna. Un litigio solo, destruye su caudal, i su industria…”
[5] Burgueño Rivero, Jesús.- La génesis de la división territorial de la España atlántica (Galicia, Asturias, Cantabria y El Bierzo.