15/04/2020
Non estalara o sol como pensaba moita xente naquela calurosísima tarde de finais do mes de Xullo de 1957 en Chantada, senón que se trataba dunha potentísima deflagración, que os maiores aínda lembrarán, e que ocasionou a morte de Jesus Alvarez Cabo, un dos propietarios da prestixiosa empresa pirotécnica dos irmáns Cabo, e deixou con feridas graves a outros tres empregados da pirotecnia.
A deflagración levou por diante catro pavillóns e almacéns da pirotecnia, situados nunha paraxe illada a uns 200 metros fronte ao popular barrio da Alameda, e ocasionou ademais cuantiosos danos por roturas de cristais e escaparates en varios edificios da poboación.

Así trataba a prensa da época outros detalles e ciscunstancias daquel lamentable accidente:
