MAPA INTERACTIVO DAS XURISDICIÓNS DO ANTIGO REINO DE GALICIA (SÉCULO XVIII)

16-02-2023

Ir a mapa interactivo

Ata o ano 1833 non se crearon en España as actuais provincias polo que o Reino de Galicia estaba dividida durante o Antigo Réximen nas sete provincias de: A Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Tuy, Lugo, Ourense e Santiago.

Na España do Antigo Réximen tampouco existían os municipios nin os partidos xudiciais actuais, que non foron creados ata o ano 1837. Os partidos xudiciais viñeron a substituír ás antigas xurisdicións, que eran o ámbito de actuación de todo o poder de entón (político, xudicial e económico), detentado por a igrexa, a noblreza e a fidalguía. Tampouco existía entón a división de poderes tal como o coñecémos actualmente (lexislativo, executivo e xudicial).

Para acceder aos datos é necesario facer click en cada unha das divisións existentes no mapa (xurisdiccións), que nos dará a coñecer a antiga provincia, o partido xudicial actual, a antiga xurisdición e o señorío ao que pertencía.

Os datos foron obtidos do Censo de Floridablanca de1789, titulado “España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos, corregimientos, alcaldías mayores, gobiernos políticos y militares, así realengos como de Ordenes”, e foron tratados e volcados nun mapa dixital mediante unha ferramenta de información xeográfica GIS para a sua posterior subida á minha páxina de Internet Eirexe.es.

Madrid, 16-2-2023

Manuel Lamazares Rodríguez

Ir a páxina principal

Anuncio publicitario
A %d blogueros les gusta esto: