A Coruña, Terra de

06-11-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE A CORUÑA:

Imos analizar aquí a Terra de A Coruña no Antiguo Réximen (seculos XVI, XVII e XVIII), que vén coincidir coa comarca moderna oficial (concellos de Arteixo, A Coruña, Oleiros, Sada, Culleredo, Cambre, Bergondo, Carral e Abegondo). Non se trata por tanto da provincia de A Coruña, que xa foi obxecto de estudo noutra parte desta Web (ver).

Coruña

Comprendía a Terra de A Coruña 18 xurisdicións (+información), que ocupaban unha superficie total de 476 Km2 (47.600 Has.), sendo as de maior extensión as xurisdicciós da Coruña e a de Miraflores, que pasaban dos 100 Km2. (10.000 Has. de superficie). Os cotos de Oseyro, Mabegondo, Suebos e O Temple, así como as xurisdicciós de Cambre, Bribes, Sesamo, Soandres e Bavio, que non superaban as 1.000 Has., aparecían como as de menor extensión:

JURISDICC SUP. KM2
CORUÑA 136
MIRAFLORES 101
BETANZOS 88
VALLE DE BARCIA 40
MORAS 16
LOUREDA 15
ABEGONDO 13
ANZOBRE 13
HERBOEDO 12
OSEYRO 9
CAMBRE 9
MABEGONDO 7
SUEBOS 4
BRIBES 4
SESAMO 3
SOANDRES 3
BAVIO 2
TEMPLE 1
TOTAL 476

As Terras de A Coruña ocupaban o extremo noroeste da rexión e estaban a cabalo entre as antigas provincias de A Coruña (cun 60% do seu terrritorio), Betanzos (xurisdicciós de Abegondo, Bavio, parte occidental de Betanzos, Bribes, Mabegondo e parte oriental de Miraflores) cun 31% do seu territorio e Santiago (un 8% que sumaba a xurisdicción de Valle de Barcia, situada nos actuales concellos de Carral e Abegondo):

Coruña_jur_diss
Xurisdicciós da Terra da Coruña no Antiguo Réximen.

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE A CORUÑA:

De toda a súa superficie, o 47% eran de dominio señorial de Su Majestad (terras de realengo), o 36% pertenecía á nobreza titulada, o 11% á fidalguía, e o 7% restante repartido entre o clero regular e o secular:

DOMINIO NUM.FELIG. SUP.KM2 %
REALENGO 47 224 47
NOBLEZA TITULADA 31 169 36
HIDALGUIA 8 52 11
CLERO REGULAR 6 18 4
CLERO SECULAR 2 13 3
TOTAL 94 476 100

Na lista de maiores posuidores figuraban en primeiro lugar Su Majestad, con dominio sobre máis de 22.000 Has. de terras de realengo, seguido por o conde de Lemos, sobre más de 10.000 Has. A maior distancia atopábanse o conde de Altamira, Doña Joaquina de Oca, Don Joseph Bermudez, o mosteiro de San Martín de Santiago, o conde de Amarante, o conde de Jimonde ou o Cabildo de Santiago, que tiñan entre 1.000 e 4.000 Has. e, finalnente, existían varios membros de fidalguía (Don Joseph Quiroga, Don Bernardo del Río, Don Joseph Ignacio Quiroga y Don Joseph Coderq) cuxos dominios non alcanzaban as 1.000 Has.

Coruña_sen_diss
Os dominios señoriais na Terra da Coruña no Antiguo Réximen.

Por estamentos, as terras de realengo eran as predominantes, xa que comprendían 224 Km2. (22.400 Has) e 47 feligresías (o 47% do territorio), cas xurisdicciós de A Coruña e Betanzos. A primeira comprendía a zona de influencia da capital, coincidindo cos actuais concellos da Coruña, Abegondo (feligresía de Crendes), Arteixo (feligresías de Arteixo, Barrañán, Lañas e A Pastoriza), Cambre (cas feligresías de Brexo, Meixigo, Sigrás, Anceis e Andeiro), Carral (feligresía de San Vicente de Vigo) e 9 feligresías do concello de Culleredo. A xurisdicción de Betanzos comprendía a parte máis occidental da antigua provincia do mismo nome, que se correspondía cos actuais concellos de Abegondo (13 feligresías), Bergondo (5 feligresías), Cambre (feligresías de Santa María de Vigo e Cecebre) e Carral (feligresías de Tabeaio e Cañas).

Seguíalle a nobleza titulada comprendía o 36% do territorio e estaba representada en primeiro lugar por o Conde de Lemos, que exercía o seu dominio sobre 10.100 Has. e 23 feligresías da importante xurisdicción de Miraflores, que comprendía os actuais concellos de Bergondo (4 feligresías), Carral (feligresía de Sergude), Culleredo (feligresía de Rutis), Oleiros (9 feligresías) e Sada (8 feligresías). Seguíalle o conde de Altamira con dominio sobre unhas 4.000 Has. e 5 feligresías da xurisdicción do Valle de Barcia (antiga provincia de Santiago, con 4 feligresías no actual concello de Carral e unha no de Abegondo);  o conde de Amarante (1.500 Has na feligresía e xurisdicción de Loureda, actual concello de Arteixo), e finalmente o conde de Jimonde, con 1.200 Has. na xurisdicción de Anzobre, feligresías de Larín e Armentón, tamén no actual concello de Arteixo.

A fidalguía tiña unha representación bastante destacada ya que controlaba o 11% do territorio. Estaba representada por Doña Joaquina de Oca, que exercía o seu señorío sobre 2.100 Has. das xurisdicciós de Herboedo (2 feligresìas) e o coto de Oseyro (no actual concello de Arteixo); Don Joseph Bermudez, sobre 1.600 Has da xurisdicción e feligresía de Morás (concello de Arteixo); Don Joseph R. Quiroga, sobre 700 Has. do coto de Mabegondo; Don Bernardo del Río, sobre 400 Has. do coto de Suebos (actual concello de Arteixo); Don Josep Ignacio Quiroga sobre a xurisdicción de Sesamo (Culleredo) e, finalmente, Don Joseph Coderq xobre o coto do Temple (actual concello de Cambre).

O clero regular, controlaba o 4% do territorio e contaba ca presencia do mosteiro de San Martín de Santiago e o convento de Santo Domingo da Coruña. O primeiro con 1.600 Has. en 5 feligresías das xurisdiccións de Cambre (feligresías de Santa María de Cambre, Cela e Pravio, do mismo concello de Cambre), Soandres (actual concello de Arteixo) e Brives (tamén do actual concello de Cambre). O Mosteiro de Santo Domingo contaba con unhas 200 Has. na xurisdicción de Bavío (actual concello de Bergondo).

O cabildo de Santiago era o único representante do clero secular, e controlaba o 3% do territorio da comarca, con 1.200 Has. da xurisdicción de Abegondo, cas feligresías de Folgoso e Abegondo.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.