18-11-2017
AS XURISDICIÓNS DA TERRA DO FERROL NO ANTIGUO RÉXIMEN:
Antes de entrar a analizar a Terra do Ferrol durante o Antigo Réxime (séculos XVI- XVIII) convén ter unha visión sequera xeral do territorio galego naquela época. Ver Antigo Réximen
Por razóns de operatividade seleccionamos o territorio do Ferrrol tal como se contempla na comarca moderna oficial (concellos de Ferrol, Narón, Valdoviño, Cedeira, San Sadurniño, Moeche, As Somozas, Ares, Mugardos Fene y Neda), xa que representar directamente as xurisdiccións resultaría moi complicado e difícil de comprender dada a dispersión do seu territorio.
A Terra do Ferrol pertenecía á antigua provincia de Betanzos, e comprendía 20 xurisdicións e 3 cotos redondos, que en conxunto sumaban una superficie de 622 Km2. A xurisdicción máis extensa era a de Cedeira, que contaba con unha superficie de 163 Km2., seguida por as de Narahío, Trasancos e «Somozas y Meroi», que superaban os 50 Km2., sendo as máis pequenas as de Serantes, coto de Narón, Mugardos e coto de Santa Cecilia, que non superaban as 500 Has.:
XURISDICCIÓN | SUP. KM2 |
CEDEIRA | 163 |
NARAHIO | 89 |
TRASANCOS | 54 |
SOMOZAS Y MEROI | 48 |
PUENTEDEUME | 35 |
ESMELLE | 32 |
SAN SATURNINO | 26 |
MOECHE | 20 |
DONIÑOS | 19 |
ARES | 18 |
FERROL Y GRAÑA | 17 |
NEDA | 14 |
PEDROSO | 14 |
VAL | 13 |
SEDES | 13 |
ANCA | 10 |
JUBIA | 9 |
MANDIA | 6 |
SAN MATEO | 6 |
SERANTES | 5 |
NARON | 5 |
MUGARDOS | 3 |
SANTA CECILIA | 3 |
TOTAL | 622 |

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DO FERROL:
A máis grande parte do territorio da Terra do Ferrol era de dominio señorial. A nobleza titulada ocupaba o 81% do territorio, sendo o seu máximo representante o conde de Lemos, que exercía o seu dominio sobre o 62% do territorio. A nobleza era seguida por a fidalguía (13%), clero secular (3%), realengo (3%), e finalmente o clero secular:
DOMINIO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
NOBLEZA TITULADA | 56 | 506 | 81 |
HIDALGUIA | 12 | 78 | 13 |
CLERO SECULAR | 3 | 18 | 3 |
REALENGO | 4 | 17 | 3 |
CLERO REGULAR | 1 | 3 | 0 |
TOTAL | 76 | 622 | 100 |
Na lista dos máis grandes posuidores figuraban en primeiro lugar o conde de Lemos que, como dixemos, ocupaba o 62% do territorio e exercía o seu dominio sobre 385 Km2. de territorio, seguido por o marqués de Castelar con 1.100 Has., o marqués de San Saturnino (900 Has.), Don Gregorio Santiso (800 Has.), o cabildo de Santiago (300 Has.), e outros detentadores do dominio señorial, que non pasaban das 300 Has.:
SEÑORÍO | NUM.FELIG. | SUP.KM2 | % |
CONDE DE LEMOS | 44 | 385 | 62 |
MARQUES DE CASTELAR | 7 | 68 | 11 |
MARQUES SAN SATURNINO | 5 | 53 | 9 |
DON GREGORIO SANTISO | 3 | 48 | 8 |
CABILDO DE SANTIAGO | 3 | 18 | 3 |
SU MAJESTAD | 4 | 17 | 3 |
DON PEDRO PARDO | 1 | 13 | 2 |
DON JOSEPH BERMUDEZ | 7 | 12 | 2 |
DON ANTONIO NOGUERIDO | 1 | 5 | 1 |
CONVENTO MONTEFARO | 1 | 3 | 0 |
TOTALES | 76 | 622 | 100 |
Por estamentos, xa señalamos que a NOBLEZA TITULADA controlaban o 81% do territorio, figurando o conde de Lemos como primeiro representante, xa que exercía o seu dominio sobre o 62% do territorio, con 385 Km2. e 44 feligresías das xutisdiccións de Anca (actual concello de Neda), Cedeira, Doniños (concello de Ferrol), Esmelle (Ferrol), coto de Mandía (Ferrol), Moeche, Narahio (concello de San Sadurniño e parte das Somozas), Puentedeume, San Mateo (Narón) e Serantes (Ferrol), esta última compartida con Don Rodrigo Valerio. Seguíalle o marqués de Castelar, con xurisdicción sobre o 11% do territorio, con 68 Km2. de superficie e 7 feligresías nas xurisdiccións de Neda e Trasancos (concello actual de Valdoviño e parte de Narón).

A FIDALGUÍA exercía o dominio señorial sobre o 13% do territorio, que comprendía 12 feligresías e sumaba unha superficie de 78 Km2. Don Antonio Noguerido controlaba o coto de Narón; Don Gregorio Santiso xunto con otros membros da fidalguía dispoñían de dominio directo sonre a xutisdicción das Somozas y Meroi; Don Joseph Bermúdez sobre a de Xubia (actual concello de Narón) así como do coto redondo de Santa Cecilia (Ferrol) e, por último, Don Pedro Pardo era o señor directo da xurisdicción de O Val (Narón), pero compartía o seu dominio con Don Alvaro Pita, o conde de Maceda e o marqués de San Saturnino.
O CLERO SECULAR estaba representado únicamente por o cabildo de Santiago, que conttrolaba o 3% do territorio, con 1.800 Has. de superficie na xurisdicción de Ares.
O REALENGO controlaba a vila de Ferrol e o seu alfoz, que supoñía o 3% do territorio comarcal, con 1.700 Has. e 4 feligresías na xurisdicción de Ferrol y Graña.
O CLERO REGULAR limitábase á xurisdicción de Mugardos, onde o convento de Montefaro controlaba 300 Has. da feligresía do seu nome.
FONTES:
- Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
- Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
- Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Miñano.
- Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
- Para aclarar algunha duda sobre a configuración de algunha xurisdicción concreta, puden consultar o orixinal da obra de Miguel BAÑUELOS: “Descripción quasi chorografica de la población que contienen las siete provincias de Galicia.”.- Real Academia de la Historia, 1785.- Madrid.
- Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la Ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
- Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.