23-05-2020
Descanse en paz Don Antonio Bonet Correa (catedrático de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid e director, durante moitos anos, da Academia de Bellas Artes de San Fernando, ademáis de crítico de arte e autor de numerosas obras). Don Antonio faleceu onte 22 de maio de 2020 aos 94 anos de idade, e de quen como alumno gardo un recordo especial da súa etapa como profesor de Historia da Arte que desempeñou durante os anos 70 do século pasado na Universidade Complutense.
Don Antonio era natural da Pena, Neira de Jusá, Lugo (actual concello de Baralla), e era fillo de José Bonet Peñalver (capitán de intendencia e fillo do gobernador militar de Ourense) e Asunción Correa Calderón (escritora coñecida polo pseudónimo de Florisel), filla de Antonio Correa Fernández, que exerceu como médico “dacabalo” durante moitos anos no seu pobo natal.
Por parte da súa nai Asunción, Don Antonio tiña por tanto fondas raíces no lugar da Pena, de onde era natural tamén a miña tía política María Luz Correa Álvarez (Dona Luz), esposa do meu tío Jesús Lamazares Guerra, ambos mestres nacionais que exerceron durante moitos anos no barrio da Alameda de Chantada.
Lamento recoller aquí tan sensible perda, que me serve de estímulo para lembrar que pola miña banda se atopa aínda pendente de investigar a relación real de parentesco entre ambas familias Correa -a da miña tía e a de don Antonio- que comparten tanto o lugar de nacemento como un apelido común.
ENLACES:
Muere el historiador Antonio Bonet Correa
Muere a los 94 años el historiador y crítico de arte Don Antonio Bonet Correa.