O Castro de Santa Uxía de Asma (Chantada)

 

Principales castros gallegos:

Por analoxía con outros entornos como o da meseta de Lugo, na época prerromana e romana o castro de Santa Uxía constituíu unha unidade básica de poboamento da zona, o mismo que ocurríu cos demáis castros distribuidos o longo do val do Asma, con unha altitude entre os 500 e os 700 metros.

Castros de la comarca de Chantada:

CastrosChantada

Seguido estas pautas de poboamento, a maioría da poboación situábase nos castros, mentras que as villae (vila romana) estaban reservadas a unha minoría máis poderosa económicamente. Nesta zona amósasenos o Castro de Santa Uxía como o entorno poboacional máis claro fronte ás vilas de orixen romano existentes nos vales, como e o caso de vila de Quintá de Agrade ou outras das que se supon a sua existencia derivadas do topónimo vilal ou vilar.

 

Castro de Santa Uxía:

 

O castro de Santa Uxía, aínda sen escavar, habería que poñelo en relación co castro de Vilela(Taboada). Este castro foi escavado con carácter de urxencia en data recente por Yolanda Alvarez e o seu equipo, debido ás obras da nova variante da N-540. A experiencia recollida coa escavación do Castro de Vilela pode ser extrapolable aos castros da área da bisbarra de Chantada, malia que por non estar emprazado en altura e por ter pouco dominio visual, trátase dun poboado que se afasta un pouco das condicións de ocupación habituais. Está rodeado dunha forte muralla e un foso. Durante a escavación se encontraton tres niveis de ocupacion que vai dende o século IV antes de Cristo ao IV despois de Cristo, polo que estivo ocupado durante oitocentos anos, dende a chamada segunda Idade de Ferro ata ben avanzada a Época Romana:

A primeira ocupación esténdese entre os século IV a.C ao final do século I a.C, e reune as seguintes características:

-Cabanas perecedoiras de forma rectangular e coas esquinas redondeadas.


-Puxéronse ao descuberto gabias e buratos aliñados onde se cravaban os postes de madeira que formaban a estrutura.


-O poboado estaba delimitado por unha muralla e un foso

-O interior das cabanas contaba cun fogar central e estaba formado por un piso de arxila e xábrego apisoados.

-O achado de restos de grans de centeo, fabas e paínzo, así como molinoso planos indica que se dedicaban á agricultura.

-Os restos de cerámica moi vasta denotan pouco contacto co exterior (non hai cerámica importada doutros lugares).

-As cabanas do castro de Vilela teñen un desfase con respecto a outros asentamentos doutros ámbitos castreños xa que estes se asignan á Primeira Idade de Ferro (séculos VII-IV a.C) e os de Vilela á Segunda Idade de Ferro (Séculos IV-I a.C).

A segunda ocupación, por enriba da anterior, sitúase no século II despois de Cristo.

-Vivendas de pedra.
-Cerámica máis alaborada.
-Xunto con elementos da fase anterior, aparecen elementos de ferro.

Existe unha terceira ocupación que parece de carácter resigual con:

-Vivendas de pedra de tamaño máis grande que na fase anterior.
-Construción superposta á muralla.
-Asociada a materiais romanos.
-Cerámica romana (fragmentos de terra sigillata).

Versión en castellano:

Por analogía con otros entornos como el de la meseta de Lugo, en la época prerromana y romana el castro de Santa Uxía constituyó una unidad básica de poblamiento de la zona, lo mismo que ocurrió con los demás castros distribuidos a lo largo del valle del Asma, a una altitud media de entre 500 y 700 metros.

Siguiendo las teorías actuales sobre las pautas de poblamiento de la época castreña, la mayoría de la población se situaba en los castros, mientras que las villae (villa romana) estaba reservada a una minoría más poderosa económicamente. En esta zona nos encontramos con el castro de Santa Uxía como el entorno poblacional más claro frente á las villas de origen romano existentes en los valles, como es el caso de la cercana villa de Quintá de Agrade u otras de las que se supone su existencia derivadas del topónimo villa o villar.

El castro de Santa Uxía, aún sin escavar, habría que ponerlo en relación con el castro de Vilela(Taboada). Este castro fue escavado con carácter de urgencia en fecha reciente por Yolanda Alvarez y su equipo, debido a las obras de la nueva variante de la N-540. La experiencia recogida con la excavación del Castro de Vilela puede ser extrapolable a los castros del área de la comarca de Chantada. Por no estar emplazado en altura y con poco dominio visual, se trata de un poblado que se aleja un poco de las condiciones de ocupación habituales. Está rodeado de una fuerte muralla y un foso. Durante la excavación se encontraton tres niveles de ocupacion que van desde el siglo IV antes de Cristo al IV después de Cristo,  por lo que estuvo ocupado durante ochocientos años, desde la llamada segunda Edad de Hierro hasta bien avanzada la Época Romana:

La primera ocupación se extiende entre los siglo IV a.C. al final del siglo I a.C., y reune las siguientes c aracterísticas:

  • Cabañas perecederas de forma rectangular y con las esquinas redondeadas.
  • Se han puesto al descubierto zanjas y hoyos alineados donde se clavaban los postes de madera que formaban la estructura.
  • El poblado estaba delimitado por una muralla y un foso
  • El interior de las cabañas contaba con un hogar central y estaba formado por un piso de arcilla y xábrego apisonados.
  • El hallazgo de restos de granos de centeno, habas y mijo, así como molinoso planos indica que se dedicaban a la agricultura.
  • Los restos de cerámica muy vasta denotan poco contacto con el exterior (no hay cerámica importada de otros lugares).
  • Las cabañas del castro de Vilela tienen un desfase con respecto a otros asentamientos de otros entornos castreños ya que éstos se asignan a la Primera Edad de Hierro (siglos VII-IV a.C.) y los de Vilela a la Segunda Edad de Hierro (Siglos IV-I a.C.).

La segunda ocupación, por encima de la anterior, se sitúa en el siglo II después de Cristo.

  • Viviendas de piedra.
  • Cerámica más alaborada.
  • Junto con elementos de la fase anterior, aparecen elementos de hierro.

Existe una tercera ocupación que parece de carácter resigual con:

  • Viviendas de piedra de tamaño más grande que en la fase anterior.
  • Construcción superpuesta a la muralla.
  • Asociada a materiales romanos.
  • Cerámica romana (fragmentos de terra sigillata).

 

Enlaces:

Solo dos de los 315 castros de la zona sur están abiertos al turismo

Cando o lume viaxa no tempo (O incendio de Ribas de Sil desvela unha vista única da Roda do Castro, en Salcedo (A Pobra do Brollón).

 

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: