SARRIA, TERRA DE

20-10-2017

AS XURISDICIÓNS DA TERRA DE SARRIA:

A Terra de Sarria durante o Antigo Réxime (siglox XVI-XVIII) comprendía 28 xurisdicións e cotos redondos, e ocupaba unha superficie total de 839 Km2., sendo as xurisdicións de maior extensión as de Samos e Sarria, con 215 e 110 Km2. respepctivamente, e as menores as de César e Coto da Pinza, que non excedían de 3 Km2. (300 Has.)

 

XURISDICCiÓN SUP. KM2
SAMOS 215
SARRIA 110
PUERTO MARIN SAN JUAN 77
INCIO Y BROZA 50
CASTRO DE REI DE LEMOS 48
TRIACASTELA 46
SOMOZA MAYOR DE LEMOS 42
PUEBLA DE SAN JULIAN 37
PARADELA 37
LANCARA 34
RENDAR Y SIRGUEYROS 22
CEDRON 15
TABOADA 12
PUERTO MARIN SAN PEDRO 12
MEIJENTE 10
GOYAN 9
LAIOSA 9
CASTILLO DE LOS INFANTES 7
VILLAESTEVA DE HEREDEROS 7
VILLA PEDRE 7
RONFE Y VILLAMBRAN 6
COTO DE LAMAS 5
COTO DE LAXE 4
COTO DE BIVILLE 4
COTO DE OLLEROS DE VILLAPEDRE 4
RIO 4
CESAR 3
COTO DA PINZA 3
TOTAL 839

Sarria_Jur_diss

OS DOMINIOS SEÑORIALES DA TERRA DE SARRIA:

Do total da súa superficie, o 48% correspondía á nobreza titulada ou alta nobreza, o 25% ao clero regular, o 14% ás ordes militares, o 11% á fidalguía, e só o 2% ao clero secular.

 

DOMINIO NUM.FELIG. SUP. KM2 %
NOBLEZA TITULADA 81 406 48
CLERO REGULAR 42 207 25
ORDENES MILITARES 22 115 14
HIDALGUIA 22 92 11
CLERO SECULAR 5 19 2
 TOTALES 172 839 100

 

Sarria_Sen_diss.jpg

Sobre o 48% das terras controladas pola alta nobreza ou nobreza titulada, o conde de Lemos era o representante máis eminente xa que exercía o seu dominio sobre 333 km2. de superficie (68 freguesías). As principais xurisdicións con dominio directo do conde de Lemos correspondían aos partidos de Sarria (110 Km2.), Castro de Rey de Lemos (48 Km2.), Somoza Maior de Lemos (42 Km2.), Poboa de San Julián (37 Km2.) e Paradela (33 Km2.). En cinco freguesías das xurisdicións de Triacastela, Samos, Paradela e Castelo dos Infantes compartía a xurisdición con outros titulares. A moita maior distancia lle segían o Conde de Maceda (con 4.300 Has..), Marqués de Boveda (1.200 Has.) e Marquesa de Castelar (1.000 Has.)

O clero regular ostentaba o dominio sobre o 25% do territorio, equivalente a 207 Km2. e 42 freguesías, sendo o único representante o Mosteiro de Samos, que controlaba directamene a totalidade da xurisdición de Samos e as de Rendar e Sirgueyros e a de César, neste caso compartida coa fidalguía local.

As ordes militares tiñan unha presenza notable na comarca, grazas especialmente á veciñanza das xurisdicións sanjuanistas de Quiroga e Puertomarín. O estamento religioso-militar ocupaba o terceiro lugar por extensión, xa que sumaba un total de 115 Km2. e 22 freguesías. As xurisdicións de San Juan de Puertomarín e o Coto de Lamas era case na súa totalidade controladas pola o Encomenda de San Juan de Puertomarín, coa excepción de dúas freguesías de 500 Has. de extensión de dominio do Marqués de Boveda e do Conde de Amarante. A xurisdición de Incio e Broza, con unhas 5.000 Has. e seis freguesías, era controlada por Encoméndaa de Quiroga.

A fidalguía estaba presente no 11% do territorio e estendíase por 92 Km2. e 22 freguesías, aínda que en 9 delas estaba compartida con outros membros da fidalguía local, sendo as máis representativas as de Láncara, Meijente e Goyán.

O clero secular, só tiña unha presenza testemuñal na zona. Estaba representado maiormente polo Cabildo de Lugo que exercía a súa xurisdición sobre 4 freguesías e polo de Santiago sobre a freguesía de Santalla de Paradela, aquí compartida con Don Antonio Losada e o Conde de Lemos. En conxunto o estamento secular sumaba 1.900 Has., que supoñía unicamente o 2% do total da superficie desta comarca.

FONTES:

  • Os datos sobre as xurisdicciós e señoríos de todo o territorio galego foron elaborados por min utilizando ferramentas de gestión informática  e de información geográfica (GIS) a partir do Censo de Floridablanca. Ainda que según Pegerto Saavedra (Discurso de ingreso na Real Academia Galega) os datos de Floridablanca simplifican a realidade, e cita como exemplo a “Descripción” de Miguel Bañuelos, que cifra o número de xurisdicciós para toda Galicia en 664, frente ás 509 de Floridablanca (según Saavedra esto é debido a que en algúns casos había unha titularidade compartida), iso non significa que o Censo de Floridablanca non tratara con rigor os seus datos, antes ben, sin a sua aportación non teríamos una idea tan crara da composición e distribución das xurisdicciós no Antigo Réximen.
  • Como base para elaborar os mapas adxuntos utilizamos os datos do Censo de Floridablanca do ano 1785 España dividida en provincias e intendencias, y subdividida en partidos.
  • Para aclarar algunhas dudas utilizamos as Respostas Xenerales do Catrastro de Ensenada e o Diccionario de Moñino.
  • Para o país galego temos a obra de Francisco Javier Río Barja Cartografía Xurisdiccional Galicia, siglo XVIII.- Consello de Cultura Galega.
  • Para a provincia de Ourense resultou impresdindible a obra de Olga Gallego Domínguez El catastro del marqués de la ensenada en la provincia de Orense.- 1985.
  • Como obra de consulta necesaria para comprender a estructura da propiedade no Antiguo Réximan, en especial para a terra de Chantada, utilizóuse a obra de Ramón Villares La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.- Siglo veintiuno editores.- Madrid, 1982.
Anuncios
A %d blogueros les gusta esto: