Novo 23-11-2014
Novos datos avalan o trazado dunha vía transversal do Faro por A Matanza e Furco.
Antecedentes:
Na miña páxina de Internet https://eirexe.es/referentes-historicos/ xa falaba das razóns que xustificaban o trazado do Camiño de Inverno a Compostela por Oseira. Eran as seguintes:
1.- Manuel Formoso Lamas afirmaba que a vía entre Chantada e Lalín pasaba polo desfiladeiro chamado Matanza.
2.- Nun documento do Mosteiro de Oseira de mediados do século XVIII facíase referencia ao camiño «que passa de Santa Cruz deViana para Nogueira«
3.- As circunstancias da morte do Venerable Servo de Dios Miguel Gónzález contidas no expediente do proceso da súa canonización revelan que a súa morte tivo lugar en Santa Cruz de Viana despois de atravesar El Faro pola Matanza.
4.- A presenza dos «frades» da orde do Hospital de San Juan de Xerusalén no Bañal, moi preto desta zona, revelan a posible existencia dun hospital de peregrinos.
5.- Existencia dun antigo camiño na localidade de Castrillón que enlazaba co río Miño, posiblemente na barca de Sernande, cara a O Faro e Compostela.
6.- No mapa de Domingo Fontán (principios do século XIX) aparece este camiño.
7.- A aparición dun ara votiva en Quintá de Agrade confirma a antigüidade do camiño.
Novos datos:
Revisadas as Respostas Xerais do Catastro do Marqués da Enseada da Freguesía de Bermún (xurisdición de Chantada) á pregunda 28 do cuestionario («Se hai algún emprego, alcabala ou outras rendas alleadas, a quen, se foi por servizo pecuniario ou outro motivo, de canto foi e o que produce cada un ao ano, de que se deberán pedir os títulos e quedarse con copia,»), dáse a seguinte resposta:
«… e corenta e quatro Reais que lle rreditua o portádego que percive dita Fra. polo transito que chaman dá Trapela Da. Benita Francisca Taboada viúva e veciña de Santiago en virtude de privilexio e concepción (será concesión) Real de que teñen noticia que son as Alajas que están alleadas á coroa… «
A situación do devandito portádego[1] non pode ser outra que no mesmo lugar da Trapela, moi próxima ao lugar de Porto, cuxo topónimo fai referencia a un «porto» de montaña, e inmediato tamén ao lugar de Furco (bifurcación) como é o caso tamén referido a unha bifurcación de camiños.
|
De Camiños |
A localización deste punto no mapa do IGN 1:50000, vén a confirmar a existencia deste camiño dende moi antigo, xa que como levamos dito o topónimo Trapela, que significa «pequena porta ou abertura que se pecha cunhas táboas» encóntrase situado a moi pouca distancia de outros topónimos tales como Porto, Furco ou Confurco, de significado tamén relacionado con camiños antigos, circunstancia que non podía ser outra dado o seu valor estratéxico como paso obrigado entre a Galicia interior e a Galicia atlántica.
Dá idea da importancia extratéxica de esta zona o feito de que no interrogatorio do Catastro de Ensenada aparecen nada menos que tres arrieiros na feligresía de Furco (pregunta 32): o primeiro con tres caballerias «tratta la mettad del año con especieria y azucar», otro con duas caballerías, e un terceiro «por la Yndusttria que tiene con una cavallería en carrear centteno a las ferias».
Aínda que no interrogatorio de Ensenada non se fala explícitamente delo, un negocio muy lucrativo naquela época era o acarreo do viño desde a ribeira de Chantada ou do Ribeiro ás comarcas do interior de Galicia, precisamente utilizando as caballerías e transitando istes camiños. Un canado de viño (16 litros) costaba unhos 8 reás na ribeira de Chantada e podíase vender en Camba, Deza ou outras zonas de Pontevedra por máis de 20.
[1] Había otro portádego que tamén levaba Da. Benita Francisca Taboada pero situábase un pouco máis abaixo, no lugar de «Viana y Gulfe», na feligresía de Santa Cruz de Viana, e que controlaría o tránsito con destino ou procedente da vila de Chantada.